Skip to Content

Artigos

Metodo de Gauss

Presentación e teoría do método de Gauss

Notas do exame de recuperación

Descarga o documento pulsando aquí

Tamén podes pulsar no enlace que aparece na parte inferior desta entrada.

Sorte

Traballo Nadal 4º ESO B

No arquivo adxunto podes atopar os exercicios que debes facer.

En cada exercicio aparece a resposta correcta ou parte dela para que podas comprobar se o tes ben feito.  Loxicamente, en caso de telo mal debes correxilo.

Como sempre, se tes dúbidas, podes poñerte en contacto en fmrmayo@gmail.com.

Para descargar os exercicios, pulsa aquí


Traballo de Nadal para 4º ESO A

Debes contestar ás diferentes preguntas do documento adxunto.

Nas preguntas de ecuacións aparece a resposta para que che sirva de referencia.

Como sempre, se tes algunha dúbida, podes poñerte en contacto no correo fmrmayo@gmail.com

Lembra que o primeiro día de clase debes ter o traballo enviado por correo electrónico ou entregalo ese día.  Noutro caso debes facer un exame de recuperación do mesmo. 

Para descargar o documento, pulsa aquí

 


O traballo "Salva un Matemático del olvido", poderás entregalo despois das vacacións.  Se queres empezar a facelo debes ter en conta o seguinte guión:

  • Situar ao matemático ou matemática no seu tempo:
    • ¿Onde e cando naceu?
    • ¿Que sucedía no Mundo nesa época?
    • ¿E en España?
    • ¿E en Galicia?
  •  ¿Cales foron as súas aportacións ás Matemáticas? Tes que procurar explicalas de xeito que calquera poda entender cales foron.

Por agora, están collidos:  Euclides e Arquímedes.

Preguntas para o exame de Xeometría

No documento adxunto atoparedes as preguntas que correspondentes á parte de teoría do exame de recuperación de Xeometría.

Só faremos un exame con dúas partes:

  1. Parte de teoría: tres preguntas elixidas entre as que figuran no documento adxunto. A resposta de cada unha non poderá superar as 5 liñas de texto.  Lembrade que só poderá ser texto, sen fórmulas nin signos matemáticos.
  2. Parte práctica:  tres ou catro preguntas similares ás que entraron no exame anterior.


Sorte e lembrade que, se tendes calquera dúbida, preguntar é o camiño máis axeitado para atopar a resposta.

Material para métodos

No arquivo adxunto podes atopar datos da temperatura mundial do IPCC e da concentración de CO2.

No traballo debes contestar as seguintes preguntas:

1.- ¿Está aumentando a temperatura mundial? ¿Faino lineal ou exponencialmente?

2.- No caso de estar efectivamente aumentando a temperatura, ¿cando foi maior o aumento? ¿nas primeiras décadas do século pasado ou nas últimas?

4.- ¿Está aumentandoa concentración de CO2 na atrmósfera?¿Faino lineal ou exponencialmente?

5.- No caso de estar efectivamente aumentando a concentración de CO2, ¿cando foi maior o aumento? ¿nas primeiras décadas do século pasado ou nas últimas?

6.- ¿É lóxico afirmar, con eses datos, que o aumento da temperatura ten relación coa concentración de CO2?

Traballo Matemáticas II CCN e S para vacacións

No documento adxunto atoparás un listado cos exercicios que entrarán no próximo control á volta de vacacións.

En realidade, só necesitas coñecer as definicións e propiedades das operacións con vectores, o mesmo que entrou no exame anterior.

Pulsa aquí para descargar o documento.

Boas festas!! Rindo



by Dr. Radut