IES O Carril

Galería de imaxes


Últimas subidas - Concurso de fotografía da Asociación de Xeógrafos de España (AGE)
Ana_Vázquez.jpg
"Bateas en Vilanova de Arousa" por Ana Vázquez8 vistas Bateas en Vilanova de Arousa. 4 febreiro 2018
A foto é unha paisaxe mariña en Vilanova de Arousa (Pontevedra) na que podemos ver bateas, plataformas ancoradas no mar das que penden varias cordas, e nas que se crían moluscos, especialmente os mexillóns. Á dereita da imaxe observamos un barco batea, que como ben di o nome son barcos que se empregan para ir a estas plataformas. Nesta zona hai moita actividade conserveira, e grazas a isto xéranse numerosos postos de traballo neste sector.
Cobre a paisaxe un ceo de negras nubes, que probablemente descargarán abundante choivas, asociadas ás borrascas da Fronte Polar. Estas baixas presións entran procedentes do Atlántico, cargadas de humidade, e durante boa parte do ano condicionan o clima das Rías Baixas e de toda Galicia.
Ana Vázquez.
xun 21, 2018
Jose_Ponte.JPG
Castro da Torre, Serra do Courel (Lugo) por José Ponte5 vistas CASTRO DA TORRE, SERRA DO COUREL (LUGO). 25 de decembro de 2017

En primeiro plano, a 761 m de altitude, o castro da Torre, habitado nos s. III e IV d. C. Dende el apréciase a paisaxe da serra do Courel, modelada polas dúas oroxéneses principais (herciniana e alpina) e polos glaciares do cuaternario. O rochedo está formado por materiais duros paleozoicos (lousa, cuarcita…). E con laxes de lousa construíuse o castro, situado na cima dun saínte para controlar o territorio.
O río Lor discorre moi encaixado entre os altos montes.
O Courel é unha zona con clima oceánico e influenza mediterránea. Posúe unha rica vexetación que se escalona en altitude, dende os profundos vales de espesos bosques ata as elevadas cumes, con contrastes entre as zonas de Solleiro e Avesedo.
xun 21, 2018
Cris.jpg
"Os “cabalos” do porto de Vilagarcía de Arousa" por Cristina Asensi8 vistas Os “cabalos” do porto de Vilagarcía de Arousa. 21-01-2018
As grúas da fotografía son infraestruturas de grandes dimensións do porto de Vilagarcía, vistas dende a praia de A Concha. Realizan o traslado da carga entre o peirao e o barco, permitindo que estes traballos se realicen de forma rápida.
O porto de Vilagarcía é fundamental para o desenvolvemento económico da comarca, e é un enclave estratéxico no tráfico marítimo en Galicia. Conta con equipamentos para todo tipo de mercadorías, incluíndo terminal de contedores. Os peiraos do recinto moveron 1.201.760 toneladas de produtos no ano 2017, o que supón un récord nos seus rexistros.
As grúas forman parte da paisaxe e, así como Don Quixote transformou os muíños en xigantes, eu imaxino uns enormes cabalos cabalgando ao lado do mar.
Cristina.
xun 21, 2018
Crespo.jpg
"A ría de Arousa desde O Carril" por Iván Crespo12 vistasRía de Arousa desde O Carril. Novembro 2017

Na imaxe da ría de Arousa dende O Carril, vemos ao fondo as illas Malveiras, que xunto coa de Cortegada, forman parte do Parque Nacional Illas Atlánticas.
A ría posúe unha grande riqueza marisqueira e pesqueira. Pero a vila mariñeira de O Carril, situada na cabeceira da mesma, é coñecida polo cultivo das ameixas. Esta actividade é o verdadeiro motor económico do lugar; practicouse dende hai séculos nos seus areais e dá traballo a máis de 650 familias. Realízase en viveiros ou parques de cultivo, e na imaxe vense as varas que delimitan as parcelas, formando parte da paisaxe de O Carril. As dúas embarcacións da foto son os chamados barcos da draga que extraen area para ampliar os viveiros.

Crespo.
xun 21, 2018
Imaxe.jpg
"O peirao vello do Carril"por Alejandro Maneiro14 vistas O “peirao vello” de O Carril, Vilagarcı́a de Arousa (Pontevedra). 8 xaneiro 2018
Na foto da esquerda vemos o chamado “peirao vello” de O Carril. Foi realizada dende o mesmo lugar que a da dereita, de comenzos do s. XX.
Nestas dúas imaxes vemos a escasa transformación que sufriu O Carril no s.XX, agás o cambio das vellas gamelas e barcos de vela por pequenos barcos a motor e algunas novas edificacións.
O Carril, dedicado ao mar, foi ata o s. XIX un importante porto que entrou en decadencia cando a introdución do vapor levou a un aumento do tamaño dos barcos e fixo insuficientes as súas instalacións a favor do porto de Vilagarcía.
Quizás este declive explique a escasa transformación urbanística que sufriu, mantendo no esencial a súa vella aparencia.
xun 21, 2018
Concurso_AGE_2018_3.jpg
33 vistasxun 15, 2018
Concurso_AGE_2018_4.jpg
36 vistasxun 15, 2018
Concurso_AGE_2018_5.jpg
31 vistasxun 15, 2018
Concurso_AGE_2018_8.jpg
31 vistasxun 15, 2018
Concurso_AGE_2018_9.jpg
25 vistasxun 15, 2018
Concurso_AGE_2018_10.jpg
30 vistasxun 15, 2018
       
11 ficheiros en 1 páxina(s)