Skip to Content

BENVIDAS/OS AO CURSO 2019-20!

Xornada de presentación:  Luns, 16 de setembro

ESO, Bacharelato e Ciclo Superior

Grupos

Hora

 

ESO e Bacharelato

1ºESO 10:20h
2º ESO
10:30h
3º/4º ESO
10:45h
1º/2º BACHARELATO 11:00h
 
Ciclo superior
 

Acondicionamento Físico

10:30h

TSEASD

11:30h
     

 Importante!

O luns 16 os autobuses comezan a recollida do alumnado ás 10:00h pasando por todas as paradas habituais. A hora de saída dos autobuses do instituto será ás 11:45h.

Novas en Bibliomalveiras

RADIOMALVEIRAS: PROGRAMA Nº5

Programa especial sobre Antón Fraguas polo Día das Letras Galegas 2019 no noso instituto de Carril.

MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA A LINGUA GALEGA

LETRAS GALEGAS 2019 DEDICADAS A ANTÓN FRAGUAS

Co gallo da celebración do día das Letras Galegas, tivo lugar o pasado  7 de maio a representación de Serafín Marcos “Quen ten un mestre etnógrafo?”, sobre a vida e obra de Antón Fraguas Fraguas.

Clic na imaxe para ampliar

Dito acto tivo lugar na Biblioteca do centro, e acudiu o alumnado de 2º ESO, así coma os grupos de reforzo en Lingua de 1º ESO. Serafín, coa súa particular e orixinal representación sobre a figura de Antón Fraguas, fixo as delicias do alumnado, que de seguro non esquencerán o  autor homenaxeado nesta edición do ano 2019.

Galería de fotos

 

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN "30 ANOS DE EVOLUCIÓN DOS MATERIAIS DIDÁCTICOS NO ENSINO MEDIO EN GALICIA"

 Aqui vai un vídeo da Voz de Galicia titulado: O agasallo da profesora

RADIOMALVEIRAS EMITE EN DIRECTO!

No segundo recreo dos venres o equipo de Radiomalveiras abre os seus micros para todas e todos vós. Só tedes que poñer a orella e escoitar as novas, a carteleira, o tempo, felicitacións de cumpreanos, peticións musicais con dedicatoria ou sen ela que salen dos altofalantes do patio e da entrada. Animadevos a participar!

LECTURAS PARA O VERÁN

LECTURAS DOSIFICADAS PARA TODO O MUNDO

AS BOOKTUBERS DO CLUB DE LECTURA "TIRA DA PÁXINA"

As integrantes do club de lectura Tira da páxina acaban de publicar o que esperan sexa o primeiro de moitos vídeos nos que comentarán a súa experiencia de lectura de obras seleccionadas. Nesta ocasión tócalle o turno a Mil soles espléndidos de Khaled Hosseini, autor afgano residente nos Estados Unidos. 

DÍA DA ÁRBORE: COLABORAMOS CO COLECTIVO "COUSA DE RAÍCES"

Polo día da árbore (21 de marzo) o colectivo Cousa de raíces, formado por numerosas asociacións, empresas e agrupacións, empredeu unha iniciativa para celebrar esta data tan especial  dirixida aos centros educativos a todas as persoas que quixeran colaborar. O obxectivo final da mesma era a defensa o monte galego.

A colaboración do noso instituto, o mesmo que a de outros centros e ensino galegos, deu como resultado unha curta que reivindica o valor do noso monte. Un grupo de alumnas e alumnos de ciencias en colaboración co profesorado desa materia foi o encargado de presentar esta proposta visual.

ENCONTRO DE 2º DA ESO CON VARIOS EX-PARLAMENTARIOS GALEGOS

Polo Día da Paz, que se celebra o 30 de xaneiro, catro ex-deputados da nosa comunidade autónoma viñeron ao instituto de Carril para explicar o funcionamento do parlamento de Galicia , institución fundamental do noso sistema democrático. 

Os nosos visitantes de honra, Rosa Oubiña Solla (PP de G), Xulio Pardellas de Blas (PS de G), Francisco Durán Trigo (BNG) e Juan Manuel Fajardo Recouso (Alternativa Galega de Esquerdas), tiveron tamén tempo para responder ás preguntas do alumnado que amosou un gran interese.

A actividade estivo organizada por Bibliomalveiras e mais o profesorado da materia de CC.SS. e de Oratoria para amosar ao alumnado un exemplo de resolución de conflictos mediante o debate e a toma de decisións consensuada sen recurrir nunca á violencia.

Para obter información detallada desta actividade podes visitar o blogue de Bibliomalveiras.

Xulio Pardellas Juan Manuel Fajardo Rosa Oubiña Francisco Durán
Distribuir contido


by Dr. Radut