Skip to Content

Artigos

"VELLEZ",Carlos Casares

Vellez

Escoito na radio unha alborotada e caótica tertulia sobre a vellez e o seu significado. Durante máis de media hora, un grupo bastante numeroso de homes e mulleres a quen o locutor presenta como persoas expertas e intelixentes din cousas máis ou menos atinadas, aínda que ningunha acerta a enfiar un pensamento ou unha frase que emocionen ou convenzan. Quédome coa observación dun amigo que asegura que un empeza a ser vello cando de pronto se decata de que os futbolistas e os soldados son rapaciños novos.

Podo traer aquí unha frase de Miguel Torga, o grande escritor portugués, hoxe un ancián enfermo, pero erguido e solitario como un lobo na súa casa de Coímbra. Un día, perdido entre a multitude entusiasmada dun primeiro de maio en liberdade, despois da caída da ditadura, Torga sentiu lágrimas nos ollos e dixo que a vellez era aquilo: ou chorar sen motivo ou ter os ollos secos de tanto chorar.

Aínda podería citar tamén a don Ramón Carande, aquela marabilla humana que morreu apagado cando se ía achegando o privilexio do século. Falando cunha amiga miña na súa casa de Sevilla, díxolle que un día descubrira que xa escoitaba mal: despois decatouse de que lle faltaba a vista; máis tarde empezou a sentir que andaba con dificultades. Pensou que aquilo era a vellez e así estivo, convencido de que xa estaba nesa etapa da vida, durante varios anos. Finalmente, un día aprendeu que a vellez só chega cando se perde a curiosidade.

.

 

TEMA 10: “A poesía de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Poetas e tendencias actuais máis relevantes"

No ámbito cultural e literario, destacar o Estatuto de Autonomía (1980) e a Lei de Normaliz. Lingüística (1983) xunto coa incorporación do galego ao ensino, crean unha situación favorable ao idioma galego. Promoción e consumo de obras en galego (certames e premios literarios). Nacen moitas editoriais (Xerais, Sotelo Blanco, Ir Indo, A Nosa Terra,...), aumentan os títulos e edicións; revistas literarias , etc. A POESÍA NA DÉCADA DOS 80: A auténtica renovación ten lugar a partir de 1976, coa aparición de "Con pólvora e magnolias" de Méndez Ferrín. Sen facer poesía evasionista, Ferrín reivindica unha poesía afastada do popularismo. No estilo, os poetas coidan de xeito especial o emprego da lingua; intención de atopar a dimensión estética do idioma. Respecto ós temas, xunto co amor, a morte ou a reivindicación social, aparecen agora o erotismo, feminismo, a música de vangarda ou unha nova visión cósmica da paisaxe e da natureza. Gusto especial polo culturalismo (referencias a outras artes e culturas); tamén o experimentalismo, europeísmo e cosmopolitismo. A comezos dos 80, a explosión da poesía galega consolídase con novos grupos (AELG), de encontros (premios, festas poéticas), novas revistas (Nordés, Dorna, Festa da Palabra Silenciada). Cidades coma Santiago, Vigo e A Coruña son o hábitat do poeta actual, con presenza de novas formas de expresión (pop-art, música rock, a radio, o collage, etc.) Características dos poetas: Nos anos 1977-78 aparecen os grupos poéticos "Cravo fondo", "Alén" e "Rompente"con novas propostas creativas (lírica intimista, mundo urbano, preocupacións lingüísticas, "collage " vangardista). De Cravo Fondo arrinca unha poesía amorosa, chea de lirismo e versificación clásica (Claudio Rodríguez Fer, Rábade Paredes, Alvarez Cáccamo, Manuel Forcadela e Ramiro Fonte). Claudio Rodríguez Fer aporta unha concepción erótico-amorosa da poesía (“Historia da lúa”) e integra o mundo dos filmes nunha homenaxe a unha época (“Cinepoemas”). Ramiro Fonte busca a poesía esencial, sen adornos, e gusta dos símbolos da nosa tradición literaria (o mar, a viaxe). Eixos temáticos da morte, a infancia, o tempo que pasa (“As cidades da nada”). Pilar Pallarés alterna o ton intimista coa visión social e reivindicativa (“Entre lusco e fusco”). O grupo Alén foi precursor das preocupacións lingüísticas que levarán á asimilación da poesía portuguesa actual (Salinas Portugal, X.Ramón Pena). O grupo Rompente provocará unha forte reacción entre a crítica e o público; asimilación do mundo urbano, expresada do xeito máis atrevido, violento e incómodo vangardismo. Na forma renovaron o deseño do libro (collage, cómic) potenciando a relación coa música, a pintura ou o vídeo, (Antón Reixa, Alberto Avendaño, Alfonso Pexegueiro,...). Destacar entre a súa obra, “O silabario da turbina”. Outros poetas do momento son: Manuel Vilanova, Darío Xohán Cabana, Víctor Vaqueiro, Manuel Rivas, Helena Villar, Rodríguez Baixeras, Miguel Anxo Fernán-Vello, Eusebio Lorenzo Baleirón, Lois Pereiro, Paulino Vázquez,... A POESÍA NA DÉCADA DOS 90: Aparición de novos premios literarios (Espiral Maior, Martín Códax), coleccións de poesía (Espiral Maior) e recuperación de recitais poéticos (Batallón Literario da Costa da Morte). Fronte a Vigo e A Coruña (anos 80) agora Compostela acada o protagonismo. Destacada creación poética feminina e alto nivel de competencia lingüística e formación literaria en galego. Preferencia por unha expresión poética máis directa, menos culturalista; ton coloquial, emprego do cotián e certa volta á temática social dirixida ao ecoloxismo, pacifismo, feminismo... Poética feminina-feminista: Chus Pato, Ana Romaní, Xela Arias, Marta Dacosta, Iolanda Castaño e Olga Novo. Poética do cotián: Fran Alonso, Enma Couceiro, Estevo Creus e María do Cebreiro. Poética experimental: enfrontamento tradicional-moderno; lingua coloquial-culta. Antón Reixa. Poética do coñecemento: elaboración formal e seriedade nos temas. Recurso ás formas clásicas e culturalismo: Miro Villar, Martín Veiga, Arturo Casas, Rosa Enríquez.

TEMA 9: “O teatro galego entre 1936 e 1976: Xeración dos 50 e Grupo de Ribadavia” (2º Bacharelato)

  Teatro no exilio: O teatro sufriu máis que ningún outro xénero a censura e represión franquistas durante a posguerra. Nos primeiros tempos tivo que refuxiarse na emigración. Manuel Varela Buxán: emigrante na Arxentina, onde se formou de xeito autodidacta. Volta a Galicia e publícanse tres tomos do seu teatro: O ferreiro de Santán;Taberna sen dono; A xusticia dun muiñeiro e O cego de Fornelos. O teatro de Varela Buxán é directo, popular, de liña cómica e sentimental e encadrado nun ambiente rural. Teatro do Seminario: Preocúpanse especialmente polos estudios sobre teatro e as manifestacións parateatrais. Importante labor na recuperación dos clásicos. Algúns dos seus representantes publicarán despois da Guerra Civil (Cunqueiro, Fole, Carballo Calero, Mariñas del Valle). Armando Cotarelo Valledor: moitas das pezas por el compostas foron representadas por universitarios composteláns.Trebón e Lubicán son dramas rurais; Beiramar, de ambiente mariñeiro. Hostia (1926) é un drama que trata da execución de Prisciliano. É o primeiro autor que concibe o teatro como un espectáculo, inaugurando o teatro galego contemporáneo. Teatro de posguerra: Entre os anos 1950-70 aparece en Galicia un teatro para ler (A. Cunqueiro, Carballo Calero, Bernardino Graña, X.L.Franco Grande...) máis orientado neste sentido que cara a súa representación, debido sobre todo á carencia dunha infraestrutura teatral, e que pretende sintonizar co teatro europeo. Eduardo Blanco Amor inicia o labor teatral en B.Aires, fundando a compañía Teatro Popular Galego. Farsas para títeres, con influencias do expresionismo europeo. Teatro para a xente, no que predomina a vertente popular. Álvaro Cunqueiro: O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca, obra máis importante, onde recrea a obra de Shakespeare. Teatro moi literaturizado de rica prosa. En parte deste teatro está presente o existencialismo (Carballo Calero, A farsa das zocas; Xenaro Mariñas del Valle: A revolta) e a influencia dos autores franceses (Isaac Díaz Pardo: Midas ; Arcadio López Casanova: Orestes). Teatro dos anos 60 e 70: Fonda preocupación socio-política; o texto teatral é un instrumento de loita.Temas moi diversos, desde o histórico ata o drama psicolóxico. Destacan Xohana Torres (A outra banda do Iberr), cunha grande habilidade na creación de tipos psicolóxicos e de situacións; Manuel María (Barriga verde), elaboración culta dun tema popular; Daniel Cortezón, que trata personaxes ou ciclos históricos (Prisciliano); Bernardino Graña (20 mil pesos crime), drama rural con técnicas do cine policíaco ou Xosé Agrelo (O mestre), obra de forte denuncia social. Nesta etapa as representacións revestiron a forma de Teatro de Cámara e comezan a ser traducidas ó galego obras importantes do teatro clásico e contemporáneo. A partir dos anos 60, e dentro do contexto de loita contra a ditadura, aparecerán grupos teatrais independentes ligados a asociacións culturais. Instauración de premios (Abrente, O Facho) e certames (Mostras de Ribadavia), onde se dan a coñecer novos autores e directores (Manuel Lourenzo, Euloxio Ruibal, Roberto Vidal Bolaño, Daniel Cortezón). Creación da Escola Dramática Galega e consolidación de publicacións como os Cadernos da Escola Dramática e realización de estudos sistemáticos sobre o xénero (Francisco Pillado, Manuel Lourenzo). Abundancia de traducións: Giraudoux, Eliot, Molière, Camus (existencialista), Beckett (teatro do absurdo), Bertol Brecht (teatro épico)... Manuel Lourenzo: autor prolífico que aborda a liña clásica ou mítica (Electra), a histórica (Xoana) ou a actual (O avión paranoico). Roberto Vidal Bolaño: incorpora temas, técnicas e personaxes do drama popular, xunto cunha visión crítica e irónica da realidade (Laudamuco, señor de ningures). Consolidación teatral con Saxo tenor. Miguel Anxo Fernán-Vello: forma chea de lirismo e temas sobre o amor, a soidade ou a loucura (A casa dos afogados). A principios dos anos 70 aparece en escena o teatro independente (ideolóxico, en loita contra o teatro burgués): O Facho e Teatro Circo (A Coruña), Teatro Popular Galego e Teatro Popular Keizán (Vigo), Auriense (Ourense). Finalmente, na segunda metade dos 70, aparece o teatro de rúa, didáctico, co grupo Pepa a Loba e Antroido, Troula e A farándula.

