Skip to Content

2015-16

ROTEIRO DE ROSALÍA DE CASTRO

O Departamento de Lingua Galega e Literatura levou a cabo unha saída cultural cos estudantes  de 1º Bacharelato o 5 de abril de 2016 baixo o título “Roteiro de Rosalía de Castro”. O principal obxectivo desta actividade era achegar a figura e a obra da nosa grande poeta ao noso alumnado. Ademais esta escritora forma parte da programación neste curso.

 

(VER GALERÍA DE IMAXES)

 Pretendíamos visitar todos aqueles lugares, rúas, institucións que tiveron algo que ver coa súa vida e obra, mais eramos conscientes de que facer todo iso nunha soa xornada non ía ser posible polo que elaboramos un roteiro partindo do noso centro cara a Santiago.

En cada parada recitábase un ou máis poemas. Na lectura dos mesmos participaban todos/as os/as alunos/as. Foron especialmente emotivas ,a visita á Casa da Matanza; a lectura no cemiterio de Adina; a do poema “Campanas de Bastabales”, onde repenicaron as campás en exclusiva par nós; a visita á capela do Hospital Real e a ofrenda floral no Panteón dos Galegos Ilustres. Por falta de tempo tivemos que deixar atrás algún dos puntos sinalados no roteiro. Ao remate entrgóuselle ao alumnado un cuestionario para comprobar o grao de atención prestada aos comentarios feitos polo profesorado. 

A experiencia, en xeral,  foi positiva, o alumnado respondeu bastante ben ás expectativas que tiñamos . Moitos, a pesar da proximidade dos lugares a visitar, nunca foran á Casa Museo de Rosalía, non sabían onde quedaba Bastavales e tiveron a oportunidade de pasear por rúas de Santiago que non están dentro dos seus itinerarios cando se achegan a esta cidade. 

Departamento de Lingua Galega e Literatura.

O TSAAFD PARTICIPA NA IIª XORNADA LÚDICO-DEPORTIVA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE

A IIª XORNADA LÚDICO-DEPORTIVA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE celebrouse o 9 de Marzo do 2016. A organización deste evento correu a cargo do grupo de segundo curso do ciclo superior, que está agora facendo as prácticas, en colaboración cos de primeiro curso. Traballaron cun proxecto común dende dous módulos: Proxecto Integrado (Luís) e Actividades físicas para persoas con discapacidade (Conchi). Cabe destacar que o proxecto está participando en varios concursos de INNOVACIÓN EDUCATIVA.

Vaia o noso agradecemento a todas as persoas que participaron (un total de 150 persoas contando cos profes e cuidadores) e especialmente as agrupacións ou colexios de persoas con discapacidade: o Colexio de Educaciòn Especial de Vilagarcia, o Saiar, B.A.T.A e "Con eles".

Ademais queremos agradecerlle o seu apoio a Protección Civil que estivo acompañando en todo momento.E como non grazas tamén ao Concello de Vilagarcía que nos cedeu a instalación de Fexdega e ás distintas empresas patrocinadoras polo avituallamento. (Preme aquí ou preme no cartaz para ver as empresas colaboradoras).

VER GALERÍA DE FOTOS

Os medios de comunicación  locais fíxéronse eco desta actividade e aquí vos ofrecemos unha ligazón á nova nos xornais e en Telesalnés.

                            

  

GAÑADORES DO I CAMPIONATO DE XADREZ

Este ano celebrouse por primeira vez no noso centro un campionato de xadrez. O alumnado participaba por parellas e a competición desenvolveuse nos recreos.

Como sabedes, e por explicalo moi brevemente, este é un xogo de estratexia na que dous xogadores enfróntanse con 16 pezas cada un nun taboleiro dividido en cadros brancos e negros e colocado de xeito que cada xogador teña un cadro branco na esquina dereita.Cada peza móvese de xeito diferente. O obxectivo do xogo é atacar ao rei (xaque) e que este non poida saír da situación: isto chámase xaque mate. A partida tamén finaliza cando un dos xogadores se rende, abandona ou pasa do tempo establecido. Nese caso gaña o seu opoñente. O resultado é nulo cando non é posible que ningún dos dous xogadores gañe a partida.

VER GALERIA DE FOTOS

Así pois, este ano xa temos a parella de gañadores do campionato de xadrez: Eloy Fernández e Luís Diz. Parabens! Na seguinte galería podedes ver unhas fotos da emocionante final.

(Clic para ampliar)

VIAXE AOS ANCARES 2016

 (Preme na imaxe para ampliala)
 
VER GALERÍA DE FOTOS

O 15 e o 16 de marzo un grupo formado polo alumnado de 2º TSAAFD e alumnado de 1º Bacharelato de Ciencias realizou unhas xornadas nos Ancares

O primeiro día fixeron un roteiro cara a TRES BISPOS e o segundo desde PIORNEDO ata a subida á campa do MUSTALLARHabía moitísima neve e os percorridos facíanse moi duros porque ao camiñar os pés afundíanse continuamente.

