Skip to Content

CONCURSO DE FOTO E VIDEO "OLLARES EN IGUALDADE"

PARA LER AS BASES FAI CLIC NA IMAXE

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 2018-19

O 21 de maio de 2018 saiu publicada a Orde  pola que se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado da ESO para o curso escolar 2018/2019. Ver información completa na sede electrónica da Xunta.

CONVOCADOS OS PREMIOS EXTRAORDINARIOS DA ESO E DO BACHARELATO 2018

Convocados os premios extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e Bacharelato para o ano académico 2017-18

Iº TORNEO DE VOO DE AVIÓNS DE PAPEL

Este venres 18 de maio foron entregados os premios do Iº torneo de voo de avións de papel organizado polo alumnado de 1ºESO-B e a súa titora Maika. O ranking de gañadores é o que segue:

OURO Os Dalton (1ºESO A1)
 
  • Fabio Santamaría
  • Fabián Suárez
  • Pedro Torrado
PRATA Paperwings (1ºESO A2)
 
  • Antón Costa
  • Alba López
  • Ángel Miguéns
BRONCE Os Peripatéticos  (1ºESO A2) 
 
  • Mario García
  • Alba López
  • Antonio Rey
Mención especial    
Iº voo de maior distancia  Antón Costa 

30,12 m

 

IIº voo de maior distancia  Angel Miguéns 27,10 m

 VER ALBUM DE FOTOS

    

EXPOSICIÓN DO ALUMNADO DE 1º BACHARELATO ARTÍSTICO

Tras recibir a consigna de facer un cartaz de tema social e reivindicativo, o alumnado presentou estes traballos cargados de contidos e de técnica. Unha exposición que da que pensar.

VER A EXPOSICIÓN

DATAS DOS EXAMES FINAIS DE PENDENTES

Para ver/descargar o arquivo preme sobre a imaxe

LISTADO DEFINITIVO DE ADMITIDOS CURSO 2018-2019 E PRAZO DE MATRÍCULA

Publicación do listado DEFINITIVO de admitidos en Educación secundaria e Bacharelato para o ao académico 2018-2019, e prazos de matrícula.

Os impresos de matrícula estarán dispoñibles na Conserxería a partir do 18/06/2018.

RECOLLIDA DE TÍTULOS

Os Títulos de Educación Secundaria, Bacharelato e Ciclo formativo do alumnado que rematou os seus estudios no ano 2016 e anteriores están na Secretaría a disposición dos solicitantes.

Os titulares ou persoas autorizadas poden pasar pola Secretaría en horario de 10:00 a 13:30, de luns a venres, provistos do DNI ou outro documento identificativo oficial.

 

AUTORIZACIÓN RECOLLIDA TÍTULOS

Se a persoa titular non pode recoller persoalmente o seu Título de Educación Secundaria, Bacharelato ou Ciclo formativo, pode autorizar a outra persoa para que o retire da Secretaría en horario de 10:00 a 13:30 de luns a venres.

Que hai que facer?

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN "A CARA OCULTA DOS VERSOS"

O ALUMNADO DE CARRIL REMATOU A SÚA PARTICIPACIÓN NO PARLAMENTO XOVE

As carrilexas e os carrilexos que participaron na IXª edición do Parlamento Xove acudíiron a Compostela o 4 e o 5 de maio para debatir na fase final. O tema foi: "A experiencia acumulada nun ano sabático pode ser de gran axuda para orientar os intereses académicos e laborais da xuventude europea antes de que inicien a súa etapa universitaria: ¿debería existir un plan de financiamento europeo destinado a tal fin?".

O equipo de Carril tivo que posicionarse en contra da tese mentres que o alumnado do instituto de Becerreá co que debateron, a favor. Primeiro cada equipo presentou as súas argumentacións  Nunha segunda parte do debate Rubén e Ismael refutaron os argumentos do equipo de Becerreá. Finalmente os representantes dos dous institutos, Becerreá e Carril, tiveron que expor as súas conclusións. A encargada do noso instituto foi Alba Conde. O equipo de Becerreá saíu victorioso desta batalla dialéctica.

Iria López, unha das nosas representantes falounos sobre a súa experiencia persoal. Dixo que estaba demasiado nerviosa e intimidada polo equipo de Becerreá, que xa levaba gañando oito anos e notábase que estaban moi relaxados e seguros de si mesmos. "Tremía, trabábame falando, cando eu normalmente non o fago", dixo Iria.

