Skip to Content

O ALUMNADO DE CARRIL REMATOU A SÚA PARTICIPACIÓN NO PARLAMENTO XOVE

Versión para impresoraVersión para impresora

As carrilexas e os carrilexos que participaron na IXª edición do Parlamento Xove acudíiron a Compostela o 4 e o 5 de maio para debatir na fase final. O tema foi: "A experiencia acumulada nun ano sabático pode ser de gran axuda para orientar os intereses académicos e laborais da xuventude europea antes de que inicien a súa etapa universitaria: ¿debería existir un plan de financiamento europeo destinado a tal fin?".

O equipo de Carril tivo que posicionarse en contra da tese mentres que o alumnado do instituto de Becerreá co que debateron, a favor. Primeiro cada equipo presentou as súas argumentacións  Nunha segunda parte do debate Rubén e Ismael refutaron os argumentos do equipo de Becerreá. Finalmente os representantes dos dous institutos, Becerreá e Carril, tiveron que expor as súas conclusións. A encargada do noso instituto foi Alba Conde. O equipo de Becerreá saíu victorioso desta batalla dialéctica.

Iria López, unha das nosas representantes falounos sobre a súa experiencia persoal. Dixo que estaba demasiado nerviosa e intimidada polo equipo de Becerreá, que xa levaba gañando oito anos e notábase que estaban moi relaxados e seguros de si mesmos. "Tremía, trabábame falando, cando eu normalmente non o fago", dixo Iria.

Alba Conde tamén comentou que había moita presión pero destacou como aspecto positivo que tivo a oportunidade no seo do seu propio grupo de debatir ideas contrarias argumentando e que esa discrepancia sempre era respectuosa e construtiva.

Esta primeira participación no Parlamento Xove podería servir aos participantes de futuras edicións como unha boa experiencia de traballo en equipo para tentar defender unha postura grazas ao diálogo e ao consenso.  Unha proveitosa lección para todos. 

 

       

Nas imaxes os nosos cinco representantes: Iria López, Alba Conde, Isaac, Rubén e Brais González (non está nas fotos)



story | by Dr. Radut