Skip to Content

2016-17

MARZO SEN FRONTEIRAS: C.E.E. DE VILAGARCÍA

O Ciclo Superior de Actividades Físico-Deportivas (TSAAFD) celebrou con moito éxito este mércores a primeira das xornadas de Marzo sen fronteiras. Trátase dun proxecto do Ciclo Superior en colaboración con todos os centros de discapacitados de Vilagarcía e forma parte dos módulos de Proxecto Integrado e do de Actividades Físicas para Persoas con Discapacidade. Ao longo de todo o mes de marzo virán distintos centros a pasar a mañá co alumnado do TSAAFD

Nesta primeira xornada participaron 27 alumnos e alumnas acompañados por 22 persoas entre profesorado e coidadores pertencentes ao Centro de Educación Especial (C.E.E.)de Vilagarcía.

VER GALERÍA DE FOTOS

 

(Clic na imaxe para ampliala)

O próximo mércores virá o alumnado do centro de adultos Con Eles. O alumnado de ciclo preparará diferentes actividades para cada sesión atendendo ao tipo de público e ademais tamén un pequeno avituallamento cedido de xeito altruista por moitas empresas que previamente buscou o alumnado de 2º do ciclo superior sendo a financiación parte do proxecto.

A organización de Marzo sen Fronteiras quere agradecer esta colaboración desinteresada das empresas e tamén ao alumnado do Bacharelato de Artes que baixo a supervisión da súa profesora Maika prepararon un bonito poster que servíu de photocall.

Facer constar que este proxecto ten a súa propia páxina de Facebook chamada tamén Marzo sen Fronteiras, desde a que podedes seguir todas as novas a medida que se van producindo.

 

(Para ler a nova na prensa preme na imaxe)

CURSO DE REANIMACIÓN CARDIO-PULMONAR 2017

O hospital do Salnés estableceu unha colaboración co noso Instituto para impartir un curso práctico de RCP (Reanimación Cardio-pulmonar) e certificalo co diploma pertinente. Angeles Castro e Nucho viñeron un ano mais, e xa vai polo noveno, a ensinarnos o novo protocolo e o manexo do DESA (Desfibrilador Externo Semi-Automático) ou do DEA  (Desfibrilador Externo Automático). Ler a nova no xornal     :

Aquí podedes ver un  pequeno vídeo do alumnado do Ciclo Superior practicando as maniobras de resucitación e unha galería de fotos da actividade.

 VER GALERÍA DE FOTOS

ENTROIDO 2017

XA CHEGOU O ANTROIDO
Este ano imos lembrar esta festa tan querida e celebrada no instituto ao longo de 30 anos a través das moitas caras que os disfraces lle permitiron “ao profesor ben enrollado” Manuel Chouza. Este é o seu derradeiro Antroido escolar.
Foron moitas as preparacións, as risas ao discurrir de que nos iamos disfrazar, a troula co alumnado e entre nós, as laconadas e os cocidos. Chou sempre participou activamente en charlas, disfraces, xurados, portando.... e comendo. Para el o noso cariño e as risas que imos botar á súa conta vendo estas fotografías.
Viva o Antroido 2017!
                                                                                    Xela

Un grupo de rapazas de 1ºBacharelato deron o pistoletazo de saída do Entroido dando unha charla ao alumnado de 1ºESO na que explicaron perfectamente as orixes, o significado e as diferentes formas de celebrar o Entroido. (Fai clic na imaxe para agrandala)

O día da festa todo o mundo participou. Facendo clic na tira de imaxes que está aquí abaixo podes ver a galería de fotos da festa.

  

 

Este ano o TSAAFD deunos tamén unha sorpresa moi agradable:

 

Ademáis de moita troula tamén houbo concursos e entregas de premios varios.  

