Skip to Content

2012-13

Zanfona

Zanfona

FESTA DE ENTROIDO 2013!

Tivemos música, baile, risas, disfraces....e moitos agasallos para os participantes na festa. Parabéns a todos os gañadores dos concursos! Para ver polo miúdo estas marabillas e os disfraces máis chulos da festa visita o album de fotos deste Entroido facendo clic aquí  ou na "galería fotográfica" na barra superior.

(clic para agrandar)

CONCURSO DE CARETAS   

1º premio

Rubén Diz

2ºESO-B

2º premio

Brais Agrasar

1ºESO-B

Cartaz 

Entroido

2013

 

Cartaz entroido 2013  

Accesit

Beatriz Fernández

3ºESO-A

Accesit

María Pérez

3ºESO-A

Accesit

Irene García

2ºBACH-C

                               


CONCURSO DE SOBREMESAS

1º premio

Antía Maneiro

3ºPDC

2º premio

Jessica Barreiro

4ºESO-B 

Trata de chocolate

3º premio

Raquel Maneiro

1ºESO-C

Filloas


  CONCURSO DE DISFRACES  

Categoría: Individual Categoría:  Festival de grupos

1º premio

Juan M. Catarino

O Mestre (bis)

1º premio

3ºESO-B 

1º BACH (Artes)

 3ºB

2º premio

Coro Gospel

 

Gospel

3º premio

  2º BACH-A/B/C  

 

(sen foto)

DE MUSEOS: LEÓN, SEGOVIA, TOLEDO E MADRID

 

(clic na imaxe para agrandar)

Entre o 20 e 0 22 de decembro o alumnado de 2º de Bacharelato, acompañado de Esther Dasilva e de Augusto Guedes (profesor emérito do noso instituto) fixeron unha viaxe do que achegamos unha galería de imaxes e un  fantástico resumo: 

     "Facía sono eran case as as cinco da madrugada. Na parada, xunto o IES esperábannos os pais xunto cos  alumnos de 2º de Bacharelato. O bus de Pereira,que seria a nosa casa durante os tres vindeiros días, xa ronroneaba suavemente. Ilusión nas caras, mentres a mirada escollía o sitio para sentarse ao lado dos colegas. Diante a estrada longa que nos levaría a Madrid. Despedidas e os derradeiros consellos e por fin na noite foi desaparecendo Carril mentres o autobús gañaba velocidade. O motor era como unha vella nana que nos agarimaba invitándonos a durmir. Tras os cristais aínda non amañecera.
     Unha parada biolóxica en Valcarce e  a claridade do día xurdiu alá polas terras ponferradinas. León foi a seguinte parada. Cruzar a muralla e rapidamente San Isidoro,  que visitamos acompañados pola guía que nos mostrou o Museo e a Cripta. Unha pequena descrición das portadas e da igrexa e imos a Catedral.
     Despois de repoñer forzas ás 13,30 de volta no bus. O destino era Segovia e queríamos chegar antes do peche da Catedral. Despois dun duro ascenso chegamos a catedral, dimos unha volta e admiramos os seus orgullosos pináculos. Parece que as catedrais puxéronse de acordo para cobrar unha entrada por visitalas. Baixamos ata o Acueduto para dar un agarimoso saúdo as súas pedras milenarias. Ceábamos en Segovia, despois da cea, camiño de Pinto, onde estaba o noso hotel. Cansados despois desta xornada fumos para as habitacións fixando a hora do almorzo nas oito da mañá
     Saímos para Toledo, despois de rodear a cidade para degustar a fermosa vista de imperial Toledo desde os Cigarrales, baixamos do bus fronte a porta Bisagra. Ascendemos ata a Praza de Zocodover e desde alí  fumos á Catedral. Un tempo para perderse nas rúas toledanas e recuperar folgos.
     As 15,15 baixamos da cidade e despois de atravesar o Texo pola Ponte de San Miguel  saímos de Toledo para ir ao Reina Sofía. Tíñamos unha cita coa Arte Contemporánea. Alí, con certa frustración, soubemos que parte da obra surrealista do museo estaba en París. En fin cousas que pasan. Tocaba cear no Pinto.
     O día seguinte despois do almorzo tocábanos a visita ao Prado. Formamos dous grupos para poder visitar o museo. Vimos parte da colección do museo en especial a obra de Velázquez e Goya. O autobús recóllenos  no Paseo do Prado e  lévanos á rúa Sevilla para poder achegarse ata á Porta do Sol. As 16,00 uns poucos fomos a ver a exposición temporal de Gauguin no Museo Thyssen.
De alí o autobús Pereira volvería a ser o noso niño ata Vilagarcía."
 
GALERÍA DE IMAXES
DE MUSEOS: LEÓN, SEGOVIA, TOLEDO E MADRID

SESIÓN DE PATINAXE SOBRE XEO (TSAAFD)

     O alumnado de 1º e 2º curso do Ciclo de Técnico Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas (TSAAFD) realizaron unha sesión de patinaxe sobre xeo na pista da pescadería en Vilagarcía de Arousa. Aproveitaron esta actividade para pasalo ben e disfrutar dun novo medio, o xeo,e dun deporte sobre o que están a traballar actualmente nos distintos módulos do ciclo formativo.

  (Para ampliar fai clic sobre as imaxes)
     
patinaxe sobre xeo TSAAFD patinaxe sobre xeo TSAAFD patinaxe sobre xeo TSAAFD

CONCERTO DE ZANFONA E GUITARRA

     No espazo recollido da nosa biblioteca tivo lugar o día 4 de decembro un concerto excepcional: a profesora Paloma García, do IES Castro Alobre  interpretou coa súa zanfona temas musicais de tipoloxía moi variada acompaña pola guitarra de Miro Tourís, profesor no CEIP de Barro.

     Durante este concerto didáctico, Paloma García amosou os compoñenetes deste fermoso instrumento, falou das súas posibilidades musicais e sobre todo deleitounos coa súa interpretación.

Programa do concerto

/p>

Fonte da imaxe: Conselllo da cultura galega

PROGRAMA DO CONCERTO DE ZANFONA E GUITARRA

  • Melodía para zanfona - A Farándula tradicionais - cancioneiro de Casto Sampedro Nº493

  • A Bruxa. Antón Seoane (http://www.youtube.com/watch?v=39cX_s1_tNs)

    Antón Seoane (Milladoiro) Milladoiro é un grupo galego de música folk e de música celta, nacido a finais da década de 1970 da unión da formación tradicional Faíscas do Xiabre cos músicos Antón Seoane e Rodrigo Romaní. Guitarra, acordeón, teclados

     

  • As voltas. Paloma García

     

  • Valse de María - Mazurca do vello. Paloma García/ Salvador Cores "O Manso"

     

  • Pasodobre- http://www.youtube.com/watch?v=jGdOZ3OeC9s

     

  • Manha de Carnaval.Luiz Bonfa (http://www.youtube.com/watch v=nVkDfnGobmI …..http://www.youtube.com/watch?v=sAaAdbvmUmw) Manhã de Carnaval, con letra de Antônio Maria (1921 — 1964) e música de Luiz Bonfá (1922 — 2001), foi composta en 1959 para a película Orfeo negro de Marcel Camus e é unha das cancións brasileñas máis coñecidas. Os seus primeiros intérpretes foron Elizete Cardoso y Agostinho dos Santos.

     

  • Os campaneiros.

     

  • Libertango. Astor Piazzolla (http://www.youtube.com/watch?v=RUAPf_ccobc)

    Libertango é tanto un disco coma unha canción do compositor e músico de tango ítalo-arxentino Astor Piazzolla, publicado por primeira vez en 1974 en Milán, e reversionado por moitos artistas diferentes. O seu título é unha palabra composta polos términos "liberdade" e "tango", presumiblemente como bandeira da liberdade creativa que buscaba Piazzola ao crear o chamado tango novo, a diferenza do tango clásico.

    Astor Piazolla

         Ástor Pantaleón Piazzolla (Mar del Plata, 11 de marzo de 1921 – Buenos Aires, 4 de jullo de 1992) foi un bandoneonista e compositor arxentino. Foi uno dos músicos de tango máis importantes do século XX.Estudiou armonía e música clásica e contemporánea coa compositora y directora de orquesta francesa Nadia Boulanger (1887-1979). Na súa xuventude tocou e realizou arranxos orquestais para o bandoneonista, compositor e director Aníbal Troilo. Cando comezou a facer innovacións no tango no que respecta ao ritmo, timbre e armonía, fue muy criticado por los tangueros da «Guardia Vieja», ortodoxos en canto a ritmo, melodía e orquestación. Nos anos posteriores sería reivindicado por intelectuales e músicos de rock. Cando nos anos cincuenta e sesenta os tangueiros ortodoxos —que era considerado «o asasino do tango»— decretaron que as súas composicións non eran tango, Piazzolla respondeu cunha nova definición: «É música contemporánea de Bós Aires». As súas obras non eran difundidas polas estacións radiodifusoras e os comentaristas seguían atacando a súa arte. Os selos discográficos non se atrevían a editala. Considerárono un snob irrespetuoso que compoñía música híbrida, con exabruptos de armonía disonante. 