TEMA 8: "A NOVA NARRATIVA GALEGA “. (2º Bacharelato)

  O experimentalismo: a Nova Narrativa. En 1960 aparece unha nova xeración de escritores con formación universitaria que integrarán o que se deu en chamar Nova Narrativa. Dinamizan a linguaxe e ensaian unha renovación técnica, enchendo de simbolismo a narración. Teñen influencias de James Joyce, F.Kafka, William Faulkner e do obxectalismo do nouveau roman francés. Innovacións e características: Maior incidencia sobre mundos urbanos. Eliminación do heroe problemático. Uso do contrapunto espacial e temporal. Incorporación da psicanálise coa indagación no subconsciente. Técnica do "ollo cinematográfico" na perspectiva do "Nouveau Roman". Uso do monólogo interior. Creación de mundos absurdos e angustiosos. Tratamento simbólico de temas socio-políticos e individuais. Chámase así a un conxunto de textos, vinculados a un grupo de autores, que se publican en Galicia entre 1954 e 1980. X.L.Méndez Ferrín, Gonzalo R.Mourullo, Camilo Suárez Llanos, Mª Xosé Queizán ou Carlos Casares inician estas novas técnicas. A 1ª obra considérase, Nasce un árbore,(1954) de Gonzalo Rodríguez Mourullo (tres relatos simbólicos sobre a terra, a adolescencia ou a emigración); “Memorias de Tains”, libro epistolar con sete cartas encontradas en Tains, vila fantasmal na que habita un home angustiado, e a última, Cara a Times Square, (1980) de Camilo González Suárez-Llanos... Visión moderna de Galicia, fundamentalmente vinculada ó mundo urbano. Literatura moi intelectual, difícil de asimilar por un lector escasamente cultivado. Buscaron o seu influxo no estranxeiro, en especial Francia. CARLOS CASARES (1941-2002) Nace en Ourense. Profesor de Literatura no Instituto de Cangas. En 1977 é elexido membro da Academia Galega. En 1982 consegue acta de deputado como independente no primeiro parlamento galego. Traductor e autor de numerosos estudios literarios. Director da Editorial Galaxia e da revista Grial. Falece repentinamente no 2002. OBRA: A crítica distingue dous ciclos narrativos: o primeiro e máis vangardista e innovador, que comeza en Vento ferido e remata en Xoguetes para un tempo prohibido, está centrado na recreación da súa biografía e centrado no espacio da posguerra. O segundo ciclo, máis realista, iníciase con Os escuros soños de Clío e chega ata Os mortos daquel verán. Vento ferido (1967). Conxunto de doce relatos, narrados por distintos personaxes coa técnica do monólogo interior. Frustracións dos personaxes e procedemento autobiográfico. Presididos pola violencia e o alcohol, o amor frustrado, os lugares fechados, o fatalismo ou a soidade e os protagonistas adolescentes. Xoguetes para un tempo prohibido (1975) narra en forma de flash-back a peripecia vital e as experiencias amorosas do protagonista, Elías, dende a súa infancia e adolescencia ata a súa mocidade e madurez cando morre nun hospital. Crónica de posguerra coa crise da adolescencia. Dirixida en forma coloquial ó mesmo protagonista, como 2ª persoa.. Texto parcialmente autobiográfico e baseado en experiencias persoais. Os escuros soños de Clío (1979) é un conxunto de 12 relatos breves baseados en textos apócrifos (non auténticos), de imprecisa localización cun fondo da historia galega do último milenio (s.X-XX), moi lúdicos e cheos de ironía e humor. Ilustrísima (1980) é a terceira novela. Centrada nas preocupacións e a xenreira dun bispo dunha diócese galega, nos primeiros anos do s.XX, contra a intolerancia da curia catedralicia, escandalizada pola aparición na vila do primeiro cinematógrafo. Os mortos daquel verán (1987) conta as circunstancias que rodean a morte dun boticario, Ernesto Vilariño Dacal, no comezo da Guerra Civil, asistindo a un contraste entre a versión oficial -morte accidental- e a de testemuñas -o boticario sería paseado- que propician a aparición duns informes dun funcionario. Volta ó tema histórico, centrándose na Guerra Civil. Técnica novidosa, facendo a novela a base dos informes técnicos do instructor do caso. Estilo marcado polo dominio da forma breve, linguaxe clara e ritmo áxil na prosa. XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN . Nace en Ourense no ano 1938. A experiencia ourensá acadará tamén importante reflexo na súa literatura. Nos anos 50 continúa estudos de Filosofía e Letras en Madrid, onde entra en contacto con mozos universitarios galegos, cos que funda o Grupo Brais Pinto. En 1958 comeza a súa andaina como narrador co libro de relatos Percival e outras historias, ó que seguen en 1961 O crepúsculo e as formigas nas que aparece o existencialismo e a preocupación vangardista; en 1964, a novela Arrabaldo do norte, mostra dunha opción estética que conecta co nouveau roman francés e que se insire no conxunto de propostas renovadoras da narrativa galega dos 60. En 1964 colabora na fundación da Unión do Pobo Galego (UPG), movemento nacionalista e marxista. O compromiso nacionalista radical constitúe un eixe vital básico e unha preocupación manifesta na súa obra. Así se reflicte, por exemplo, na novela curta Retorno a Tagen Ata, do ano 1971. En 1982 ve a luz outro libro de relatos, Amor de Artur, onde Méndez Ferrín se consagra como un dos grandes mestres do xénero. Dúas novelas ven a luz nos anos 1985 e 1987: Arnoia, Arnoia e Bretaña Esmeraldina (Premio da Crítica) que recolle as súas experiencias no cárcere. E en 1991, o libro de relatos Arraianos (Premio Nacional da Crítica Española ". A súa última novela é No ventre do silencio, onde recolle as vivencias de estudante en Compostela. A súa obra abrangue a poesía, o relato curto, a novela, a crítica literaria e o teatro. A unidade de toda a súa obra vén dada polo seguimento dunha liña culturalista, universalista e nacionalista. A súa persoal forma de escribir está cargada de símbolos e temas que se repiten. Así, motivos como a opresión e a liberación; a fugacidade do tempo e a nostalxia; o desamor e o amor ou a soidade e a solidariedade.

