Skip to Content

O TSAAFD VISITA O CENTRO SAIAR

Na mañá do martes 20 de febreiro o alumnado de 1º e 2º curso do Ciclo Superior (TSAAFD) e mailos seus profes Borja, Luis e Conchi, foron de visita a SAIAR, o único centro ocupacional galego que é público, baixo a titularidade da Xunta de Galicia.

Nos obradoiros de carpinteria, cesteria, enmaquetacion, xardineria e xoieria aprendemos a traballar  xunto co alumnado do centro . Foi unha mañá verdadeiramente moi enriquecedora tanto polos contidos traballados como polo que aprenderon do alumnado e do profesorado de Saiar de cara ao evento Marzo sen Fronteiras, que se celebrará o 21 de Marzo no que participará o alumnado de SAIAR xunto con outros catro centros.Agradecemos coma sempre a predisposicion da sua directora Pili Montaña que ano a ano nos recibe dun xeito agarimoso.

VER ALBUM DE FOTOS

ADMISIÓN ESO E BACHARELATO (CURSO 2018-2019)

Entre o 1 e o 20 de marzo está aberto o prazo para solicitar admisión por parte do alumnado que desexe cambiar de centro ou o alumnado que solicite posto escolar por primeira vez.

Información e documentación de interese:

O alumnado deberá presentar xunto coa solicitude de admisión:

  • Fotocopia do DNI do solicitante
  • Certificado de matrícula do curso actual (para 1º ESO) ou certificación académica (resto dos cursos) a solicítar no centro onde esté matriculado o alumno no actual ano académico.

Toda a normativa está exposta no tabloleiro de anuncios do centro.

ENTROIDO 2018!

Que viva o entroido! Xa están publicados fotos e vídeos do entroido 2018. Para entrar a ver todo este material preme nestas ligazóns:

ALBUM DE FOTOS

VÍDEOS DAS ACTUACIÓNS:

1ª PARTE

Actuacións

1-2

 

2ª PARTE

Actuacións

3-4

3ª PARTE

Actuacións

5-6

4ª PARTE

Actuacións

7-8

5ª PARTE

Actuacións

9-10

6ª PARTE

Actuacións

11-12

7ª PARTE

Actuacións

12-13

8ª PARTE

Actuacións

14-15

9ª PARTE

Actuacións

15-16

10ª PARTE

Actuacións

17-18

11ª PARTE

Actuacións

19-20

 

PARTICIPA E GAÑA NOS CONSCURSOS DE ENTROIDO E DE SAN VALENTÍN

Como cada ano por estas datas quedan convocados os concursos de sobremesas de entroido e o concurso de cartas de amor que agora xa non é en catro linguas senón en seis:  Castelán, Francés, Galego, Grego, Inglés e Latín. Nas bases que quedan aquí publicadas está todo o que debes ter en conta para poder participar e gañar nestes certames. 

PARTICIPA E BOA SORTE!

CONCURSO DE SOBREMESAS DE ENTROIDO                       CONCURSO:  AMOR EN 6 LINGUAS

                      

 

O ALUMNADO DE FRANCÉS CELEBRA A FESTA DA"CHANDELEUR"

Cada 2 de febreiro celébrase a festa da Chandeleur en Francia (a Candelaria en España). Esta festa inicialmente de orixe relixiosa foise volvendo pouco a pouco unha xornada na que as familias se xuntan a facer e comer crêpes.

O alumnado de francés tamén preparou o amoado e probou a elaborar por si mesmo a súa propria crêpe. O arrecendo era incrible e as crêpes estaban deliciosas. Podedes ver aquí o album de fotos.

ALBUM DE FOTOS

UNHA CLASE DIFERENTE PARA O TSAAFD

O 2 de febreiro ás 8 da mañá o alumnado de 1º do ciclo superior TSAAFD tivo unha clase diferente. Utilizando materiais de esvaramento non habituais o alumnado estivo traballando o equilibrio nas aulas de patinaxe. "Moi divertido e enriquecedor" - afirmou profesorado e alumnado. Velaí quedan estas imaxes testemuñas da actividade.

VER ALBUM DE FOTOS

ENCONTRO DE 2º DA ESO CON VARIOS EX-PARLAMENTARIOS GALEGOS

Polo Día da Paz, que se celebra o 30 de xaneiro, catro ex-deputados da nosa comunidade autónoma viñeron ao instituto de Carril para explicar o funcionamento do parlamento de Galicia , institución fundamental do noso sistema democrático. 

Os nosos visitantes de honra, Rosa Oubiña Solla (PP de G), Xulio Pardellas de Blas (PS de G), Francisco Durán Trigo (BNG) e Juan Manuel Fajardo Recouso (Alternativa Galega de Esquerdas), tiveron tamén tempo para responder ás preguntas do alumnado que amosou un gran interese.

A actividade estivo organizada por Bibliomalveiras e mais o profesorado da materia de CC.SS. e de Oratoria para amosar ao alumnado un exemplo de resolución de conflictos mediante o debate e a toma de decisións consensuada sen recurrir nunca á violencia.

Para obter información detallada desta actividade podes visitar o blogue de Bibliomalveiras.

Xulio Pardellas Juan Manuel Fajardo Rosa Oubiña Francisco Durán

SEMANA BRANCA 2018

Xa está á vosa disposición o album de fotos da "Semana branca" do 2018.