A experiencia foi moi enriquecedora para todos e notouse que o grupo estaba moi unido a pesares da diferenza de idade dos seus membros. Invitámosvos a ver a galería de fotos para admirar as fermosas paisaxes dos Ancares e o ambiente que reinaba no grupo.

Como acompañantes de luxo ían os biólogos do centro, Paquita, Xela e Chou, que explicaron as características da paisaxe, da flora e da fauna. Ademais e como non podía ser doutro xeito os profesionais do exercicio físico : Luís e Conchi. Unha gran combinación!

OBRADOIRO DE REGUEIFAS 2016

Definición do dicionario da Real Academia Galega:

Regueifa: (s.f.)  Disputa dialéctica improvisada e en verso, especialmente entre os asistentes a unha voda.

Agora que todo o mundo sabe  o que son as regueifas contámosvos a nova: o Caruncho e Pinto de Herbón, sobradamente coñecidos polo seu traballo e polas súas aparicións nos medios (radio, tv, Internet) desenvolveron un obradoiro de regueifas o día 7 de marzo co alumnado de música. Nunha intensa sesión de traballo e guiados pola man maestra dos dous poñentes, os nosos alumnos pasaron da composición de textos en verso e da improvisación ao canto. Neste album de fotos podedes ver en imaxes todo o proceso.

VER GALERÍA DE FOTOS

   
 
(Clic para ampliar)

CHARLA SOBRE O AUTISMO PARA O TSAAFD

Como continuación das actividades preparatorias da II Xornada Lúdico-deportiva con discapacitados, o alumnado do 2º curso do Ciclo Superior de Actividades Físico-deportivas (TSAAFD) puido asisitir  a unha charla informativa sobre o autismo impartida por persoal do centro Baión Asociación para o Tratamento do Autismo (BATA): Yolanda Heras Ruíz e Cristina Castro Nogueira. 

Ler a nova no xornal  

Como eles mesmos explican "Somos unha organización sen ánimo de lucro que desenvolve servizos e programas orientados ás persoas con T.E.A. (trastornos do espectro autista) e as súas familias.

   VER IMAXES     

 

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO "AMOR EN CATRO LINGUAS 2015-16"

 

Por fin temos os nomes dos gañadores do concurso "Amor en catro linguas" na súa edición 2015-16. Este concurso está organizado polo departamento de normalización lingüística co que colaboran os departamentos das catro linguas que se imparten actualmente no noso centro.

 

LER AS CARTAS

 

NOMES DOS GAÑADORES E GAÑADORAS

 Lingua castelá:

  • Categoría: ESO                Aida Doeste Castellanos de 4º de ESO 
  • Categoría: Bacharelato   María González Buceta de 2º de Bacharelato

Lingua francesa:

  • Categoría: ESO                 Brais González Herráez de 3º de ESO .
  • Categoría: Bacharelato    Antía Sobriño de 1º de Bacharelato.

Lingua galega:

  • Categoría: ESO                 Amagoia Andújar Mejuto de 3º de ESO.
  • Categoría: Bacharelato    ( Deserto)

Lingua inglesa:

  • Categoría: ESO                 (Deserto)
  • Categoría: Bacharelato     Sara González Figueira de 1º de Bacharelato.

CURSO DE REANIMACIÓN CARDIO-PULMONAR PARA O CICLO SUPERIOR

Un ano máis, o ciclo superior de actividades físico-deportivas recibiu un curso de reanimación cardio-pulmonar impartido por persoal sanitario do hospital do Salnés. A RCP  é un procedemento de emerxencia para salvar vidas que se utiliza cando unha persoa deixou de respirar e o seu corazón deixou de latexar. A RCP combina respiración boca a boca e compresións cardíacas para suministrar aire aos pulmóns e restituir a actividade do corazón de maneira natural ou ben de maneira artificial mediante monitores cardíacos ou respiratorios.

Desexamos darlle as grazas ao persoal sanitario que veu impartir este curso. Quizá algún día a súa contribución axude a salvar algunha vida a través do noso alumnado,

VER GALERÍA DE FOTOS

Ler a nova na prensa: (Clic nas imaxes)

         Diario de Arousa

 

O CICLO SUPERIOR VISITA O CENTRO OCUPACIONAL "O SAIAR"

(Para ampliar, clic na imaxe)   

O alumnado do ciclo superior TSAAFD) visitou o centro ocupacional O SAIAR para coñecer a  algúns dos participantes na II XORNADA LÚDICO-DEPORTIVA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE que se organizará o día 9 de Marzo no recinto feiral de Fexdega . Participarán  catro centros  de Vilagarcia : CEE, SAIAR, BATA e CON ELES. A esta primeira visita seguiranlle outras aos restantes centros participantes.

 


      Este evento está organizado polo alumnado de segundo curso del T.S.A.A.F.D y por dous profesores dos módulos de PROXECTO INTEGRADO e ACTIVIDADES FÍSICAS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE. Como colaboradores teremos ao alumnado de primero curso de T.S.A.A.F.D , o Concello de Vilagarcia e Protección Civil.  Ademais dalgunhas empresas patrocinadoras do avituallamento.

VER GALERÍA DE FOTOS

Distribuir contido


by Dr. Radut