TEMA 7: "A PROSA ENTRE 1936 E 1976: OS RENOVADORES (FOLE, BLANCO AMOR, CUNQUEIRO E NEIRA VILAS)”. (2º Bacharelato)

  Progresivo emprego do galego como lingua exclusiva de creación. Consolidación de coleccións e editoriais. A recuperación do idioma motiva o aumento dos lectores, especialmente coa introdución do galego no ensino universitario. Predominio do conto e o relato.Coñecemento da literatura europea do momento. LIÑAS NARRATIVAS. PERIODIZACIÓN: A narrativa tamén sofre o silencio de posguerra, dende 1936 ata 1951, ano en que aparece A xente da Barreira, de Ricardo Carballo Calero. As obras que tiveron maior resonancia na narrativa de posguerra foron as de Álvaro Cunqueiro e Eduardo Blanco Amor. O relato culturalista: Cunqueiro, logo das súas achegas á poesía nos anos anteriores á guerra civil, iniciará unha importante etapa na narrativa coa publicación de Merlín e familia (1955). Fabulador dun mundo máxico ateigado de mitos e cunha visión irónica e tenra de tipos extraídos do mundo rural galego. O relato urbano: Blanco Amor maniféstase como narrador en 1959, ano en que publica A esmorga en Buenos Aires. Lembranzas do vello Ourense da infancia e mocidade, os protagonistas marxinados e os ambientes famentos. O urbano desde unha perspectiva realista (épica urbana). O relato rural: tamén nos 50 aparece Ánxel Fole con Á lus do candil (1952). A obra de Fole parte da tradición oral galega, recreándoa, dándolle unha dimensión misteriosa e á par realista, profundamente imaxinativa. Neira Vilas, se ben coincide cronoloxicamente coa N.N.G., Memorias dun neno labrego é de 1961- presenta características propias. É a obra dun autor autodidacta, evocativa e encadrada no realismo crítico, que con simplicidade técnica e linguaxe directa consegue un grande impacto popular. O experimentalismo: a Nova Narrativa. En 1960 aparece unha nova xeración de escritores con formación universitaria que integrarán o que se deu en chamar Nova Narrativa. Dinamizan a linguaxe e ensaian unha renovación técnica, enchendo de simbolismo a narración. Teñen influencias de James Joyce, F.Kafka, William Faulkner e do nouveau roman francés. Innovacións e características: Maior incidencia sobre mundos urbanos. Eliminación do heroe problemático. Uso do contrapunto espacial e temporal. Incorporación da psicanálise. Técnica do "ollo cinematográfico" na perspectiva do "Nouveau Roman". Uso do monólogo interior. Creación de mundos absurdos e angustiosos. Tratamento simbólico de temas socio-políticos e individuais. Relato histórico: obra de carácter realista, tratando a historia inmediata como tema (a guerra civil, conflitos sociais): Fernández Ferreiro. TEMÁTICA E TÉCNICAS: A marxinación de sectores sociais, a toma de conciencia colectiva, a emigración, opresión-explotación, a angustia existencial e a problemática psicolóxica individual, o desarraigo e o estrañamento no mundo urbano, a crise do mundo rural, o parapsicolóxico, o fabuloso e o exótico, o onírico, a violencia do mundo infantil, a problemática do feminino,... Grande importancia das técnicas do relato oral xunto coa incorporación e asimilación das técnicas do relato contemporáneo. A escritura simbólica e a creación de novos mitos,... ÁLVARO CUNQUEIRO (1911-1981). Nace en Mondoñedo, que vai ser o espazo dunha infancia feliz e rica en experiencias, tantas veces evocada polo escritor. Matricúlase na Facultade de Filosofía e Letras de Santiago, mais a vida académica nunca o motivou moito. Asistencia ás tertulias nas que conversaban homes coma Maside, Luís Seoane, Anxel Fole, Carballo Calero, etc. Participou en numerosos actos culturais e colaborou en revistas coma Resol, Nós, Yunque, e Papel de Color. De grande importancia é a aparición no ano 1955, na editorial Galaxia, da súa primeira obra narrativa, Merlín e familia. Neste libro trata, cunha enorme orixinalidade, a materia de Bretaña, e en concreto os personaxes de Merlín e dona Xenebra, privándoos da aureola mítica e facéndoos cotiáns. Insíreos nun contexto xeográfico galego (a terra de Miranda, Lugo) e as súas anécdotas son lembradas por Felipe de Amancia, paxe de don Merlín, que lle dá ó relato unidade estrutural, nunha perfecta mestura de realidade e invención. En 1956 aparecen As crónicas do sochantre, cunha estrutura semellante á do Merlín. Nesta ocasión, o espazo xeográfico é a Bretaña francesa. O libro relata en 3ª persoa a historia do sochantre de Pointivy, que vai nunha carroza a tocar o bombardino ós funerais dun nobre. Na carroza encóntrase cun grupo de personaxes de ultratumba que lle contan ó músico as súas pasadas vidas. De 1961 é Se o vello Sinbad volvese ás illas. Trátase dunha novela de personaxe, onde o mítico navegante das lendas das Mil e unha noites, retirado, na súa vellez, conta nas tertulias as súas prodixiosas aventuras. Sospeitando que non lle cren, decide volver ó mar; pero ó final debe resignarse ó retiro definitivo, vencido pola realidade. En 1960 apareceu a primeira das obras da triloxía de relatos galegos, Escola de menciñeiros. Xente de aquí e de acolá aparece en 1971, e Os outros feirantes en 1979. Son tres libros de contos cunha estrutura formal e temática unitaria (o narrador, o espazo, mestura de realidade e fantasía e interferencias entre popular e literario). Grande relación, dende o punto de vista da técnica literaria, cos relatos de transmisión oral. Morre en 1981, facendo verdade o epitafio do seu sartego: aquí xaz un home que coa súa obra fixo que a lingua galega durara mil primaveras máis. O estilo literario. Prosa coidadosamente elaborada, pero presentada como inxenuamente espontánea. Riqueza imaxinativa e gusto polo fantástico. O ton lírico e o humor, sempre presentes, caracterizan a súa prosa. Estilo oral, propio do conto popular. EDUARDO BLANCO AMOR. Naceu en Ourense en 1897. A súa infancia e adolescencia transcorrerán nesa cidade, que se converterá máis tarde na Auria das súas novelas. Antes de partir para Arxentina en 1919, participará no labor do núcleo galeguista ourensán. Relaciónase, de contado, cos ambientes culturais e literarios da Casa de Galicia e manterá estreitas relacións con literatos da talla de Borges ou Ernesto Sábato, que influirán na súa formación literaria. Publica nos xornais da emigración e comeza a colaborar no xornal arxentino La Nación. Pérdese a guerra e Blanco Amor encárgase da dura tarefa de seguir alentando o movemento republicano e galeguista dos emigrantes. En 1959 aparece A Esmorga, en Buenos Aires, escrita enteiramente en galego. Obra crúa, dura e cunha linguaxe forte, directa. A obra iníciase cunha "Documentación" onde o "autor" explica en 1ª persoa, como chegou a obte-la información do relatado, os sucesos que ocorren durante un día de esmorga e borracheira dos tres personaxes principais, o Castizo, o Bocas e o Milhomes, e o seu tráxico remate. Declaracións feitas por Cibrán diante dun representante da Xustiza, do que non aparecen as intervencións. Os protagonistas móvense en diferentes escenarios da cidade de Auria, mesturando accións secundarias e múltiples personaxes. Presencia obsesionante da chuvia que actúa coma o fado da traxedia clásica. Remata coa intervención do autor, deixando na dúbida ó lector sobre a morte de Cibrán (¿suicidio ou tortura?). Lingua popular, estragada, acorde coa condición social dos personaxes. Violencia e crudeza de moitas accións, en contraste coa tenrura e sensibilidade doutras. En 1962, de volta en Ourense, escribe e publica Os biosbardos, obra que contén sete contos, todos eles postos en boca dun narrador infantil ou adolescente. Tódalas historias ocorren no Ourense dos seus anos mozos e os personaxes pertencen ás clases populares desta cidade. Sen embargo, a visión de Blanco Amor encol do mundo infantil está moi lonxe do tópico do neno anxelical. Son personaxes cheos de problemas, que afrontan a vida cunha curiosa madurez. Escribe e publica en 1972, Xente ao lonxe, a súa segunda novela en galego, con grande éxito de público e crítica. Obra monologada con interferencias doutros narradores, onde un neno, logo mozo, fala en 1ª persoa. O monólogo do Suso é interrumpido de cando en vez por diálogos ou narracións, ou cartas en que toman a palabra outros personaxes ou o propio autor.. A presentación en toda a súa crudeza das situacións de miseria moral e física, sen pararse en finuras na reproducción da fala popular, amósanolo coma un adepto do naturalismo. Numerosas historias secundarias aparecen mesturadas na narración, reflectindo ambientes populares, da pequena burguesía, do clero -obxecto de sátira e ridiculización- e dos baixos fondos. Personaxe colectivo en que o pobo de Ourense e, en concreto, as súas clases traballadoras aparecen organizadas loitando contra o caciquismo, en defensa dunha escola laica. ANXEL FOLE (1903-1986). Nacera en Lugo e a súa vida sempre discorreu parella a esta cidade. Entra no Partido Galeguista e funda e dirixe a revista Yunque. Despois da guerra, en 1941, vaise ás terras orientais de Lugo, O Courel, e do contacto coa terra e as xentes vai nacer a materia narrativa dos seus mellores libros. O tema principal dos contos de Fole é Galicia, vista dende dúas perspectivas: a material e a inmaterial. Na primeira amósanos as terras afastadas da montaña luguesa, as súas xentes, os costumes, a vivenda,... Pero, hai outra realidade definida pola maxia, as vivencias parapsicolóxicas, as supersticións, os medos e as crenzas míticas que el describe coma ninguén, sempre co trazo humorístico de fondo e as técnicas do conto contado, daqueles inesquecibles contos que as nosas xentes contaban ó redor da lareira, especialmente nas noites de inverno. Outro trazo dos seus contos é o galego recollido directamente da fala popular da Galicia oriental, cos seus dialectalismos, vulgarismos e arcaísmos.Cultivou exclusivamente o conto: Á lus do candil (1953), Terra brava (1955), Contos da néboa (1973) e Historias que ninguén cre (1981. Características súas son: narración directa sen digresións, emprego de fórmulas introdutorias espazo-temporais, constante presenza dos contos, tal e como ocorre arredor da lareira. O home galego en convivencia coas premonicións, aparicións, misterios e crenzas máxico-míticas. XOSÉ NEIRA VILAS. Destaca tamén nos 60, un home da emigración,de formación autodidacta. Nas súas obras hai unha presenza constante do mundo rural galego de posguerra. Temática da emigración, o caciquismo e a explotación das clases populares. Escribe Memorias dun neno labrego (1961), Cartas a Lelo (1971) e Aqueles anos do Moncho (1977), novelas de protagonista infantil coas inquedanzas dos rapaces nun mundo labrego de miseria. Publica tamén, Xente no rodicio e A muller de ferro , con protagonistas adultos e ambientadas en Galicia. En Historias de emigrantes aborda o tema da emigración. Testemuño pesimista e angustiado das xentes da Galicia rural e da emigración, co emprego dunha técnica sinxela e unha axeitada síntese expresiva.

