Skip to Content

Artigos

Ciencias - Sub Categories

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN "30 ANOS DE EVOLUCIÓN DOS MATERIAIS DIDÁCTICOS NO ENSINO MEDIO EN GALICIA"

 Aqui vai un vídeo da Voz de Galicia titulado: O agasallo da profesora

III SEMANA DA CIENCIA: AS ERUPCIÓNS VOLCÁNICAS

No marco das actividades da III Semana da Ciencia, o alumnado de Ciencias de 4ºESO preparou unha presentación con maquetas para explicar como suceden as erupcións volcánicas.

CHARLA SOBRE DOAZÓNS E TRANSPLANTES

Hoxe foi a charla sobre doazón e transplantes para o alumnado do ciclo superior e máis o de Bioloxía e Xeoloxía na asignatura de CUCI.
Cada dous anos, dous traballadores de Montecelo, un mèdico e unha enfermeira,veñen ao noso instituto a explicar cal e a sua función na Oficina de Coordinación de Trasplantes . Esta oficina encargase da detecciòn dos posibles doantes de órganos e de tecidos e das alertas á organizaciòn nacional cando a familia autoriza a extracción. A finalidade é poñer en marcha todos e cada uns dos equipos que interveñen na extracciòn de órganos para que esta se realice no menor tempo e coas menores complicacións posibles. Saber máis sobre doazósn e transplantes.
Como sempre, dende hai anos, a charla foi moi entretenida e motivante. Mayte e  Emilio Arruti , grazas pola vosa contribución para lograr o obxectivo de concienciar a toda a poboación, neste caso ao noso alumnado, deste xesto tan importante para todo o mundo.
VER ALBUM DE FOTOS

DÍA DA ÁRBORE: COLABORAMOS CO COLECTIVO "COUSA DE RAÍCES"

Polo día da árbore (21 de marzo) o colectivo Cousa de raíces, formado por numerosas asociacións, empresas e agrupacións, empredeu unha iniciativa para celebrar esta data tan especial  dirixida aos centros educativos a todas as persoas que quixeran colaborar. O obxectivo final da mesma era a defensa o monte galego.

A colaboración do noso instituto, o mesmo que a de outros centros e ensino galegos, deu como resultado unha curta que reivindica o valor do noso monte. Un grupo de alumnas e alumnos de ciencias en colaboración co profesorado desa materia foi o encargado de presentar esta proposta visual.

EXCURSIÓN AOS ANCARES 2017

Nesta primeira semana de abril un nutrido grupo composto por alumnado de 2º curso do ciclo superior (TSAAFD) e por alumnado de 2º de Bacharelato realizou unha viaxe aos Ancares. O profesorado de ciclo e máis o de bioloxía e de xeoloxía que os acompañou quixo compartir estes momentos con eles e máis cun dos profesores do departamento de bioloxía e de xeoloxía que se xubila este ano: Manuel Chouza.

Esta excursión foi, en palabras do profesorado acompañante, moi proveitosa: unha boa caminata cun tempo espléndido e a sensación de ter aprendido moito de bioloxía e de xeoloxía combinada con moito exercicio físico. O comportamento do alumnado foi excepcionalmente bo.

VER GALERÍA DE FOTOS

ATLANTIS, A CIENCIA DO MITO

Un éxito a Xornada Divulgativa Medioambiental 2017.

Profesorado e alumnado de Bacharelato disfrutaron coa nova proposta do xornalista galego da Costa da Morte Emilio Varela. Por quinta vez ma última década achegouse ata o I.E.S. do Carril para presentarnos o seu último traballo centrado xeograficamente no Mediterráneo.

Conferencia, documental e coloquio encheron máis de tres horas intensas de contidos complexos e completos tentando relacionar todos os aspectos que a propria realidade amosa. Pero é tanta a paixón coa que fala e a enerxía que transmite que o tempo pasou axiña.

Este Atlantis, a ciencia do mito levounos polo Parque Nacional do Vesubio e a traxedia pompeiana ata a xoia xeolóxica da illa de Thera, no Exeo e o Parque Nacional Nea Kameni. Falounos da meirande catástrofe natural vivida polo mundo antigo: a erupción de Santorini. Lembrounos a cidade perdida de Akrotiri e a cultura minóica.

Pero Emilio nunca abandona o seu compromiso de divulgar as desfeitas medioambientais e por iso presentou o mar Mediterráneo como o espazo mariño máis ameazado do Planeta. O seu obxectivo, así como o do Departamento de Bioloxía nestes trinta anos é formar un alumnado crítico e convencido da necesidade de conservar o Planeta como o que é, a casa de todos os seres vivos e por tanto tamén nosa. Con este empeño traballou sempre o profesor Manuel Chouza, ao que lle dedicamos esta xornada como agasallo pola súa próxima xubilación.

