IES O Carril

Galería de imaxes

"Os “cabalos” do porto de Vilagarcía de Arousa" por Cristina Asensi
 Os “cabalos” do porto de Vilagarcía de Arousa. 21-01-2018 
As grúas da fotografía son infraestruturas de grandes dimensións do porto de Vilagarcía, vistas dende a praia de A Concha. Realizan o traslado da carga entre o peirao e o barco, permitindo que estes traballos se realicen de forma rápida. 
O porto de Vilagarcía é fundamental para o desenvolvemento económico da comarca, e é un enclave estratéxico no tráfico marítimo en Galicia. Conta con equipamentos para todo tipo de mercadorías, incluíndo terminal de contedores. Os peiraos do recinto moveron 1.201.760 toneladas de produtos no ano 2017, o que supón un récord nos seus rexistros. 
As grúas forman parte da paisaxe e, así como Don Quixote transformou os muíños en xigantes, eu imaxino uns enormes cabalos cabalgando ao lado do mar. 
Cristina.

Ana_Vázquez.jpg Jose_Ponte.JPG Cris.jpg Crespo.jpg Imaxe.jpg Concurso_AGE_2018_3.jpg Concurso_AGE_2018_4.jpg
Puntuar este ficheiro (Aínda non votado)