TEMA 6: "A POESÍA ENTRE 1936 E 1976: XERACIÓN DO 36, PROMOCIÓN DE ENLACE E XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS”. (2º Bach.)

 A actividade editorial iniciada nos anos 50 céntrase na poesía. O silencio posterior ó 36 rómpeo en 1947 Aquilino Iglesia Alvariño, coa publicación de “Cómaros verdes”. Vai reflectir este xénero a situación social e política en que se vivía. A represión e a censura fixeron que a poesía se refuxiase en correntes propias de preguerra (imaxinismo, neotrobadorismo, paisaxismo,...) ou en obras que amosan os conflictos individuais nunha sociedade problemática. Máis tarde, nos anos 60 e principios dos 70, momento de forte enfrontamento ó réxime franquista, a voz do poeta vai centrarse na denuncia social, expresando as ansias de liberdade do pobo. LIÑAS POÉTICAS: a) Liñas continuadoras de preguerra - Neotrobadorismo (Cunqueiro, Alvarez Blázquez, Díaz Xácome). - Imaxinismo ou hilozoísmo (Alvarez Blázquez) - Paisaxismo: tradición franciscanista, imaxinista e ruralista na liña iniciada por Noriega Varela (Aquilino Iglesia Alvariño). Evoluciona cara o existencialismo, mesmo relixioso e mitoloxización da paisaxe (Novoneyra, Díaz Castro, María Mariño, Manuel María, Aquilino Iglesia ou Avilés de Taramancos) b) Intimismo e preocupación intelectual Contacta coa poesía anterior e recupera unha tradición propia (Aquilino Iglesia, Luz Pozo, González Garcés). c) Clasicismo e culturalismo Diálogos con outras culturas. Reinterpretación dos mitos. Poetiza o cotián e o íntimo-persoal (Aquilino Iglesia, Cunqueiro, González Garcés) A partir dos anos 60 Predominio absoluto da poesía social. Enlaza coa tradición da poesía cívica. Politización do discurso poético.O poeta como portavoz do pobo oprimido. Ampliación da temática a conflictos universais ou ámbitos non galegos. Celso Emilio Ferreiro: prototipo de poeta social desta época, a partir da publicación de “Longa noite de pedra” (1962). Actitude de denuncia do franquismo e da falta de liberdade, xunto con outros temas: desasosego, nostalxia do paraíso, escepticismo, esperanza. XERACIONS POETICAS: Consecuencia da situación político-social de posguerra, será a convivencia de poetas pertencentes a tres xeracións distintas e, polo tanto, con idades moi dispares. Isto vai motivar a pervivencia de tendencias poéticas de preguerra xunto con outras máis modernas, e incluso que algúns poetas se poidan incluír en varias liñas poéticas: XERACION DO 36. Abarca os poetas nados entre 1910-1920. Algúns teñen unha intensa actividade política e cultural no ambiente universitario de Santiago. Nos comezos sitúanse na liña culturalista da Xeración Nós; pero logo radicalizaron as súas posturas. Podémolos agrupar nestas tendencias: hilozoísmo, neotrobadorismo, clasicismo, ruralismo, socialrealismo e intimismo. Aquilino Iglesia Alvariño é xunto con Celso Emilio o gran representante desta Xeración. Home de estudios clásicos latinos no Seminario de Mondoñedo vai contactar máis tarde co saudosismo portugués. Señardá (1930) sonetos de corte modernista; Corazón ao vento (1933), obra de variadas tendencias entre o modernismo e o surrealismo. Cómaros verdes (1947) con pegadas neotrobadoristas e hilozoístas, onde a paisaxe rural é o centro temático. Celso Emilio Ferreiro : Nace en Celanova (Ourense), preto da casa onde nacera Curros. A memoria histórica e persoal da guerra será unha constante na súa obra poética. En Pontevedra empezará a escribir e participar na vida cultural, colaborando na fundación da colección de poesía "Benito Soto”. En 1955, sae o seu 1º libro "O soño sulagado", mestura de lirismo, ironía e temática social. No 1962, ve a luz "Longa noite de pedra", que de contado se convertería nun libro emblemático e dos máis lidos da poesía galega de tódolos tempos. O autor continúa a liña de poesía cívica, social ou comprometida, tratando de denunciar as contradiccións do seu tempo e de abrirlle os ollos ó pobo. Emigra a Venezuela onde logo xurdirán problemas de relación e o desencanto sobre o mundo da emigración. Publica "Viaxe ao país dos ananos" (1968), obra polémica onde critica á xente desleigada e egoísta. No ano 1973, ve a luz un sarcástico libro de epitafios, titulado "Cimeterio privado”. O desencanto de Celso Emilio vaise achegando á nostalxia pola terra e pola inocencia perdida que marcará o seu derradeiro libro: "Onde o mundo se chama Celanova" (1975). Importante vida cultural e política. Morreu en Vigo en 1979. PROMOCION DE ENLACE: Poetas nados na década dos anos 20. Non constitúen un grupo coherente, elaborando a súa obra individualmente, nos anos máis negros da posguerra. Pobreza e miseria, non tiveron medios económicos para facer estudios universitarios. Formados na cultura castelá, con marcadas influencias da Xeración do 27, fan unha poesía de temática existencial e angustiada. Poesía da angustia e a preocupación existencial. Caracterízase pola fondura existencial, o conflicto do individuo consigo mesmo. Poesía do desarraigo, cun certo relixiosimo e nostalxia do paraíso perdido. Relacionada co existencialismo e a literatura do absurdo. Inaugura esta tendencia Manuel Cuña Novás con “Fabulario novo” (1952). A “Escola da Tebra” e o Grupo “Brais Pinto” que nace en Madrid. Como representantes máis sobranceiros citaremos a Antón Tovar (“Non”), poesía moi intimista; Luz Pozo Garza (“Verbas derradeiras”, “Códice Calixtino”), obra chea de simbolismo e riqueza expresiva. XERACION DAS FESTAS MINERVAIS: Neste apartado incuímo-los poetas nados na década de 1930, ós que se intentou agrupar baixo diferentes nomes: “Grupo Brais Pinto”,” Escola da Tebra” ou Xeración de "La Noche". A mediados da década dos 70 aparece nos poetas e no público unha ruptura coa poesía anterior. Publicación de “Con pólvora e magnolias”, de Méndez Ferrín. CARACTERÍSTICAS: Reinterpretación das vangardas de preguerra. Revisión do concepto de compromiso social. Incorporación da cultura e contra-cultura urbanas. Maior preocupación pola linguaxe poética. Grande variedade temática e de procedementos técnicos. Danse a coñecer nos seguintes medios: as “Festas Minervais”, certames literarios de vella tradición renacentista e barroca, restaurados en Santiago a partir de 1953. O “Grupo Brais Pinto”, constituído en Madrid por universitarios que crean unha colección de poesía, coa temática da “Escola da Tebra”. A colaboración no diario compostelano “La Noche”. A maioría coinciden en Santiago como estudiantes universitarios, polos anos 50: Manuel María, Uxío Novoneyra, Xohana Torres, Bernardino Graña, Xosé Luís Franco Grande, Salvador García Bodaño e Xosé Luís Méndez Ferrín. DIRECCIÓNS POÉTICAS: Cultivaron diferentes poéticas, comezando pola “Escola da Tebra” caracterizada pola anguria do existencialismo e inaugurada cos poemarios de Manuel María, “Muiñeiro de brétemas” (1950) e Manuel Cuña Novás, “Fabulario Novo” (1950). Segue o “realismo coloquial” a través de “Documentos personaes” (1958) de Manuel María. A terceira tendencia, presidida pola influencia de “Longa noite de pedra” é o socialrealismo dos anos 60, con temáticas recorrentes sobre a emigración, a reivindicación patriótica, antiimperialismo, etc. O “paisaxismo” é outra estética que emerxe con forza en “Os eidos” (1955) de Uxío Novoneyra, identificado coas terras do Courel ou en “Terra Chá” (1954) de Manuel María. Estas liñas poéticas aparecen interrelacionadas nas obras destes poetas, aparecendo tamén o intimismo, culturalismo e clasicismo. MÉNDEZ FERRÍN, Xosé Luís: Inicia os estudios universitarios en Santiago de Compostela, onde entra en contacto co galeguismo (Editorial Galaxia e Ramón Piñeiro). En 1957 publica o seu primeiro libro de poemas, “Voce na néboa”, escrito na liña da poesía existencialista característica da época. Continúa os estudios en Madrid, onde funda o Grupo "Brais Pinto”. O compromiso nacionalista radical constitúe un eixe básico na súa obra. En 1976 ten lugar a aparición do poemario “Con pólvora e magnolias”, título decisivo na evolución da poesía galega do momento e que colaborou na abertura temática e de linguaxe que caracteriza á producción lírica dos 80. Neste libro, Ferrín concilia a orientación combativa e de denuncia política cunha escrita coidadosa, renovadora, aberta á manifestación da intimidade e de ricas referencias culturalistas, propondo unha superación da liña estética da poesía social-realista. “O fin dun canto”, é a súa última entrega poética. A súa obra abrangue a poesía, o relato curto, a novela, a crítica literaria e o teatro. A unidade de toda a súa obra vén dada polo seguimento dunha liña cultista, universalista e nacionalista. Ferrín recolle a apertura a Europa e ó mundo, da nosa lit. medieval e da obra do Grupo Nós. A súa persoal forma de escribir está cargada de símbolos e temas que se repiten. Así, motivos como a opresión e a liberación; a fugacidade do tempo e a nostalxia; o desamor e o amor ou a soidade e a solidariedade. Outros poetas importantes desta etapa son: Xohana Torres, poeta intimista e paisaxística (“Estacións ao mar”); Bernardino Graña que fai un canto ó mar en “Profecía do mar”; Avilés de Taramancos, poeta marcado pola experiencia americana e a visión mítica de Galicia (“Cantos caucanos”, “Última fuxida a Harar”) ou Arcadio López Casanova, autor dunha obra clave na renovación poética galega, “Mesteres”.