Un coloquio e unha foto de grupo remataron este acto nunha mañá moi proveitosa do 24 de xaneiro de 2017.

CAMPAÑA DE DIVULGACIÓN DE DOAZÓN E TRANSPLANTE DE ÓRGANOS

Nas horas centrais da mañá do día 8 de novembro un médico e unha enfermeira da Oficina de Coordinación de Transplantes do SERGAS viñeron ao noso centro. Esta charla para o alumnado de Bacharelato promove a doazón de órganos e tecidos que tantas vidas ten salvado e poderá salvar no futuro.

O alumnado do ciclo superior tivo unha sesión organizada especificamente para eles polo departamento de Educación Física tanto polo interese que teñen para este colectivo todos os temas relacionados coa saúde como pola necesidade de espertar a súa solidariedade e salvar vidas.

Podedes acceder á edición electrónica de A vida o mellor agasallo. Preguntas arredor da doazón e do trasplante facendo clic neste título ou na portada do libro que está aquí abaixo. Trátase dun libro de preguntas e respostas que tenta resolver as dúbidas máis frecuentes sobre a doazón de órganos e tecidos editado en galego e en castelán pola Consellería de Sanidade e pola Oficina de Coordinación de Transplantes.

EXCURSIÓN Á CORUÑA DA SEMANA DA CIENCIA

(Fai clic aquí para ampliar a imaxe)

O alumnado participante na  I Semana da Ciencia puido disfrutar dunha excursión á Coruña. O percorrido consistíu na visita dos tres principais museos científicos da cidade:

        

Ademais tamén disfrutaron da fermosa paisaxe da costa desde a torre de Hércules. Velaí  vos quedan unhas imaxes do grupo e da paisaxe.

VER GALERÍA DE FOTOS

Proxecto Ríos I

Presentacións.

Proxecto Ríos II

 

 

     

 

 

A MINERÍA DO OURO EN GALICIA

O venres día 5 de abril levouse a cabo na Biblioteca do instituto una actividade de Educación Ambiental coa participación de todo o alumnado de 1ºBacharelato, 3º e 4º de diversificación e o alumnado de Ciencias da Terra de 2º Bacharelato.

Estes aproximadamente 90 alumnas e alumnos foron conducidos polo xornalista Emilio Varela para descubrir o pasado, presente e futuro da extracción de ouro no mundo, e en Galicia en particular, facendo fincapé nas graves consecuencias medioambIentais da contaminación e os efectos sobre a saúde humana e os seres vivos da contorna deste tipo de actividade, concretamente das Explotacións de OURO en MINAS A CEO ABERTO, coñecida mundialmente como “MEGAMINERÍA”.

      

Emilio Varela é un xornalista dedicado á divulgación e á conservación do medio natural, que en varias ocasións pasou polo noso instituto tratando diversos temas como o do vulcanismo o pasado ano.

Sempre se vale de extraordinarias imaxes tomadas por el  in situ e comentadas con moito entusiasmo e sentimento, tentando que o alumnado se concentre, entre no tema e se interese por el.

O ouro está de actualidade en Galicia por estar a piques de aprobarse un plan de explotación a ceo aberto deste mineral na chamada MINA DE CORCOESTO en CABANA DE BERGANTIÑOS, na Costa da Morte, e pola existencia de proxectos similares de explotación de ouro noutros puntos da nosa xeografía.

A actividade rematou cun coloquio onde se fixeron preguntas e comentarios diversos e conferenciante e asistentes deixaron as súas dúbidas sobre a mesa .

En definitiva, tratouse ao longo da mañá ( de 10h00 a 14h30) de comprender unha problemática concreta, a do ouro, de espertar a conciencia crítica do alumnado plasmada nun problema local galego e de facer unha sesión de educación ambiental que resultou moi intensa e interesante, incluso emotiva pois Emilio é de Cabana, por achegarnos non só o aspecto científico do tema, senón tamén o social e as repercusións nas localidades próximas á mina con mobilizacións de parte da poboación debido á preocupación creada.

Unha vez máis púxose sobre a mesa a diabólica dualidade economía-ecoloxía , elementos que poucas veces son compatibles pero que en todo caso debemos tentar equilibrar para que o desenvolvemento económico non sostible remate con boa parte do planeta e da súa calidade de vida, que en definitiva é a nosa propia.



by Dr. Radut