Alba Conde tamén comentou que había moita presión pero destacou como aspecto positivo que tivo a oportunidade no seo do seu propio grupo de debatir ideas contrarias argumentando e que esa discrepancia sempre era respectuosa e construtiva.

Esta primeira participación no Parlamento Xove podería servir aos participantes de futuras edicións como unha boa experiencia de traballo en equipo para tentar defender unha postura grazas ao diálogo e ao consenso.  Unha proveitosa lección para todos. 

 

       

Nas imaxes os nosos cinco representantes: Iria López, Alba Conde, Isaac, Rubén e Brais González (non está nas fotos)

EXCURSIÓN A BARCELONA DO ALUMNADO DE RELIXIÓN CATÓLICA

Do 16 o 21 de abril un grupo de 40 alumnos de ReCa (Relixión Católica) do noso centro e 16 do Bouza Brei, acompañados polos profesores Esther Dasilva, Begoña Barcala e Isabel Pérez de Carril e Manuel Cachaldora e Carmela do Bouza fixemos unha viaxe a Barcelona.

VER ALBUM DE FOTOS

Nesta viaxe coñecemos, o primeiro día pola mañá, Zaragoza. Sorprendeunos a grandiosidade da Basílica do Pilar e a fermosura de todos os monumentos que a bordean ademáis de ver o Ebro case desbordado. De aquí partimos para comer e visitar o Castelo Templario de Miravet. Cansos, voltamos ao noso hotel en Cambrils. Ao día seguinte esperábanos Barcelona.

O segundo día, estivemos no barrio gótico; o que máis nos gustou foi “Santa María do Mar”. Pola tarde, a visita central, o máis esperado de toda a nosa viaxe, “ A Basílica da Sagrada Familia”. Viñemos marabillados pola súa grandeza e luminosidade. Despois para ir baixando o ritmo á Casa Milá e o parque Güell, todas obras do xenial  Gaudí.

O terceiro día estivo adicado a PortAventura. Disfrutamos ao máximo das súas atraccións  e espectáculos. Ao sair do parque achegámonos a coñecer a parte antigua de Reus.

O derradeiro día,  fomos a Tarragona para coñecer a “Tarraco romana”, non nos decepcionou. Despois de xantar, emprendemos a viaxe de volta a Vilagarcía. Coas paradas obrigadas, entre elas, a de Sahagún,  nun pobo moi bonito. 

Chegamos a TIR as 4:30,  moi cansos pero moi satisfeitos da viaxe. 

Isabel, profesora de Relixión

O ALUMNADO CARRILEXO PARTICIPA EN IMATXINA

O xoves 13 de abril, o alumnado de 2º da ESO foi a Vigo nunha excursión organizada polo departamento de Matemáticas. 
Aproveitaron a mañá para ir á Casa do Libro, dar unha volta pola exposición de Baldo Ramos e Pepe Cáccamo, “A Dobre Páxina” e por último, asistiron ás actividades programadas na XIV edición de Imatxina.
 
  
 
 

CHARLA PARA 2ºESO: OS ESTIGMAS DOS TRASTORNOS MENTÁIS

O pasado 6 de abril  dúas estudiantes de psicoloxía da Universidade de Santiago, Elena Eiras, ex alumna do noso centro, e Laura Ferradanes, asistiron ao instituto como voluntarias do proxecto Mind the Mind  para impartir un obradoiro aos rapaces e rapazas de segundo da ESO coa finalidade de acabar cos estigmas dos trastornos mentáis.

"Añadiríamos que la experiencia fue muy buena gracias a que los alumnos fueron muy participativos y respetuosos. Y que el trato por parte del centro fue de diez. Nos agradó un montón que los estudiantes estuvieran tan atentos y motivados y esperamos volver a colaborar con el instituto".

(Clic na imaxe para ampliala) 

O 1º DE TSAAFD FAI UNHA RUTA EN BICI POLA ILLA DE AROUSA

O alumnado de 1º de TSAAFD  fixo hoxe, 5 de abril, unha ruta en bici. O percorrido foi de Vilagarcía a Vilanova , deron a volta a toda Illa de Arousa a rentes do mar e por último volveron a Vilagarcía.

Unha ruta moi bonita que  permitiu ao profesorado e ao alumnado do ciclo superior acoñecerse mellor entre eles, facer exercicio e prepararse para unha saída moito mais longa que farán dentro duns meses.

ALBUM DE FOTOS 

Distribuir contido


by Dr. Radut