TEMA 3: "BILINGÜISMO E DIGLOSIA. NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA". (2º BACH.)
1. LINGUA E PERTENZA
O galego identifica a cultura dun pobo. Indica orixe, territorio e cultura diferenciadas.
1.1. Funcións dunha lingua
Básica: medio de comunicación. Segundo o seu ámbito de uso, hai outras funcións:
- Función de identidade: articulación do pensamento no individuo.
- Función familiar: relación das persoas en familia.
- Función laboral: comunicación no traballo.
- Función local: contactos no contorno (amigos, veciños)
- Función institucional: coa política, Administrac., Xustiza,... O castelán predomina.
- Función cultural: nas ciencias, artes, ensino,..
- Función internacional: esta función soe tela o inglés.
1.2. Os tipos sociolingüísticos(tipos de falantes segundo o uso e coñecemento das dúas linguas)
- Nativos primarios: galegofalantes de aprendizaxe directa na familia.
- Nativos cultivados: galegofalantes primarios que tamén se formaron en galego.
- Adultos nativizados: empregan o galego, malia formarse inicial e culturalmente en castelán.
- Adultos secundarios: castelanfalantes. Grupo de avance progresivo
2. BILINGÜISMO
Fenómeno común no mundo (en España, un 40% vive en territorios bilingües). Capacidade dunha persoa para se expresar con igual destreza en dúas linguas.
Bilingües pasivos: entenden ambas linguas, pero só saben falar unha.
Bilingües activos: falan e entenden as dúas.
A persoa bilingüe ten dous códigos (independencia) que usa segundo as circunstancias (alternancia) e pode expresar o mesmo nos dous (tradución).
Na práctica, é moi difícil que haxa igualdade (lingua A - lingua B). Asimilación polo castelán.
O bilingüismo harmónico conduce á substitución do galego, pois as persoas tenden a usar unha.
3. DIGLOSIA
Desigual reparto de usos entre variantes dunha mesma lingua (endodiglosia:Marrocos) ou entre linguas diferentes (exodiglosia: galego-castelán). Relación de desigualdade entre a lingua dominante (A) e a minorizada (B). A consecuencia é o conflito lingüístico, loita das linguas por conseguir ámbitos de uso. O emprego do galego ou castelán depende do ámbito social, espazo xeográfico e os interlocutores.
Avance do castelán: proceso que vén de finais da I. Media.
Os falantes monolingües en galego diminúen. Para evitar a substitución polo castelán cómpre unha política axeitada que leve á normalización lingüística do galego.
4. O CONFLITO LINGÜÍSTICO
Aparece cando 2 linguas en contacto compiten por desempeñar tódalas funcións posibles. No caso do galego, o dominio de Castela (RR.CC.) provoca o uso do castelán nos usos cultos, nas capas altas e ser lingua oficial da burocracia. Provocou diferenzas xerárquicas e de prestixio social: galego=pobo. O paso dunha clase social a outra=cambio de lingua.
Autoodio e complexo de inferioridade nos galegofalantes=menosprezo da propia lingua.
O conflito lingüístico aparece dentro da sociedade.
5. POLÍTICA LINGÜÍSTICA
Nesta situación de conflito hai 2 saídas: substitución do galego ou a súa normalización.
Cómpre unha eficaz política lingüística: Direc. Xeral Política Lingüística (Consellería Educ.)
Fomentar a transmisión interxeracional, galeguizar os servizos públicos, o mundo do traballo, novas tecnoloxía, medios comunicación, Xustiza,...
Lexislación: Decreto bilingüismo (1979); Lei de Normativización (1982); Lei de Normalización (1983), creación da RTVG,...
Parlamento aprobou en setembro 2004 o 1º Plan Xeral de N.L. (445 medidas diversas, entre elas acadar o 50% de uso vehicular no ensino.
6. A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Proceso de recuperación do galego: normalización e normativización. Normalizar o galego é facer que recupere tódolos ámbitos de uso.
Intervención de: poder político (Xunta, Parlamento,...), acción colectiva (asoc.culturais, veciños, etc.), acción individual. A escola e os medios de comunicación son sectores clave.
avances importantes: lexislación, oficial, Admón., política, cultura, ensino,... Pero segue a retroceder coma 1ª lingua. Escasa efectividade da política lingüística e incumprimento da lexislación vixente.