Skip to Content

Economía

CHARLA SOBRE PATENTES PARA O ALUMNADO DE ECONOMÍA

Juan Manuel Garrido profesor de enxeñería química da Universidade de Santiago de Compostela deunos unha charla sobre patentes. Como investigador, el e o seu equipo patentaron un dispositivo para extraer fósforo das feces e orina humana. Ese fósforo é fundamental para os fertilizantes do campo. Esa investigación levouse á práctica e implementouse nunha pranta de extracción de fósforo que se atopa en Goián.

(Fai clic na imaxe para ampliala)

CHARLA DE XOSÉ CASTRO RATÓN, DO BBVA

CHARLA de Xosé Castro Ratón, voluntario do BBVA                       
ASUNTO: Cómo se pode abrir unha conta bancaria e tipos de contas

 
¿Pódese abrir unha conta bancaria dende casa sen pisar a oficina? Seica que sí...
Aquí están as novas tecnoloxías para facelo doado.
Cun móvil xa se pode facer.  Só tes que facerte un selfie e fotografíar o teu DNI e xa podes abrir unha conta.
Claro que tamén  hai que ter cartos pero esa é outra cuestión...
 
Estas e outras cuestións nos respondeu moi afablemente Xosé Castro que xa leva colaborando connosco durante dos anos consecutivos.
 
Moitas grazas Xosé!

EXCURSIÓN A OURENSE

(Para agrandar, clic nas imaxes)

¡Unha festa! Como diría o outro pasámolo moi ben.
Primeiro fixemos os deberes, é decir, visitar unha empresa, que neste caso era Rodriguez López Auto, adicada á transformación de vehículos en ambulancias, unha empresa carroceira, para entendernos.
Alí vimos moitas  cousas do proceso productivo, dende máquinas láser cortando pezas de metal e madeira ata a fabricación de teitos aerodinámicos con moitas luces para dar maior visibilidade á ambulancia.

 


Tamén como parte importante da empresa explicáronnos todo o tema das homologacións que teñen conseguidas, como é o caso das butacas, que pasan as probas de frenado de 60 km/h a 0 km/h.
E despois desta visita comezou o tempo de lecer: que se comer o bocadillo, que se pasear por Ourense, que se montar no tren chu-chu,...
Sí, o tren chu-chu, ledes ben. Como nenos fixemos o paseíllo ata as termas de Outariz, e para que vexades que non mentimos se decimos que eran preciosas ahí tedes a proba...

 

VISITA A TALLERES CASTELO E CONSERVAS FRISCOS

Os alumnos do bacharelato de Ciencias Sociais e Humanidades visitaron  dúas empresas: Talleres Castelo en Vilaxoán e Conservas Friscos en Catoira. 
 
            (Para agrandar, fai clic nas imaxes)

En Talleres Castelo vimos os prototipos e as máquinas que deseñan e fabrican, algunhas con patentes internacionais. Unha das máquinas serve para  cocer o marisco separando ela mesma a cuncha da carne, cun cesto que filtra a arenilla da ameixa. Tamén vimos unha máquina que  "afeita" as barbas do mexilón. Todo elo invención da casa. 
A empresa vende a súa maquinaria por todo o mundo e son pioneiros e líderes mundiais na fabricación de máquinas cocedoras de marisco.
Chamóume a atención cando nos falaron da isla Chiloé , en Chile, onde venden parte da súa maquinaria, e que alí, nas bateas do mexilón, conviven dende baleas ata focas.
 
En Conservas Friscos vimos todas as fases do proceso de envasado do atún, dende que éste chega conxelado ata que é envasado, pasando polo cocemento do atún e a limpeza das espiñas e da pele polas traballadoras.
Tamén nos explicaron a integración vertical da compañía no caso do mexilón, xa que ten as súas propias bateas e transportes, o que permite que só pasen 4 horas dende que o mexilón está na batea  ata que chega á fábrica.
A empresa  fai a marca blanca de Eroski e tamén dunha empresa alemana, facturando ó ano arredor duns 50 millóns de euros.
Na visita fumos coas nosas  batiñas e gorros, como debe ser, e por riba estaba unha inspectora de sanidade naquel intre.
As visitas foron enriquecedoras e manifestamos o noso agradecemento á familia Castelo, de Talleres Castelo, e a Luis Rivera, director de Conservas Friscos, polo seu tempo e a xenerosidade de explicarnos tan ben os entresixos das súas compañías.
 
Ana Limeres
Distribuir contido


by Dr. Radut