Tema 5: “A LITERATURA DO EXILIO ENTRE 1936 E 1976: POESÍA, PROSA E TEATRO”. (2º Bacharelato)

A). INTRODUCIÓN. O verán de 1936 supón unha creba histórica e cultural en Galicia. Pásase da aprobación maioritaria do Estatuto de Autonomía á sublevación dos militares ó mando do xeneral Franco. O galeguismo sobrevive na clandestinidade ata 1950, data da morte de Castelao. A literatura galega fica arredada ata que a fronte cultural Galaxia inicia, en 1950, a recuperación das letras galegas. No exilio proseguiu o labor político e cultural, converténdose B. Aires na capital espiritual de Galicia. B). SITUACIÓN HISTÓRICA (1936-1981). A Guerra Civil. A sublevación militar contra a República produciuse en Galicia o 20 de xullo de 1936. Dominada toda Galicia a finais de xullo, logo empezarían os xuízos sumarísimos, os paseos e as depuracións. Destrución de tódalas plataformas político-culturais, represión, asasinato de Alexandre Bóveda e outros, cárcere e silencio. Illamento internacional da Ditadura. A Guerrilla. Ademais da fuxida a Portugal creouse unha guerrilla galega que continuou a loita armada (os fuxidos). Fomentada pola oposición no exilio, diante da caída do nazismo, co gallo de facer cae-lo réxime franquista. Organízase o Exército Guerrilleiro de Galicia. Transformacións socioeconómicas. A poboación tivo como única fonte de subsistencia o sector primario (agricultura e pesca). Comercio de volframio, contrabando e estraperlo (prezos abusivos de produtos que escaseaban pola especulación) só permitiron algunhas fortunas persoais. Consolidación da política de bloques (EE.UU-URSS), despegue económico no mundo capitalista e agudización dos conflitos colonialistas e imperialistas (Indochina, África). A emigración foi promovida pola Ditadura como fonte de divisas, que logo se invertían fóra de Galicia. Hai unha crecente urbanización e unha certa industrialización que motiva o transvase da poboación activa dende o campo ós sectores da industria e servizos. Os conflitos sociais. Logo da Guerra Civil, o movemento obreiro e labrego estivo paralizado en Galicia, consecuencia da desaparición das organizacións sindicais e dos seus líderes. Xorden forzas políticas clandestinas. As organizacións políticas. O galeguismo político acadara a súa máxima repercusión durante a II República, coa aprobación do Estatuto de Autonomía. O triunfo dos sublevados motivará unha represión feroz, un centralismo monolítico e a prohibición de todo tipo de manifestacións nacionalistas. Na década de 1940 o galeguismo levará a cabo unha intensa actividade política. No interior con Ramón Piñeiro e, no exterior, especialmente en B. Aires, onde se fundará o Consello de Galiza, dirixido por Castelao, unha especie de goberno galego no exilio. Remata esta etapa en 1950 ó se confirma-la estabilidade internacional do réxime franquista. É o ano da morte de Castelao e da autodisolución do Partido Galeguista. A loita política pasa ó campo cultural, e créase Galaxia. C). A LITERATURA GALEGA NO EXILIO. Debido á diáspora de grande parte dos intelectuais galegos, motivada pola represión da guerra civil, o centro da actividade literaria galega trasládase a México e B. Aires. Alí publicarán revistas (Galeuzca, Galicia Emigrante, Vieiros, Saudade, Loita...), editoriais (Citania), emisións radiofónicas, reedición dos clásicos, produción dunha literatura de denuncia e compromiso, actividade teatral e moitas outras iniciativas, co fin de manter viva a cultura. Apoio da emigración galega (os Centros Galegos convértense en núcleos de actividade política e cultural) e, sobre todo, moi importante o labor de Castelao, que se converterá en guieiro da liberdade de Galicia. Destes anos datan as súas obras Os vellos non deben de namorarse (1941), Sempre en Galiza (1944) e As cruces de pedra na Galicia (1950). POESÍA:Destacar no campo da poesía Luís Seoane, home polifacético: pintor, editor (Nova, Botella al Mar,...), poeta, ensaísta e autor teatral. Poeta social, reivindicativo, de forte compromiso que trata de rescatar a memoria histórica do pobo galego, dándolle protagonismo ó tema da emigración (Fardel de eisilado, Na brétema Sant-Iago). O traballo de Emilio Pita vai do ton épico á temática civil de Jacobusland). Lorenzo Varela, activo poeta, paradigma da literatura solidaria e comprometida, con Lonxe e Catro poemas para catro gravados. Predominio do discurso comprometido de Seoane e Varela, fronte ó esteticismo de Pita. Mitificación do pasado que se inclúe no histórico e carácter épico-realista. Non influirá sobre a poesía galega do interior polas dificultades de difusión e estudo. NARRATIVA: Citar a Ramón de Valenzuela, con obras ambientadas na guerra civil, co tema da represión franquista e moito de autobiográfico (Era tempo de apandar, Non agardei por ninguén). Tamén, Silvio Santiago que escribe unha novela costumista, con intención crítico social, na que conta as lembranzas da infancia no medio rural (Vilardevós). TEATRO: Continúa unha tradición que vén de preguerra. Gran importancia a estrea en B.Aires de Os vellos..., de Castelao. Funcionamento de diversos grupos: Compañía Gallega Maruxa Villanueva (fundada por M..Varela Buxán); Teatro Popular Galego, fundado por Blanco Amor. Ten como principal representante a Manuel Varela Buxán, fundador da compañía teatral Aires da Terra e autor de numerosas pezas populares, de ambiente rural e costumista, nunha liña cómico-sentimental, onde o conflito amoroso e o tema social terán grande importancia: O ferreiro de Santán, Taberna sen dono, A xustiza dun muiñeiro,...

