Skip to Content

Francés

BLOGUE DO DEPARTAMENTO

Para acceder fai clic na imaxe ou aquí

 

2º ESO e 3ºESO

                    

 

Fai clic nas  dúas imaxes para descargar nunha o arquivo MP3 e noutra o arquivo de texto

4ºESO: Les tâches ménagères

     

Fai clic nas  dúas imaxes para descargar nunha o arquivo MP3 e noutra o arquivo de texto

INTERCAMBIO CON FRANCIA 2017-18: BRETAÑA

Os nosos carrilexos de intercambio xa chegaron sans e salvos da súa extraordinaria viaxe a Francia. Foi unha aventura colectiva pero tamén moi persoal que quedará marcada na memoria dos e das participantes por moito tempo. O intercambio comezou o día 9 de marzo cando un grupo de 48 alumnos e alumnas do instituto do Carril, do IES Armando Cotarelo Valledor e do IES Fermín Bouza Brey. subiron no autobús. A acollida do collège La Roche aux Fées de Retiers foi magnífica e esperamos estar á altura cando nos toque a nós recibilos.

No programa da viaxe estaba como primeira etapa a visita da duna do Pyla, cerca de Burdeos, e a da cidade de Nantes. Posteriormente, visitaron diferentes lugares emblemáticos de Bretaña relacionados co tema central deste intercambio: o mar e a terra. Entre eles podemos citar o acuario de Le Croisic, unha panadaría e unha granxa ecolóxica, Fagots e froment, o bosque de Brocéliande, berce das lendas artúricas e das fadas Viviana e Morgana e do mago Merlín, unha granxa de ostras en Cancale ou unhas salinas en Guerande. Non podían faltar as visitas do Mont Saint- Michel e de Rennes, capital de Bretaña.

Pero o tempo non deu para máis e unha vez rematada a estadía en Bretaña o grupo viaxou ate París onde tivo a sorte de percorrer diferentes puntos da cidade que son xa símbolos universais. O último día en Francia estivo dedicado a Disney nunha xornada chea de ledicia para todo o grupo. A volta á casa foi vivida con emoción a pesares do cansancio. 

Esta experiencia completa de inmersión lingüística coñecerá a súa continuación no mes de setembro, esta vez en Galicia. 

Se queres ler os comentarios e as impresións do alumnado durante a viaxe podes entrar no blog de francés. Se só queres ver fotos da viaxe abre o album de fotos.

ALBUM DE FOTOS

Tamén podes ter a visión do outro lado visitando o sitio web do collège La Roche aux Fées.

Estes videos cruzados entre os rapaces galegos e bretóns ao día seguinte da despedida dan unha idea bastante boa do clima que se creou entre os participantes.

 

O ALUMNADO DE FRANCÉS CELEBRA A FESTA DA"CHANDELEUR"

Cada 2 de febreiro celébrase a festa da Chandeleur en Francia (a Candelaria en España). Esta festa inicialmente de orixe relixiosa foise volvendo pouco a pouco unha xornada na que as familias se xuntan a facer e comer crêpes.

O alumnado de francés tamén preparou o amoado e probou a elaborar por si mesmo a súa propria crêpe. O arrecendo era incrible e as crêpes estaban deliciosas. Podedes ver aquí o album de fotos.

ALBUM DE FOTOS

CONTACONTOS EN FRANCÉS: "AFRIQUE CONTÉE"

Samuel Mountoumnjou, profesor e mediador intercultural, estivo de xira por Galicia na súa faceta de contacontos por segundo ano consecutivo. E tamén pasou polo noso centro educativo para deleitar ao alumnado de francés coas historias tradicionais africanas que el recibíu dos seus maiores. E por suposto a lingua utilizada foi o francés porque como xa sabemos, esta é a lingua oficial ou lingua de uso en moitos paises do mundo e sobre todo do continente africano.

Estes contos transmiten a sabiduría acumulada de xeración en xeración e que constitúen parte do valioso patrimonio inmaterial do pobo camerunés. Nesta ocasión os temas tratados nos contos foron a ingratitude, a astucia, a confianza en si mesmo ou as consecuencias da mentira. Os protagonistas son ás veces humanos e outras veces animais como crocodilos, avestruces, lebres ou monos. 

Velaí unhas imaxes do alumnado que asistíu ás sesións de contacontos adaptados de 1ºESO a 2º Bacharelato.

