Skip to Content

Música

VIAXE A MADRID DO BACHARELATO MUSICAL

(Preme nas imaxes para amplialas)

O pasado febreiro un grupo de alumnos e alumnas que cursan música no bacharelato realizaron unha saída moi especial. O destino foi Madrid! Todos e todas durante catro días exploraron a capital e toda a sua oferta cultural. 

Puideron disfrutar do Musical El Rei León, a ópera Don José, a visita á Compañía Nacional de Danza, o Museo do Prado, a visita o Palacio Real, o Centro Cultural do Matadero-Madrid, un concerto do violonchelista Lluís Claret na Fundación March, visitar o Teatro Real, ... É dicir unha choiva sensitiva que recordarán para toda a vida.
 

MASTER CLASS DE XENIA TARTARI

Aquí tendes un video da master class de Xenia Tartari, profesora de claqué, co alumnado do Bacharelato de Música e Artes Escénicas que tivo lugar o 26 de marzo na aula de música. Esta é a nova no xornal.

O ALUMNADO DE MÚSICA ASISTE A"O LAGO DOS CISNES"

(Clic nas imaxes para ampliar)

Para rematar un mes cheo de actividades musicáis, despois das fabulosas actuacións do Entroido do instituto, os alumnos de 4ºEso e 1ºBto que cursan as optativas de música, xunto cos alumnos de Bacharelato de Artes escénicas, Música e Danza viaxaron ata A Coruña o 27 de febreiro para disfrutar da representación do Lago dos Cisnes de P.I. Tchaikovsky, un ballet estrenado no teatro Bolshoi de Moscú no ano 1858 e que nesta ocasión foi interpretado pola Sinfónica de Galicia e o Centro Coreográfico Galego. Despois do ballet completaron a viaxe visitando a Domus e o Acuario Finisterrae.

Susana Suárez

O ALUMNADO DE MÚSICA NO CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEA

Un grupo de 14 alumnas e alumnos de Artes Escénicas, Música e Danza do noso centro educativo, realizaron o venres día 18 unha performance  no Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) de Santiago de Compostela coa súa obra “Cactus Workestra” dentro das xornadas de música contemporánea que se celebraron ao longo da fin de semana. Podedes Ler a nova no sitio web do CGAC. Tamén podedes ver un resumo da actividade neste vídeo.


Para completar esta experiencia, o luns, 20 de outubro, o alumnado de 1º e 2º de bacharelato de Artes Escénicas, Música e Danza, participou na Master Class “Uovisionamento e intervençao plastisonora”, impartida polo artista de Viana do Castelo, Joao Ricardo de Barros Oliveira, na biblioteca deste Instituto.

O artista Joao Ricardo de Barros Oliveira estivo presente en festivais internacionais de música, traballou en obradoiros cos nenos e maiores, na construción de instrumentos a partir de materiais de lixo. Ademais presentou a súa música na radio e televisión en Noruega, Portugal, España, Alemania e EEUU. É un artista polifacético que compuxo música para películas nas que tamén actuou.

UN ANO MOI MUSICAL

DEPARTAMENTO DE MÚSICA

(CURSO 2013-14)

Neste curso 2013-14 o alumnado de Música realizou varias saídas entre as que podemos sinalar as seguintes:

 

  • O alumnado de 2º E.S.O saíu o día 20 de febreiro ao concerto didáctico de percusión Odaiko nas escolas celebrado en Auditorio Centro Social N.C.G. Completaron a saída cun Roteiro Castelao .
  • Por outra banda, o alumnado de 4º E.S.O. e de 1º Bacharelato puido disfrutar na Coruña o 14 de febreiro, día dos namorados, do concerto didáctico A Bela Durminte interpretado pola Orquesta Sinfónica Galicia, na Coruña. Seguidamente fixeron unha visita didáctica ao Domus e ao Aquarium.
  • Entre o 5 e o 8 de marzo, o 2º Bacharelato de Música, Danza e Artes escénicas fixo unha viaxe a Madrid cunha axenda moi apretada:

* Concerto didáctico: Sherezade interpretado pola Orquesta Sinfónica del Teatro Real 

* Musical O Rei León no Teatro Lope de Vega.

* Ópera Orfeo de Gluck no Teatro Real. 

* Flamenco  en vivo: Tablao Corral de la Morería (Canto,guitarra e danza).

* Visitas ao Museo do Prado (visita guiada colección 15 Obras Mestras), ao Museo Thyssen e no Matadero Madrid ao Centro Creativo Contemporáneo 

 VER GALERÍA DE IMAXES

 

GUITARRITA 2014

Na derradeira semana deste curso celebrouse na cafetería unha nova edición de GUITARRITA, un festival que da a coñecer os talentos emerxentes do noso instituto. Velaí unhas imaxes do evento.

MASTER CLASS DE ANABELL GAGO

O alumnado do Bacharelato de Música, Danza e Artes Escénicas tivo ocasión de asistir a unha master class de Anabell Gago, actriz moi coñecida e de sobrada experiencia. Podedes ver aquí algunha foto.

GALERÍA DE FOTOS

CONCERTO DO ALUMNADO DE CARRIL NO AUDITORIO

O alumnado de Carril foi o protagonista dun concerto organizado polo Departamento de Música. O concerto con fins benéficos tivo lugar o sábado día 8 de febreiro no Auditorio Municipal de Vilagarcía. No mesmo participou tanto alumnado que está cursando estudos de secundaria actualmente como ex-alumnos que seguen en contacto co centro. Ademais Andrea Fernández Maneiro presentou o seu espectáculo co apoio do Concello de Vilarcía.

Grupos en cartel: Forvallaina, The Raúl Varela Experience, Nosostras y Él, The Bollis and the Jamis e Néboa.

(para ampliar fai clic no cartaz)

Zanfona

Zanfona

CONCERTO DE ZANFONA E GUITARRA

     No espazo recollido da nosa biblioteca tivo lugar o día 4 de decembro un concerto excepcional: a profesora Paloma García, do IES Castro Alobre  interpretou coa súa zanfona temas musicais de tipoloxía moi variada acompaña pola guitarra de Miro Tourís, profesor no CEIP de Barro.

     Durante este concerto didáctico, Paloma García amosou os compoñenetes deste fermoso instrumento, falou das súas posibilidades musicais e sobre todo deleitounos coa súa interpretación.

Programa do concerto

/p>

Fonte da imaxe: Conselllo da cultura galega

Distribuir contido


by Dr. Radut