TEMA 4: “O teatro do 1º terzo do XX: Irmandades, vangardas e Grupo Nós”. (2º Bacharelato)

O teatro é o xénero que menos cultivo acadou na historia da literatura galega. Deixando aparte o Entremés famoso sobre a pesca no río Miño (1671), o teatro galego do século XIX, desde A casamenteira, de Fandiño, desenvólvese en dúas direccións principais: o drama de asunto histórico e o de asunto social e costumista. Nos primeiros anos do s.XX, o teatro sitúase entre o costumista e histórico do XIX e o teatro nacionalista das Irmandades. Actividade importante dos coros populares (Toxos e Flores). Os autores máis representativos son: Xesús San Luís Romero . Emigrado á Arxentina, empezou a publica-los primeiros versos e a representar pezas teatrais entre a colonia galega de Bos Aires. Volto a Santiago, publica composicións de tipo anticaciquil, no espírito da loita agraria. Compuxo numerosas pezas teatrais nas que se ataca ós caciques: O fidalgo, drama de axitación social con atinada caracterización dos personaxes e a ambientación, que tivo enorme éxito no seu tempo. Xavier Prado "Lameiro" foi un escritor moi popular no seu tempo, e a súa literatura é allea a calquera pretensión culturalista. Publicou dúas coleccións de obras teatrais: Monifates e Farsadas. A maioría delas presentan ambientación rural, con sinxelo argumento e personaxes elementais. A comicidade é elemento fundamental no seu teatro. O teatro das "Irmandades da Fala": As Irmandades da Fala crearán en 1919 o Conservatorio Nacional da Arte Galega, -que contaba co precedente da Escola Rexional de Declamación, fundada polos rexionalistas en 1903-,coa intención de promover o teatro galego. Impúlsase o teatro como arma político-ideolóxica cara á recuperación da conciencia nacional, pensado esencialmente para a representación. Na temática recréanse episodios históricos (Mariscal Pardo de Cela, Prisciliano,...), a reivindicación social e a recuperación cultural. Ramón Cabanillas compuxo dúas pezas teatrais: unha de tema contemporáneo, en prosa, A man de Santiña, (1921) e outra histórica, en verso, O Mariscal. A primeira, é unha comedia burguesa de asunto amoroso que se desenvolve nun ambiente de clase alta. O Mariscal é un drama de intención política, escrito a rogo de Antón Vilar Ponte. Recupera a figura do mariscal Pardo de Cela, executado en 1483 por orde dos Reis Católicos. É o símbolo da resistencia galega fronte á política dos RR.CC. e convértese en referencia para o nacionalismo do XX. A reconstrución do noso pasado serve así á ideoloxía nacionalista. O teatro de Cabanillas adoita caracterizarse como poético, modernista no estilo e con tendencia á mitificación de ambientes e personaxes. Antón Vilar Ponte é o animador e teórico do teatro como forma de proselitismo extensivo e eficaz. Leandro Carré Alvarellos, director da Escola Dramática Galega, ten obra teórica e o seu teatro é de carácter costumista. Xaime Quintanilla Martínez, que publica a comedia dramática Alén que demostra que os personaxes do teatro galego non teñen que ser necesariamente labregos. A acción desenvólvese en Nova York e os personaxes chámanse Helen, Patrick,... Teatro do Grupo Nós: Esencialmente literario cunha grande influencia do teatro europeo simbolista e surrealista. Depuran os elementos costumistas e realistas. Os representantes máis destacados son: Otero Pedrayo (abondosa produción, concibe o teatro como espectáculo plástico total, A lagarada); Vicente Risco (cultiva o drama simbolista en O bufón de El-Rei); Castelao (escenógrafo, figurinista, estilización do mundo popular- Os vellos non deben de namorarse) e Rafael Dieste (teatro de carácter simbólico, coa versión intelectual dun motivo popular, A fiestra valdeira). Os vellos non deben de namorarse (1941) é unha farsa estreada en Buenos Aires. Segundo Castelao, "é unha obra imaxinada por un pintor e non por un literato", consideración que gaña importancia se temos en conta o relevantes que son na obra os artificios escenográficos: a iluminación, a cor dos decorados e das roupas, as máscaras... A obra é unha "artimaña escenográfica onde xogan o amor e a morte de tres vellos imprudentes: o boticario don Saturio, que non aturou a falcatruada de Lela e mátase con solimán da súa propia botica; o fidalgo don Ramón, que por un bico de Micaela morre deitado no esterco; o vinculeiro señor Fuco, que por casar con Pimpinela morre de felicidade". O motivo do vello namorado repítese tres veces en versións diferentes nos tres lances de que consta a obra. En cada lance hai un vello namorado dunha moza, e un mozo rival do vello. A morte, que aparece como un personaxe, advirte en cada un dos lances ó vello do risco que conleva o seu namoramento serodio. Outro elemento fundamental son un grupo de mulleres, que teñen unha función semellante á do coro da traxedia clásica. A obra remata cun epílogo no que os tres vellos se encontran no cemiterio, despois de mortos. Láianse do seu imprudente namoramento e coñecen, gracias a un defunto chegado alí, noticias das súas mozas respectivas. Traxicomedia: mestura de traxedia e humor.

TEMA 3: “A prosa do primeiro terzo do XX: as Irmandades e o Grupo Nós (narrativa, ensaio e xornalismo)”. (2º Bacharelato)

INTRODUCION. A incorporación do Grupo Nós ás Irmandades en 1918, supuxo un feito cultural transcendente na 1ª metade de século. Labor decisivo entre 1920-1931. Grupo de escritores que en 1920 fundaron a revista "Nós" e que a dirixiron ata 1936. Organización de estamentos e institucións culturais integrados dentro dunha doutrina política que tende ó rexurdimento da cultura e sociedade galegas. Pretenden elaborar unha lit. galega de prestixio, seguindo os modelos da lit.mundial de principios do s.XX.

 

FORMACION E EVOLUCION DA XERACIÓN NÓS: Formada polo chamado Cenáculo ourensán: Risco, Otero Pedrayo e Cuevillas. Castelao e Dieste teñen características que os diferencian (procedencia, formación, o popular,...). Procedencia social pequeno-burguesa. Xeración de "inadaptados" que se achegan a Galicia, logo de recorrer culturas estrañas. Ideais exóticos, no Oriente afastado. Rigorosa formación intelectual. Con eles a prosa galega supera o costumismo e o ruralismo decimonónicos.

"INADAPTADOS". Insatisfacción e rebeldía, velaí que queiran fuxir do medio que os rodea. Conciben a arte coma evasión e no seu individualismo senten noxo do vulgar, do común, procurando a novidade nos mundos exóticos (India, Tíbet, Exipto, Babilonia). Autobiografía xeracional no ensaio de Risco, Nós, os inadaptados e na novela Arredor de si de Otero Pedrayo. Desprezo inicial pola cultura e lingua galegas. No 1918 hai un cambio radical de actitude coa inclusión no galeguismo e encontro con Castelao, que xa pertencía ás Irmandades da Fala. Superan o ruralismo, conxugando enxebrismo e europeización: atlantismo celtista (Irlanda, Bretaña, Portugal). Importancia política de Vicente Risco: definición teórica do nacionalismo galego. Participan na creación do Partido Galeguista (1931) e deputados nas Cortes republicanas (Otero e Castelao). Apoian decisivamente a elaboración e aprobación do Estatuto de Autonomía (1936) e a creación do Seminario de Estudios Galegos (1923).

OBRA CIENTÍFICA. Axeitan o idioma á expresión científica. Método científico para o estudio da cultura galega. Vicente Risco: etnografía e evolución histórica da cultura galega. Otero Pedrayo: traballos de xeografía. Castelao: investigación sobre a arte popular. Cuevillas: prehistoria de Galicia.

 RAMON  OTERO  PEDRAYO (1888-1976) 

Pais de ascendencia fidalga. Licénciase en Dereito e doutórase en Xeografía e Historia. Prof. de Xeografía e Historia. En Ourense únese ó grupo de Risco e Cuevillas, chegando ó galeguismo. Colabora nas Irmandades da Fala e no Seminario de Estudos Galegos. En 1931 inicia unha etapa de grande actividade política e funda o Partido Nacionalista Republicano, sendo deputado por Ourense. Logo, entra no Partido Galeguista. Intensa actividade científica e literaria. Despois da guerra civil é deposto da cátedra (1937). Destaca o seu labor de conferenciante. Colabora no lanzamento da editorial Galaxia. Xubilación e retirada ó pazo familiar de Trasalba (actual Museo do autor).

OBRA LITERARIA:  Autor da produción máis extensa da lit.galega e abarca case tódolos xéneros: prosa, ensaio, poesía e teatro. As súas novelas convérteno no autor máis importante da prosa moderna. O ensaio é o xénero onde se atopa mellor o seu xenio, xa que o didactismo invade a súa narrativa. Outro elemento sempre presente é a paisaxe.  

Relatos breves:    Pantelas, home libre (1925) é a súa primeira obra. Volta do protagonista dende o cárcere á súa terra da infancia. Forte presenza da paisaxe. Tristura e tolería do protagonista.

Novelas:  Os camiños da vida (1928). Triloxía formada por "Os señores da terra", "A maorazga" e "O estudante". Mostra da sociedade rural galega nos cambios do século XIX, dende a Desamortización de Mendizábal (1836) ata a Revolución de Setembro (1868).Temas: ruína da aristocracia agraria galega; ascenso da burguesía vilega(comerciantes casteláns); alteración das formas tradicionais de vida. A acción transcorre no Ribeiro e os seus pazos (Trasouto), Ourense e Santiago. Grande realismo da vida aldeá e dos pazos. Familias fidalgas dos Doncos e Pugas. Miserias e decadencia.

Arredor de si (1930): retrata a conversión ó galeguismo da Xeración Nós. Protagonista o intelectual Adrián Solovio (autobiografía de Otero). Despois de viaxar por Europa e España, escéptico e desacougado, descobre a Galicia e a si mesmo. Novela de tese na que priman o elemento ideolóxico e a intención didáctica.

Dúas coleccións de contos: Contos do camiño e da rúa(1932), e Entre a vendima e a castañeira (1957).

