O alumnado do Ciclo Formativo de Ensinanza de Animación Sociodeportiva están subindo á sua conta de instagram plans de adestramento feitos por eles para facer na casa durante estes días de confinamento.
Comprácenos Informar que xa é definitivo o Premio ás Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2019 ao IES Miguel Ángel Gonxález Estévez do Carril polo proxecto "Marzo sen Fronteiras". Parabéns aos organizadores Conchi Pérez e Luís Garrigós e ao alumnado e profesorado participante. Entrega de premios por Carmen Pomar.
Esta iniciativa serás difundida pola Consellería como
"boas prácticas de inclusión educativa", co fin de promover unha escola que compense as desigualdades, na que se axusten as intervencións educativas e a diversidade do alumnado. En definitiva, unha educación que "garanta o estímulo das capacidades de todo o alumnado e contribúa á creación de contornas e culturas inclusivas".
Celebramos, o dia 11 de MARZO, o evento MARZO SEN FRONTEIRAS como colofón ao traballo feito durante o curso cos alumnos de segundo do ciclo en colaboración cos de primeiro.
Foi no curso 14-15 cando empezamos a nosa andaina neste traballo de INCLUSIÓN a través da actividade física. Un traballo en base a proxectos que cada vez ten mais participantes. Este ano ao alumnado de terceiro e cuarto de Música, ao do Clube de Lectura e algún de Debuxo, o colexio CEE, AMENCER, BATA, o CENTRO OCUPACIONAL SAIAR e a AGRUPACIÓN CON ELES, temos que unir os enfermos de Parkinson (APROPARK) aos que estivemos dando clases todos os mércores perante todo o curso no horario de 11.15 A 12.45. Foi toda unha experiencia con este colectivo!!!
Agradecer a todos os colaboradores dos distintos centros educativos a sua axuda e aos colaboradores externos pois sin eles nada podería saír adiante. Colgamos o cartel deste ano pois é a nosa forma de agradecemento.
Unha xornada moi bonita, emotiva e... sobre todo INCLUSIVA. Ese é o noso obxectivo.
O alumnado do ciclo superior TSEASD tivo unha sesión co alumnado do Centro de Educación Especial de Vilagarcía o 5 de decembro. Este vídeo mostra a actividade que levaron a cabo.
Varios membbos da asociación AMENCER que traballa con persoas que padecen parálise cerebral viñeron ao noso instituto para compartir un tempo de lecer co alumnado do ciclo superior TSEASD o 26 de novembro de 2019.
No marco da colaboración establecida entre o ciclo superior TSEASD e a asociación Con eles houbo un primeiro contacto para preparar as actividades de Marzo sen Fronteiras deste ano. Aquí queda como testemuña este vídeo.