Skip to Content

2016-17

O TSAAFD FAI A RUTA DA PEDRA E DA AUGA

Este venres, día 23 de setembro, alumnado e profesorado do ciclo superior TSAAFD fixo a Ruta da pedra e da auga que comeza no concello de Ribadumia e pasa polo concello de Meis ata chegar ao mosteiro de Armenteira. Percorrendo unha distancia de case 7 km. todos tivero a oportunidade de coñecerse da mellor maneira. Como testemuña do magnífico día e do paseo quedan estas fotos.

VER GALERÍA DE FOTOS

 

SEMANA DE ACOLLIDA DE 1ºESO

Por segundo ano consecutivo preparamos unhas actividades de acollida ao alumnado que comeza este ano no instituto para facilitarlles o cambio de ciclo educativo e o cambio de centro  e ao mesmo tempo para que todo o alumnado poida coñecerse entre si. Gracias a estas actividades lúdicas tamén poderán coñecer as instalacións, o persoal e o funcionamento do noso centro. 

Así pois, dámoslles a benvida desexándolles a todos que este ano que comeza sexa moi proveitoso.

ABALARMÓBIL

Para utilizar esta aplicación só é necesario dispor dun teléfono móbil con conexión de datos e descargar a app.  A aplicación está dispoñible para os sistemas operativos Android, desde a Play Store e para os IOS, a través da Apple Store.

Está previsto que as familias poidan consultar de xeito moi sinxelo desde o seu dispositivo móbil:

  • - Os datos persoais
  • - As cualificacións
  • - As faltas de asistencia
  • - As faltas de conduta  
  • - Os datos do centro educativo
  • - Os avisos ou notificacións
  • - As incidencias
  • - Modificar o idioma da aplicación 

De momento podemos ver as faltas de asistencia e concertar unha cita.

Tamén podes descargar a guía de uso en PDF

O ESPAZO ABALAR

Nas familias  as persoas responsables ou titoras do/da alumno/a poden acceder ao Portal Abalar por medio do DNI electrónico ou do Certificado Dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre. Poden consultar estes datos sobre o/a  seu/súa  fillo/a :                   

  • As cualificacións  por avaliación  do curso actual
  • As faltas de asistencia do curso actual
  • As faltas de conducta do curso actual
  • Os  datos de contacto que figuran na Consellería e modificalos se non son correctos.
  • historial de escolarización.
  • Os servizos complementarios que usa (comedor, transporte escolar)
  • calendario académico do seu centro de ensino.
  • As citas de titoría individuais , modificalas ou concertar unha nova cita.
  • As notificacións de titoría sobre posibles incidencias.
  • As notificacións de titoría dirixidas ao grupo.
  1. Video titorial: como obter e utilizar o DNI electrónico
  2. Video titorial: como obter e utilizar o Certificado Dixital 

Documentación técnica: aulas abalar en centros públicos.

Distribuir contido


by Dr. Radut