Skip to Content

CHARLA SOBRE AUTOEMPREGO PARA O CICLO SUPERIOR

O mércores 16 , dous profesionais de Empresa e Iniciativa Emprendedora, viñeron impartir unha charla sobre FOMENTO DO AUTOEMPREGO na que ensinaron , a grandes rasgos, como facer un pequeno proxecto de emprendemento na nosa familia de actividade física.
 

Agora traballaremos na clase sobre todo o ensinado e voltarán en xaneiro ou febreiro para rematar a nosa aprendizaxe e ver si fixemos os deberes

  Felipe Cachaza e Montse, pertencentes á Asociación AGTAMAR, moitísimas grazas pola vosa colaboración. Esperemos seguir contando con ambolos dous. Vemonos en Xaneiro

RECREOS ANIMADOS POLO CICLO TSEASD

En Carril temos a sorte de contar cun alumnado de 2º curso de TSEASD moi activo  que artellou actividades interesantes e divertidas para os recreos do alumnado. Hai diferentes modalidades para gustos distintos así que todo o mundo pode participar. Ata agora foi todo un éxito. Unha iniciativa fantástica!

Para aumentar a imaxe preme sobre ela




 

 
   ANÍMATE A PARTICIPAR!  

O CICLO TSEASD FAI O CURSO "PROGRESA DIXITALMENTE CON FACEBOOK"

O alumnado de 2º curso do ciclo superior TSEAFD fixo durante toda a mañá de hoxe un curso de manexo das novas tecnoloxías. O curso chámase Progresa dixitalmente con Facebook e é realizado por alumnado de toda España. "Trátase dunha serie de workshops para axudar a lograr o ÉXITO PERSOAL e PROFESIONAL a xóvenes entre 18 e 30 anos." segundo reza na páxina web do Gabinete de Recolocación Industrial en colaboración con Facebook.

Como testemuña da actividade aquí vos quedan estas imaxes.

(Fai clic nas imaxes para amplialas)

O CICLO SUPERIOR TRABALLARÁ CON ENFERMOS DE PARKINSON

Todas as semanas deste ano académico o alumnado do Ciclo Superior vai recibir formación práctica da asociaciòn APROPARK de Vilagarcia de Arousa, organización centrada na enfermidade de Parkinson.
   Todos os mércores, durante o curso , por parellas , e baixo a supervisiòn da profesora do mòdulo de ACTIVIDADES FISICAS PARA A INCLUSIÒN SOCIAL de segundo do ciclo TSEAFD, o alumnado traballará cos enfermos de Parkinson no seu àmbito físico.

Ver galería de fotos

  charla-coloquio-parkinson4.jpg  charla-coloquio-parkinson5.jpg  charla-coloquio-parkinson7.jpg
 

 Como mostra desta colaboración, hoxe, mércores 2 de Outubro membros de APROPARK  viñeron impartir unha charla-coloquio sobre esta enfermidade progresiva do sistema nervioso que afecta ao movemento. Tamara, Cristina e Cali, expertas na materia, fixeron unha sesiòn maxistral e informáronnos sobre esta enfermidade que afecta a unha grande parte da poboaciòn.

Despois do Alzheimer é a segunda mais usual na terceira idade . E o certo é que cada vez afecta á xente mais xove. Dada a enorme repercusión sobre a vida das persoas que ten o parkinson a poboación ten que concienciarse da importancia de previla por todos os medios, entre eles o exercicio físico.

   Este ano a asociación APROPARK formará parte do evento MARZO SEN FRONTEIRAS.

ANDAINA POLA ILLA DE AROUSA DO ALUMNADO DE 1º E 2º DO CICLO SUPERIOR

Coma todos os anos, o alumnado de primeiro (AF) e segundo (TSEASD) de ciclo superior xunto co profesorado fixo unha andaina de 18 km. pola Illa de Arousa.
 
Durante a andaina fixeron uns xogos de dinamización grupal para romper o xeo entre os/as membros dos grupos. Estes xogos foron deseñados e preparados polo alumnado de 2º como parte da súa preparación profesional.
 
 Para aumentar/descargar fai clic na imaxe
 

 
 
 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2019-20

Podes consultar e/ou descargar o listado dos libros  facendo clic na imaxe ou na ligazón:

 VER/DESCARGAR LIBROS DE TEXTO

Distribuir contido


by Dr. Radut