ENSAIO: Guía de Galicia (1926): interpretación histórica e cultural de Galicia. Ensaio histórico sobre a cultura galega(1939): é unha síntese do desenrolo histórico-cultural de Galicia. O futuro do país ten que ser europeo como o foron os tres grandes momentos de Galicia: o celta, o románico e o barroco (celtismo).

VICENTE   RISCO: O IDEOLOGO DO GRUPO NOS (1884-1963).

Naceu en Ourense. Veciño. Estudos de Dereito e funcionario en Ourense, a onde volve como profesor da Escola Normal. Publica en 1920 a Teoría do nacionalismo galego e funda, cos seus compañeiros, a revista Nós. Logo de 1919 foi adquirindo unha influencia cada vez máis grande dentro das Irmandades. Logo, dunha viaxe a Centroeuropa para estudar etnografía e folclore, Risco foise afastando da actividade política, adoptando posturas conservadoras. Podemos diferenciar tres etapas na súa evolución intelectual:

Etapa de formación. Aparece reflectida no ensaio Nós, os inadaptados. Etapa nacionalista. Etapa máis activa na que se produce a conversión ó galeguismo, ingresa nas Irmandades, funda a revista Nós e escribe os libros de relatos. A súa ideoloxía está recollida en Teoría do nacionalismo galego.

 Etapa de desvinculación progresiva do galeguismo, a partir de 1930.

NARRATIVA: O porco de pé, novela longa que supón o cume da narrativa de Risco, na que caricaturiza o ascenso social dun maragato -D.Celidonio- chegado á cidade, que sen méritos de ningún tipo e pola simple acumulación de capital é nomeado alcalde. O novo alcalde representa a vulgaridade dunha familia da nova burguesía, só preocupada polos cartos. Amósanos unha visión satírica duns personaxes que fican reducidos a simples caricaturas. LINGUA E ESTILO: A preocupación estilística ocupa un lugar secundario na obra de Risco. O autor semellaba máis interesado no que dicía que na forma de expresión. Prosa directa, mesmo familiar na súa sintaxe. En canto á lingua, procura o enxebrismo, afastándose do castelán.

 

FLORENTINO  LOPEZ  CUEVILLAS (1886-1958)

Foi o prehistoriador do grupo "Nós". Dedicouse ás tarefas investigadoras, máis que ás literarias. Cultivou a prosa e o ensaio literario: Prosas galegas, obra póstuma que recolle os seus artigos. 

 

CASTELAO (1886-1950): Nace en Rianxo de familia mariñeira. Emigración do pai á Arxentina. Medicina en Santiago. Deixa a profesión de médico para ingresar no Instituto Xeográfico e Estatístico de Pontevedra, onde tamén traballa como profesor de Debuxo no Instituto desta cidade. Agrarismo e Irmandades da Fala. Galeguismo nacionalista. Exposición de debuxos, conferencias e colaboracións na prensa. Dirección artística da revista Nós. Viaxe a Francia para estuda-los cruceiros da Bretaña, froito do cal é o libro As cruces de pedra na Bretaña (1930). Proclamación da II República e militancia no Partido Galeguista, sendo elixido deputado. Participación activa na vida política, especialmente a prol do Estatuto de Autonomía. Establece a súa residencia en Buenos Aires, onde constitúe o Consello de Galiza. Morreu en Buenos Aires en 1950 e os seus restos son traídos a Galicia en 1984, repousando no Panteón de Galegos Ilustres de San Domingos de Bonaval.

OBRA:  Un ollo de vidro(1922), co subtítulo de Memorias dun esquelete. No prólogo diríxese ó lector o propio Castelao, que explica como atopou as memorias do esqueleto que veñen a continuación. Este humor de Castelao non é alleo á sátira social de carácter anticaciquil.

Cousas (1926) é un conxunto de prosas con ilustracións. Cada "cousa" leva unha ilustración que complementa o texto. Este desenvolve brevemente asuntos de temática variada, en moitos casos de ambiente labrego ou mariñeiro. A "cousa" é a aportación máis orixinal e característica de Castelao á literatura; é unha fórmula literaria presente en toda a súa obra narrativa.

Retrincos (1934) é unha colección de cinco contos que se nos presentan como autobiográficos("O segredo" relata unha anécdota da estancia de Castelao, neno, entre os gauchos da Pampa; "O inglés" tamén se desenvolve na Pampa arxentina, nos anos da guerra de Cuba; "Peito de Lobo" preséntanos ó Castelao estudante en Compostela; "O retrato" : a curación imposible para un médico e o milagre feito polo pintor. "Sabela" é un relato artellado sobre o contraste entre a moza que fora a súa compañeira de baile e a muller en que se converteu co paso dos anos.

Os dous de sempre (1934) é a única novela de Castelao; consiste nunha sucesión de relatos que gardan unidade entre eles pola referencia a dous protagonistas constantes: Pedriño e Rañolas. Ten a estrutura semellante ás novelas picarescas, especialmente polo que toca a Rañolas, quen, partindo dunhas circunstancias adversas (de humilde condición, eivado de corpo), vai vivindo diferentes situacións nos sucesivos oficios. En contraste con Rañolas, o outro protagonista, Pedriño é un home sen vontade e sen ambición. A novela é unha biografía paralela dos dous personaxes, que son amigos da infancia e seguen camiños diverxentes.

O ENSAIO: Sempre en Galiza. Primeira edición publicada en Buenos Aires. Tratado ensaístico, escrito en momentos moi diferentes, pero uniforme no seu patriotismo.

ESTILO: Nada máis lonxe de Castelao que o barroquismo literario. Liso, limpo, sinxelo, o seu estilo é clásico, froito dun grande traballo de escolla e depuración. Linguaxe a un tempo popular e escolleita. Léxico enxebre, ceibe de arcaísmos e neoloxismos. A lingua é o galego popular.

 

RAFAEL DIESTE (Rianxo, 1899-1981): Cursa Maxisterio. Guerra de Marrocos. Amizade con Manuel Antonio. Galeguismo. Xornalismo e actividade cultural a favor da República. Misións Pedagóxicas. Exilio en B.Aires, logo da guerra civil. Volta en 1961 a Rianxo e entra na RAG.

OBRA: Pouco extensa a obra en galego. Dos arquivos do trasno (1926): conxunto de contos, envoltos nunca atmosfera de misterio, situados na Galicia rural e mariñeira. Realismo máxico. Personaxes populares cheos de inocencia e humanidade. Técnica moderna e recursos novidosos. Lingua culta e rica cun estilo elegante e sinxelo.

TEMA 2: “A poesía de vangarda. Características, autores e obras representativas”. (2º Bach.)

ÉPOCA "NÓS" (1916-1936): Arredor da revista "Nós" xira todo un movemento cultural e de conciencia galeguista. Obxectivo: incorporar a cultura galega ao ámbito europeo. Participan en 3 iniciativas comúns: Seminario de Estudos Galegos, Partido Galeguista e revista "Ronsel".

Estes poetas modernizan a lírica galega, superando a estética do XIX e entrando nas vangardas.

 

XERACIÓNS LITERARIAS:

Xeración "Nós" (Risco, Otero Pedrayo, Cuevillas)

Xeración de 1925 (poetas vangardistas: Manuel Antonio, Amado Carballo, Bouza-Brey, Blanco-Amor, Luís Pimentel)

Xeración de 1936 (Cunqueiro, Aquilino Iglesia Alvariño)

Escritores de "Antre dous séculos", coma R. Cabanillas e Noriega.

 

LIÑAS E ESCOLAS POÉTICAS:

Simbolista: emprego recorrente dos símbolos (Manuel Antonio e Luís Pimentel).

Esteticista: centrada no intimismo e delicadeza (Luís Pimentel).

Impresionista: imaxes poéticas (Amado Carballo e seguidores da escola hilozoísta, imaxinista ou animista, coma Euxenio Montes ou X.Mª Brea).

Neotrobadorismo: volta á lírica medieval (Bouza-Brey e Álvaro Cunqueiro)

Clasicismo ou neovirxilianismo: tendencia de posguerra que deriva do paisaxismo ruralista (Crecente Vega e Aquilino Iglesia Alvariño).

 

VANGARDAS EUROPEAS (-ismos):

Correntes de renovación artística e literaria (comezos s.XX). Rupturismo coa estética vixente. Manifestos: difusión da nova arte. Orixinalidade. Arte efémera.

-ismos: futurismo, expresionismo, dadaísmo, cubismo, surrealismo, creacionismo, ultraísmo,...

Total liberdade creativa. Antisentimentalismo. Deshumanización. Renovación da linguaxe.

 

MANUEL ANTONIO (Rianxo, 1900-1930):

Vangardismo. Actitude crítica e inconformista.Asina o único manifesto galego, co pintor Álvaro Cebreiro, "Máis alá" (1922). Estudos de Náutica (Vigo). Galeguismo. Prácticas como piloto no "Constantino Candeira": "De catro a catro". Tuberculose e morte.