PREMIOS AMOR EN CATRO LINGUAS

Podes ler as cartas premendo nas ligazóns
 
Lingua Categoría Gañadora/gañador Curso
Mellor carta en L. Castelá Bacharelato e TSAAFD Lidia Molina Rial 1º Bacharelato-C
       
Mellor carta en Lingua Inglesa Bacharelato e TSAAFD Helena González Rubianes 2ºBacharelato-C
       
Mellor carta en L. Francesa  ESO Nahir Porto Gómez 4ºESO-C
Bacharelato e TSAAFD Sara Vázquez Sánchez 1ºBacharelato-A
       
Mellor carta en L. Galega ESO  Hugo del Río Rivas  1ºESO-C
       

 Accesit: Cartas en l. Latina  

 

Bacharelato

texto I e  texto II

  Raúl Conde Bouzas 2º Bacharelato-C    
  Mariló García García
  Antía Sobrino Romero

PREMIOS CONCURSO SOBREMESAS DO ENTROIDO 

1º Premio Rosquillas Marta Prego Abalo 3ºESO-C
       
2º Premio  Orellas de "Chips Ahoy"  Antía García González  1ºESO-B 

PREMIOS DE ENTROIDO

Mellor ritmo Tifani Barcala Marcos 2º Bacharelato-C
Alejandro Rodríguez Fernández 1º Bacharelato-C
     
Mellor disfraz Mara Galbán Domínguez (William Wallace) 2º Bacharelato-B
     
Comparsas
1º Premio MAR ESCUMA 2º Bacharelato
     
2º Premio FEELING GOOD 1º Bacharelato Artes
     
3º Premio GREASE  2º ESO-A

Ata o próximo Entroido!

NO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de febreiro celébrase o día de Rosalía, e xustamente neste ano 2017 conmemorase o 180 aniversario do seu nacemento. Por iso o alumnado de 1ºESO preparou este vídeo e celebrouno ao seu xeito.

Documentos programáticos (non borrar)

 

 

EXCURSIÓN Á ANDORRA 2017

Un ano máis o alumnado de 4ºESO e de 1º Bacharelato puido disfrutar duns días de lecer practicando o esquí. Velaí tendes uns minivídeos e máis unha galería de fotos nas que se aprecia o sol marabilloso que lucía e o bo ambiente que reinaba no grupo.

VER GALERÍA DE FOTOS 

 

O TSAAFD VISITA UNHA CLASE DE E. FÍSICA EN BAIÓN

 Visita a unha clase de Educación Física no centro BATA, especializado en servizos e programas dirixidos a persoas con transtornos do espectro autista. Esta formación, que desembocará nunha xornada conxunta, é clave para o alumnado do Ciclo Superior: servirá para comprender a problemática e orientar axeitadamente as actividades físicas dirixidas a estas persoas. Anteriormente o alumnado recibiu unha charla orientativa por parte da directora da mesma asociación. Esta experiencia tan enriquecedora formará parte da bagaxe formativa do alumnado do Ciclo.

Preme na imaxe para ampliala

VER GALERÍA

CHARLAS SOBRE ALIMENTACIÓN SAUDABLE PARA 3ºESO

O Departamento de Orientación levará a cabo cos alumnos de 3º de ESO un programa de educación para a saúde coa colaboración da Cruz Vermella Xuventude. A duración será de catro sesións por grupo nas seguintes datas: Venres 10 febreiro, mércores 22 febreiro e xoves 2 de marzo.

Tratarase o tema da alimentación e nutrición e os trastornos da conduta alimentaria incidindo nos seguites aspectos:

  •     Alimentación e nutrición saudables.
  •     Presión de grupo. Sociedade e moda.
  •     Trastornos da conduta alimentaria.Anorexia, bulimia, vigorexia…
  •     Factores que inflúen. Características básicas da enfermidade.

ABERTO O CONCURSO "AMOR EN CATRO LINGUAS"

Para ampliar, clic sobre a imaxe
 

VIVE LA CHANDELEUR!

Como xa é habitual nos últimos anos celebramos nas aulas a festa da "Chandeleur", ou sexa a Candelaria. En Francia é unha ocasión perfecta para xuntarse en familia e degustar unhas deliciosas crêpes.

No noso instituto alumnado e profesorado de francés inspírase nestra tradición e armados dos utensilios de cociña necesarios enche aulas e corredores de ricos arrecendos a vainilla e a doces... Esta é unha experiencia culinaria que o  alumnado poderá repetir cantas veces queira na súa propia casa.

Vive la Chandeleur!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut