Skip to Content

2012-13

LECTURAS VERÁN 2013

Chegou o sol, o calor. Aquí tes unha lista refrescante de posibilidades para vencer o aburrimento da sesta, os tempos mortos na praia, para disfrutar aínda maís deses momentos agradables do solpor. Xa sabes: este verán,...le sen moderación!

Que ler en 2ºESO (e 1ºESO)

Que ler en 3ºESO (e 4ºESO)

Que ler en 1ºBACHARELATO (e 2º)

ENTREGA DE NOTAS

27/06/2013 10:00
27/06/2013 14:00
Europe/Madrid

Entrega de boletíns de notas a partires das 10h00.

HOMENAXE A GARCÍA LORCA DO BACH. DE ARTES

Conmemorando os 115 anos do nacemento de Federico García Lorca, o alumnado de artes elaborou o seu particular homenaxe.

REMATE DAS AULAS 2012-13

21/06/2013 00:00
21/06/2013 14:35
Etc/GMT

O venres 21 de xuño:derradeiro día de clase deste ano académico.

NOVA EDICIÓN DA MOSTRA ATHENEA

O auditorio de Vilagarcía acolleu a IV edición da mostra Athenea, ca asistencia de case  todo o alumnado e profesorado do noso centro.

Athenea pretende ser un escaparate do traballo que o alumnado realiza nas aulas nun formato accesible para todo o público asistente.A participación na mostra debe ser coordinada polo profesorado de cada materia.

Nesta edición puidemos disfrutar de todo un espectáculo de música, baile, acrosport, ademais da proxección de varias curtas. 

(Fai clic nas imaxes para aumentalas)

Podedes ver fotos da mostra na GALERÍA DE FOTOS.

ENTREGA DE DIPLOMAS DE CRCP A 1º DO TSAAFD

 Ler a nova no   

Manuel Vázquez Lima, xefe de urxencias do Hospital do Salnés, fixo entrega dos diplomas  do curso de reanimación cardio-pulmonar (RCP). Despois do curso este lumnado foi avaliado por persoal do hospital e acadou unha avaliación positiva. Hai que ter en conta que por cada minuto que unha persoa está en parada cardio-respiratoria as súas posibilidades de supervivencia redúcense nun 10%. De ahí a importancia desta formación.

TANIA BUGALLO PREMIADA POLA SÚA "CANELIÑA"

No acto de despedida de 2º de Bacharelato, a alumna Tania Bugallo de 2º Bacharelato-C recibiu o premio outorgado polo xurado do concurso "Deseña a mascota da biblioteca" pola súa "Caneliña".  O premio, un libro electrónico, foille entregado pola Xefa de Estudos, Ana Barral, en representación do xurado do concurso. Parabéns Tania!

 
 

DESPEDIDA DE 2º DE BACHARELATO NO AUDITORIO

LER A NOVA NO XORNAL

A promoción de Bacharelato 2011-13 celebrou a súa despedida do instituto diante de pais e nais, amigos, profesorado, equipo directivo e o concelleiro de cultura Francisco Gonzálezo o venres 31 de maio no auditorio de Vilagarcía. Os asistentes puideron disfrutar dun espectáculo de monólogos humorísticos, imitacións, baile tradicional, un debuxo de gran formato feito en directo, sombras chinesas, pases de fotografías e interpretacións musicais. A entrega de diplomas e uns pinchos ofrecidos polo alumnado puxeron fin a esta emocionante xornada.

         
 agrandar  agrandar  agrandar  agrandar  agrandar
agrandar agrandar agrandar agrandar agrandar

VER GALERÍA DE FOTOS 

SESIÓN DE PAINTBALL PARA 1º DE TSAAFD

O pasado martes 30 de maio o alumnado de 1º do Ciclo superior (TSAAFD)visitou as instalacións da empresa de  actividades de ocio e animación "Campo do Lobo" situada en Caldas de Reis. Nestas fotos o grupo posa cos equipos utilizados para a actividade de paintball. 

+ grande + grande  + grande + grande

VER GALERÍA DE FOTOS

O CICLO (TSAAFD) NO XORNAL

O xornal "La Voz de Galicia" pasou polo noso centro para falar do Ciclo Superior (TSAAFD) co profesorado. Esto é o que publicaron:

Un camiño cheo de ilusión 

LER NO XORNAL

A mediados dos noventa o Departamento de Educación Física empeza a preparar un novo proxecto: o Ciclo Superior de Actividades Físicas. Profesores moi noviños trasladaban os seus coñecementos ás aulas. Non tiñamos deseños curriculares adaptados, pero con moito esforzo e a madurez dos nosos alumnos todo foi rodando. O centro de Bamio foi a primeira aula teórica e o propio pavillón do noso instituto a aula práctica. Co paso do tempo e a grande acollida dos estudos foi necesaria a creación dun novo pavillón. Hoxe en día, ademais das propias instalacións contamos coa pista de Atletismo, a piscina municipal, as pistas de tenis? E é fácil tamén ver aos nosos alumnos na praia e nos parques practicando todo tipo de deportes na rúa. A actividade académica, dende sempre, foi complementada con actividades formativas dentro e fora do centro: o Camiño de Santiago en bici, saídas á neve en Andorra, a semana verde en Picos de Europa onde facemos rappel, rafting, escalada e outros deportes de natureza, visitas a exposicións como á Barcelona Body´s exhibition, participación en eventos deportivos, asistencia partidos, paintbal. Sen olvidar as clases maxistrais de expertos noutras disciplinas: nutrición, primeiros auxilios, salvamento acuático, esgrima, capoeira. E as visitas dos nosos grandes: Antón Paz, Pepe Casal, Jordi Aragonés, Gustavo Cesar Veloso. Cada ano 30 alumnos, e a demanda medra. Levamos xa 18 anos de andaina e seguimos coa ilusión do primeiro día.

Conchi Pérez

Distribuir contido


by Dr. Radut