[1](Para ampliar, clic na imaxe)
O alumnado do ciclo superior TSAAFD) visitou o centro ocupacional O SAIAR para coñecer a algúns dos participantes na II XORNADA LÚDICO-DEPORTIVA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE que se organizará o día 9 de Marzo no recinto feiral de Fexdega . Participarán catro centros de Vilagarcia : CEE, SAIAR, BATA e CON ELES. A esta primeira visita seguiranlle outras aos restantes centros participantes.
Este evento está organizado polo alumnado de segundo curso del T.S.A.A.F.D y por dous profesores dos módulos de PROXECTO INTEGRADO e ACTIVIDADES FÍSICAS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE. Como colaboradores teremos ao alumnado de primero curso de T.S.A.A.F.D , o Concello de Vilagarcia e Protección Civil. Ademais dalgunhas empresas patrocinadoras do avituallamento.