 (Para ampliar as imaxes, fai clic nelas)

 

NOVAS DO NOSO ALUMNADO DESDE BRETAÑA

O venres 24 de abril comezou a segunda parte do intercambio entre o Collège Victor Segalen de Châteaugiron e tres institutos de Vilagarcía de Arousa entre os que se conta o Instituto do Carril. O alumnado carrilexo xa recibira aos seus/súas correspondentes no mes de outubro e agora tócalle ir á casa dos seus correspondentes en Bretaña.

Este ano o intercambio está centrado nas artes e todas as visitas que realizaron en Galicia e as que están a facer en Bretaña están orientadas cara esa temática. O intercambio finalizará con dous días en París para descubrir os tesouros desta cidade.

Para poder seguir en detalle as aventuras dos carrilexos na Bretaña podes seguir o blog de francés facendo clic aquí ou nesta imaxe  e poderás ver fotos e ler diariamente o relato que fai o noso alumnado.

Nesta foto está todo o grupo de bretóns e galegos diante da casa do concello de Châteaugiron.

(Preme na imaxe para ampliala)

Asimesmo, o alumnado de intercambio, tanto galego como bretón escribiu unha serie de relatos inspirados na escultura de Francisco Leiro que se atopa na entrada principal do noso instituto. Podedes ler aquí estes relatos que son bastante cuiriosos dada a técnica que utiilizaron para a escrita.

(Para ler o libro preme na imaxe)

VIVE LA CHANDELEUR!

Como xa é habitual nos últimos anos celebramos nas aulas a festa da "Chandeleur", ou sexa a Candelaria. En Francia é unha ocasión perfecta para xuntarse en familia e degustar unhas deliciosas crêpes.

No noso instituto alumnado e profesorado de francés inspírase nestra tradición e armados dos utensilios de cociña necesarios enche aulas e corredores de ricos arrecendos a vainilla e a doces... Esta é unha experiencia culinaria que o  alumnado poderá repetir cantas veces queira na súa propia casa.

Vive la Chandeleur!

 

CONTACONTOS EN FRANCÉS

O noso contacontos, Samuel Mountoumnjou, naceu e criouse no oeste de Camerún, nunha aldea chamada Foumban, onde seguen vivas moitas tradicións e costumes ancestrais. Iniciouse na arte da narración oral sendo aínda adolescente da man dos seus pais e dos seus avós.

Actualmente afincado en España, Samuel , ademáis de narrador oral, é profesor de idiomas e mediador intercultural. A súa experiencia como docente axudoulle a perfeccionar as súas capacidades para a comunicación oral. 

Traballa para colexios, institutos, escolas de idiomas, bibliotecas, librerías, centros socioculturais, ONGs, e calquera outra entidade que o solicite. Participou en semanas interculturais, obradoiros de animación á lectura, festivais de narración oral e outros eventos culturais como o Día do Libro, o Día Internacional da Muller, o Día Mundial da Paz, etc. As súas linguas de traballo son o español e/ou o francés.

Achégase ao noso centro con “África conta”, un conxunto de contos, fábulas, parábolas e historias tradicionais que segundo el mesmo di son “contos para entreter que invitan a pensar”. Son historias cheas de calor e de cores que nos transportan ate as profundidades do continente e transmiten o espírito da África Negra. Para axudarnos a comprendela e a amala. E para axudarnos a comprender e a amar o francés, unha lingua moi viva que nos une.

VER GALERÍA DE FOTOS

CHEGADA DOS BRETÓNS DO INTERCAMBIO 2016-17

Hoxe luns 10 de outubro chegou a Vilagarcía un grupo de alumnos e alumnas do collège Victor Segalen da Bretaña francesa. Este grupo compartirá casa,  familia e experiencias cos seus/coas súas correspondentes e mañá cada un dos tres institutos españois que participan, o IES Miguel Ángel González Estévez, o IES Fermín Bouza Brey e o IES Armando Cotarelo Valledor, fará un acto de benvida. Bretóns e galegos participan nun intercambio lingüístico e cultural que consta de dúas partes: primeiro os bretóns veñen a Vilagarcía e a finais de abril o grupo de galeg@s viaxará a Bretaña. 

Tanto en Galicia como en Bretaña todas as actividades están centradas nun tema que este ano é "As artes". O alumnado fará diferentes visitas didácticas e algún obradoiro que abarcarán dende a arte rupestre ata a arte contemporánea. As actividades desta primeira parte do intercambio rematarán o día 18. A segunda parte do intercambio comezará a finais de marzo en Bretaña e rematará a primeiros de abril en París. Desexámoslle ao alumnado participante que esta sexa unha boa experiencia compartida.

Podedes ver aquí un vídeo de bretóns e galegos de intercambio recitando Adiós ríos, adiós fontes diante da casa de Rosalía de Castro na Matanza, en Padrón:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut