Skip to Content

MARIE CURIE ENCHE BIBLIOMALVEIRAS DE CIENCIA

Con motivo do 150 aniversario do nacemento de Maria Salomea Sklodowska, coñecida como Marie Curie, Bibliomalveiras preparou moitas actividades para a dar a coñecer no noso centro educativo esta figura tan importante do ámbito científico. E non só desde a súa faceta científica da que se encargará profesorado e alumnado de ciencias senón tamén como ser humano a través da lectura do deu xornal íntimo e dunha exposición de documentos persoais.

Para mostra un botón:  velaí a fermosa imaxe do cartaz que luce na entrada do instituto realizado polo alumnado de Artes. Seguiremos atentos ás actividades desde o blog de Bibliomalveiras.

O TSAAFD FAI AQUAPILATES

O aquapilates é unha actividade que está dirixida á rehabilitación postural dinámica, fundada nos principios do método Pilates con adaptacións especiais para ser realizada no medio acuático. Búscase un equilibrio entre tonificación é estiramento centrándose na mobilización xeral do corpo, a estabilidade e o reforzo e reequilibrado das grandes cadeas músculo-esqueléticas. É axeitado para todo o mundo pero está especialmente recomendado para aquelas persoas que queiran evitar os desequilibrios posturais, para previr as lesións na práctica deportiva e para quen teña que afrontar unha reeducación ortopédica.

Dada o enorme interese que esperta esta modalidade de actividade física o alumnado do ciclo superior dedicoulle unha intensa sesión que comprendeu tanto teoría como práctica. Podes velo en acción facendo clic no álbum de fotos.

VER ALBUM DE FOTOS 

OBRADOIRO DE PERCUSION

O pasado venres 27 de outubro, recibimos no instituto a Didier Díaz. Realizou un taller de ECOPERCUSIÓN co alumnado de 4ºESO, 1ºBTO e 2ºBTO que cursan as asignaturas de: música, linguaxe e práctica, análise e artes escénicas. Aprenderon ritmos básicos de batucada e conseguiron soar coma un grupo casi profesional. Bravo por eles e elas!!!

VER ALBUM DE FOTOS

O ALUMNADO DE BACHARELATO ASISTE A "NO SOLO DUELEN LOS GOLPES"

O pasado venres, día 6 de outubro, ás 12,00 da mañá no Auditorio municipal de Vilagarcía, os grupos de 1º e 2º de bacharelato asistiron a unha acción de sensibilización contra a violencia de xénero. Esta proposta destinada ao alumnado de 4º ESO e Bacharelato foinos ofrecida a todos os centros de Vilagarcía dende a Área de igualdade -CIM do concello.

Tratábase dun monólogo, xa famoso, titulado "No solo duelen los golpes" (que se pode ver en You Tube y que está baseado na súa experiencia persoal) realizado por Pamela Palenciano coa colaboración dunha traballadora social, encargada de conducir o debate posterior, no que se plantexaron diversas cuestións que na súa metade foron intervencións moi acertadas e interesantes do noso instituto.

VER ALBUM DE FOTOS

Ler a nova na prensa:    

 

ANDAINA DO TSAAFD

Como ven sendo habitual tódolos anos, os dous grupos de Tsaafd fixeron unha actividade conxunta na primeira semana de curso, concretamente o dia 27 mércores.O obxectivo é axudar a  profesores e  alumnos a coñecerse por medio dunha actividade física. Este ano fixeron 20 km bordeando a costa na Illa de Arousa.Fixo bo tempo e o ritmo foi axeitado. Os profes acompañantes foron Borja, Teresa, Luís e Conchi.

(Para ampliar, clic na imaxe)

VER ALBUM DE FOTOS

COMEZO DE CURSO DO CICLO SUPERIOR

O alumnado do Ciclo Superior en Técnico Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas (TSAAFD) queda convocado á xornada de presentación o MÉRCORES 20 DE SETEMBRO co seguinte horario:

  • Alumnado de 1º curso => 11h00
  • Alumnado de 2º curso => 12h00
Distribuir contido


by Dr. Radut