  • Alumnado:  TSAAFD.
  • Datas:        Do 20 ao 27 de xaneiro do 2018.
  • Lugar:        Estación de GrandValira,  Andorra

VER ÁLBUM DE FOTOS

CHARLA PARA O TSAAFD DA DIRECTORA DO CENTRO "BATA"

O alumnado do TSAAFD asistíu hoxe, 30 de xaneiro, a unha charla de YOLANDA HERAS, directora de BATA. Este centro ten como obxectivo mellorar a calidade de vida das persoas cons transtornos do espectro autista (TDH) e das súas familias.
 VER ALBUM DE FOTOS
 
Desde hai anos colabora co ciclo nos  módulos de segundo curso:  Actividades Fìsicas para persoas con Discapacidade e  Proxecto Integrado .  Ademais participa no evento MARZO SEN FRONTEIRAS, xunto cos otros catro centros de educaciòn especial. E todos eles e nós, co proxecto MARZO SEN FRONTEIRAS, temos como obxectivo promover a inclusiòn desta persoas con discapacidade como cidadáns de pleno dereito nunha sociedade xusta e solidaria. Este ano estamos traballando desde principio de curso nese proxecto para o que xa temos data e lugar: o 21 de marzo en Fexdega.
(Preme nas imaxes para amplialas)
 

CHARLA SOBRE PATENTES PARA O ALUMNADO DE ECONOMÍA

Juan Manuel Garrido profesor de enxeñería química da Universidade de Santiago de Compostela deunos unha charla sobre patentes. Como investigador, el e o seu equipo patentaron un dispositivo para extraer fósforo das feces e orina humana. Ese fósforo é fundamental para os fertilizantes do campo. Esa investigación levouse á práctica e implementouse nunha pranta de extracción de fósforo que se atopa en Goián.

(Fai clic na imaxe para ampliala)

CHARLAS DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA

 A Universidade de Santiago está desenvolvendo un programa chamado "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC" para o curso 2017-2018. A primeira das actividades deste programa  é a das visitas aos Institutos e Centros de Formación Profesional para dar unha charla informativa. No noso a persoa encargada de facelo foi María Teresa Flores, profesora da Facultade de Física e colaboradora da USC neste programa.  

A charla estivo dirixida ao estudantado de 2º de Bacharelato e de 2º curso do Ciclo Formativo Superior. Todos e todas estiveron moi interesados/as pola información proporcionada e fixeron moitas preguntas, sobre todo os/as de Bacharelato. 

(clic nas imaxes para agrandalas)

QUERES CONSULTAR AS REVISTAS DO INSTITUTO DESDE 1988?

Por fin están disponibles para quen queira consultalas as revistas editadas polo alumnado do instituto desde a súa inauguración. Poderemos disfrutar do traballo xornalístico dos vosos pais, tios e coñecidos que pasaron polo instituto de Carril de dende 1988 ata a actualidade. Queres botar unha ollada?

       
 AGARRAME LA CHURRA (1995)  BULE-BULE (1994)  A GANCHA (2010-2013)  A GRAMALLEIRA (1988-1991)
       
 O BICHO (1990-1991)

 O CAPADOR DO POBO  (1990-97)

 O NOSO (2009)  REBELIÓN EN EL AULA (1992)

 

ORIENTACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSITARIA

TSAAFD: SESIÓN DE CROSSFIT

Sesión de Crossfit  na instalación  de Old Metal CrossFit Vilagarcia para 1º TSAAFD.

(Preme na imaxe para agrandala)

VER ALBUM DE FOTOS

MARZO SEN FRONTEIRAS PREMIADO EN BRUXELAS

Hoxe, 24 de novembro de 2017, o noso centro educativo recibíu unha mención especial polo proxecto MARZO SEN FRONTEIRAS, realizado o curso pasado. O premio foi entregado aos autores do proxecto, Concepción Pérez Alonso e Luís Garrigós Villalba, en Bruxelas no transcurso da  European Vocational Skills Week.

Parabéns ao alumnado e ao profesorado do Ciclo Superior e a todos os centros participantes. 

(Podes facer clic sobre as imaxes para amplialas) 

   As imaxes recollen o diploma acreditativo da concesión do mesmo que ven asinado pola Comisaria europea de Emprego, Asuntos Sociais, Habilidades e Mobilidade Laboral, o momento da entrega do premio e aos dous profesores que foron a Bruxelas a recollelo.

Marzo sen fronteiras é un proxecto integrado no que o alumnado do Ciclo Superior de Actividades Físicas e Deportivas ten que configurar  as actividades a realizar todos os mércores do mes de marzo con diferentes colectivos de persoas con discapacidade da comarca do Salnés. Están a cargo non só do deseño e preparación das actividades senón tamén da busca de patrocinadores, do deseño dos cartaces, do catering e da monitorización de cada unha das sesións. É un traballo en grupo moi enriquecedor. A finalidade destas actividades é mellorar a calidade de vida destas persoas por medio dunha actividade física lúdica e estimulante.

Aquí podes ler a nova publicada pola Xunta :         


PRENSA

(Preme nas iconas)

             1    2  

                  


RADIO

 

 


RECEPCIÓN NO CONCELLO DE VILAGARCÍA :

    


Para ver imaxes do Marzo sen Fronteiras premiado podes facer clic nestas ligazóns ou visitar o album de fotos de outros cursos anteriores.

Distribuir contido


by Dr. Radut