         "Sí, é cierto, son un enemigo do tango; pero do tango como eles o entenden. Eles siguen crendo no “compadrito”, eu non. Cren no “farolito”, eu non. Si todo cambiou, tamén debe cambiar a música de Bós Aires. Somos moitos os que queremos cambiar o tango, pero estos señores que me atacan non o entenden ni o van a entender xamáis. Eu vou seguir adiante, a pesares deles."

                                                           Astor Piazzolla, revista Antena, Bós Aires, 1954.

         Entre os músicos contemporáneos aos que admiraba profundamente atópanse Alfredo Gobbi e, fundamentalmente, Osvaldo Pugliese. Este último coas súas composicións Negracha, Malandraca e La yumba adiantouse ao que Piazzolla despois realizou como músico. Básicamente na música de Piazzolla a marcación rítmica está baseada no tango Negracha (de Pugliese) composto en 1943 e grabado en 1948. Sempre houbo entre Osvaldo Pugliese e Piazzolla unha relación de respeto e admiración mutua. Pugliese fixo versións de tangos de Piazzolla como: El cielo en las manos en 1951, Marrón y azul en 1956, Nonino entre 1961 e 1962, Verano porteño en 1965, Balada para un loco en 1970 e Zum en 1976. Piazzolla grabou de Pugliese: Recuerdo en 1966 e Negracha en 1956.        Compartiron un recital xuntos no teatro Carré de Ámsterdam, Holanda, o 29 de juño de 1989. Cerraron o recital tocando xuntos os seus éxitos máis populares: La yumba e Adiós Nonino. Ambolosdous nunha entrevista previa manifestaron a súa admiración e respecto mutuos e lamentaron que este recital non se realizase na Arxentina. Tamén, cabe dicir que o tango que lle deu pe ao seu estilo tanguero tan particular, foi a obra "A fuego lento", do compositor, pianista e director de orquesta Horacio Salgán.

     

  • Le Fil. Gilles Chabenat (http://www.youtube.com/watch?v=DcypruXhcco)

     

  • Música tradicional francesa. Zanfona: (http://www.youtube.com/watch?v=_DX08nQows0)

VACACIÓNS DE NADAL

Días non lectivos: do 22 de decembro ata o 7 de xaneiro.

FIN DO 1º TRIMESTRE

     O venres día 21 de decembro remata o 1º trimestre e comezan as vacacións de Nadal. Para o último día está previsto que haxa clase ata as 14h35, como calquera outro día. Así mesmo durante o 2º recreo (de 12h35 a 12h55) cada titor fará entrega das notas ao alumnado na aula do seu grupo. Despois dun merecido descanso tanto alumnado como profesorado retomará o traballo o día 8 de xaneiro.

Desexamosvos un NADAL VENTUREIRO e un FELIZ ANO NOVO

#recitandocelsoemilio

 

Hoxe mércores 12 do 12 do 2012 ás 12h35 o instituto de Carril sumouse aos actos de homenaxe ao poeta Celso Emilio Ferreiro polo centenario do seu nacemento.

Fixemos un traballiño audivisual a correr mais con moito sentimento, e é que toda a comunidade deste instituto deitado frente ao mar de Arousa ten unha sensibilidade especial cara a arte e o mundo das letras. Así foi que, aínda non ben lanzada a proposta, choveron tantos voluntarios para recitar que até tivemos que realizar un sorteo porque non tiñamos versos para todos. 

Aquí vos deixamos o resultado, esperamos que disfrutedes como disfrutamos nós facendoo e véndoo en pantalla grande no hall do insituto.

 

 

Trailer promocional coa música do grupo arousán   Borderline 79

Deitado fronte ao mar

Deitado frente ao mar, de Celso Emilio Ferreiro.

Recitado colectivo

sentímolo, flash non está dispoñible.

Distribuir contido


by Dr. Radut