Nos primeiros poemarios combina tradición e vangarda ("Con anacos do meu interior"e "Foulas"). "De catro a catro": múltiples lecturas, dende a viaxe por mar á interpret. simbólica e filosófica (existencia humana). Influencias do creacionismo. 19 poemas coma un diario: zarpa o barco ("Intencións") e retorno a porto ("Adeus"), cunha parada en porto ("Recalada" e "Navy Bar"). Visión do mar, do barco e do ceo nocturno, cos astros, alegoría da existencia humana. Imaxes visionarias. Léxico cheo de tecnicismos náuticos e mariñeiros. Modelo culto de lingua supradialectal.

"Viladomar": 3ª etapa na que volve á tradición.

"Máis alá": manifesto en prosa, provocador, nacionalista e rupturista coa cultura galega.

 

FERMÍN BOUZA-BREY (Ponteareas, 1901 - Santiago, 1973):

Fundador da escola neotrobadoresca co seu libro "Nao senlleira", onde incorpora elementos populares e modernos. Con "Seitura" afástase do neotrobadorismo, dominando a tendencia esteticista. Foi un dos fundadores do SEG.Tamén realizou traballos de arqueoloxía e etnografía.

 

ÁLVARO CUNQUEIRO (Mondoñedo, 1911 - Vigo, 1981):

Ademais de narrador e autor teatral, Cunqueiro publicou libros de poesía, inscritos nas vangardas. Publica "Mar ao norde" e "Poemas do si e non" nunha liña vangardista pura. Dentro do neotrobadorismo e neopopularismo, atopamos "Cantiga nova que se chama ribeira" e "Dona do corpo delgado".

 

 

LUÍS AMADO CARBALLO (Pontevedra, 1901-1927):

Creador da escola hilozoísta ou animista, de corte impresionista. Publica "Proel" e "O galo", póstumo. Creou unha ampla escola literaria e tivo grande éxito na época. Conxuga atrevidas imaxes vangardistas con elementos tradicionais na métrica e nos temas. A natureza aparece animada, chea de vida e a presenza humana esváese detrás da paisaxe.

 

LUÍS PIMENTEL (Lugo, 1885-1958):

Escritor bilingüe, deixounos os poemarios "Triscos" e "Sombra do aire na herba". Poesía profundamente lírica e intimista. Influencias surrealistas con trazos moi persoais. Presenza do mundo dos soños; contraste simbólico entre as luces e as sombras e espazos interiores e pechados. Expresión sinxela e delicada.

 

EDUARDO BLANCO AMOR (Ourense, 1897 - Vigo, 1979):

Renovador da narrativa galega de posguerra, tamén publica poesía. O 1º libro, "Romances galegos", ten temática neopopularista, ao estilo da "Generación del 27". Logo, publica "Poema en catro tempos", de ton elexíaco e ambientación mariñeira, estruturado coma unha sinfonía musical.

 

TEMA 11: “A prosa de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e 90. Prosistas e tendencias actuais máis relevantes".

Na 2ª metade s.XX: avances científicos e técnicos que repercuten, a partir de 1975, na nosa sociedade. Os medios de comunicación adquiren relevancia, influíndo nos gustos da xente e na concepción do mundo. Forte presenza do cine e da música pop e rock. O incremento da produción narrativa en galego é consecuencia da inclusión do galego no ensino, creación de novas editoriais e a proliferación de premios e revistas literarias. Os autores tratan temas acordes cos novos tempos (corrupción, narcotráfico, paro, delincuencia, ecoloxía,...), temas históricos (Guerra Civil, emigración), existencialistas (morte, soidade, incomunicación,...) Respecto ás técnicas, dende os anos 50 explora novos camiños (Nova Narrativa Galega) con influencias estranxeiras (Kafka, Joyce, Faulkner,...). Estes novos modelos seguen vixentes dende os anos 80 e poden resumirse así: - Pode desaparecer o argumento da obra. Os personaxes deixan de ser heroes centrais (anónimos). - Rupturas na cronoloxía dos feitos. O narrador deixa de ser omnisciente. Multiperspectivismo. A nivel formal e estilístico tamén hai grandes cambios: - Desaparecen os límites e inclúense textos diferentes (anuncios, cómics, informes, etc.) - Suprímense os capítulos. Varias historias combinadas (contrapunto). TENDENCIAS E AUTORES. A 1ª metade dos 80 caracterízase polo auxe da novela fronte ó relato, e logo invértese a situación. A nosa narrativa vai seguir dous camiños básicos: a literatura comercial (“de quiosco”) e a “autóctona” que entronca coa tradición galega. Literatura comercial (“de quiosco”): - Xénero policial: Carlos Reigosa (Crime en Compostela), Ramiro Fonte (As regras do xogo). - Ficción científica: Ramón Caride (Soños eléctricos), Agustín Fdez. Paz (As flores radioactivas), Fina Casalderrey (Mutacións xenéticas) ou Suso de Toro (A sombra cazadora). - Novela do oeste: Xosé Fdez. Ferreiro (A morte de Frank González) ou Isidro Novo (Por unha presa de machacantes) - Relato erótico: Xulio López Valcárcel (Anel de mel). - Literatura “autóctona”: - Literatura realista: con acción no rural, coma Morrer en Castrelo de Miño, de X.Fdez.Ferreiro ou Morrer en Vilaquinte, de Xesús Rábade e Helena Villar. Centrado no espazo urbano, Froito das lembranzas, de Tucho Calvo. Crónica novelada, en Viaxes no país de Elal, de Xavier Alcalá. - Novela histórica: máximo auxe na 1ª metade dos 80. Víctor Freixanes (O triángulo inscrito na circunferencia), Alfredo Conde (Xa vai o grifón no vento) ou Teresa Moure con Herba moura. - Narrativa memorialista: centrada na Guerra Civil e na posguerra. Xunto cos autores do exilio (Valenzuela, Silvio Santiago) están Carballo Calero (Scórpio), Casares (Os mortos daquel verán), Fdez.Ferreiro (Agosto do 36) ou Manuel Rivas (Os libros arden mal). - Novela de aventuras: este tipo é moi cultivado por Xavier Alcalá (Nos pagos de Huinca Loo e Latitude austral), Marilar Aleixandre (A expedición do Pacífico) ou Xosé Miranda con Morning Star. - Novela feminina: onde a muller é protagonista total. Mª Xosé Queizán (Amantia). - Narrativa intimista: Marina Mayoral (Querida amiga) ou Manuel Rivas en O lapis do carpinteiro. - Narrativa artúrica: recréanse os vellos mitos da Bretaña. Méndez Ferrín (Amor de Artur) ou Darío Xohán Cabana con Galván en Saor. - Narrativa de misterio ou terror: Paco Martín (Tres historias para ler á noite) ou O capitán Lobo Negro de Xesús M.Valcárcel. - Narrativa humorística: Gonzalo Navaza (Erros e Tánatos) - Cunqueirismo: mestura do fantástico e o real. Paco Martín (Muxicas no espello) ou Darío Xohán Cabana (Fortunato de Trasmundi) - Narrativa experimentalista: obras complexas e minoritarias, como Suso de Toro (Tic-Tac), Antón Reixa (Transporte de superficie) ou Xurxo Borrazás (Criminal). - Narrativa infantil e xuvenil Proliferación de títulos destinados aos lectores máis novos, motivados pola implantación do ensino do galego. Novas coleccións coma Merlín ou Árbore. Obras de distinto signo: Mundos fantásticos: Das cousas de Ramón Lamote, de Pazo Martín. Simbólicos: Arnoia, Arnoia, de Méndez Ferrín. De aventuras: O misterio das badaladas, de Xabier Docampo. De ficción científica: As flores radioactivas, de Agustín Fdez.Paz ou Mutacións xenéticas, de Fina Casalderrey. Xénero detectivesco: 091, de Pepe Carballude. Historias de amor: Anagnórise, de Victoria Moreno. Novelas de viaxes: O dragón de Gondomil de Xoán Babarro. Pódese establecer unha clasificación dos narradores da literatura actual: a) Autores xa incluídos na N.N.G. con traxectoria consolidada e obra extensa de calidade: X.L.Méndez Ferrín e Carlos Casares. b) 1ª Promoción: nados nos 30-40 e que publican nos 70. Xavier Alcalá: tres tipos de obras: relato curto (A fundición); novela: A nosa cinza (infancia e mocidade dunha xeración), Nos pagos de Huinca Loo (a emigración); crónicas de viaxes (Viaxe no país de Elal). Outros autores: X. Fdez.Ferreiro, Paco Martín, Alfredo Conde. c) 2ª Promoción: nados nos 40-50 e publican nos 80. Víctor Freixanes: dos libros de liña xornalística (Unha ducia de galegos) pasa á novela de carácter simbólico que mestura historia e fantasía (O triángulo inscrito na circunferencia; O enxoval da noiva). Estas dúas coinciden na estrutura e nas ideas básicas. Suso de Toro: narrativa afastada dos tópicos culturais, orientación posmoderna, fantasía, ironía, humor, lingua coloquial. Relatos: Caixón desastre, Polaroid (técnicas cinematográficas e protagonistas marxinais); novelas: Land-Rover, Tic Tac (puzzle), Calzados Lola, Trece badaladas (liña máis clásica). Manuel Rivas: síntese do tradicional e contemporáneo. Creación literaria e xornalismo. Relatos: Un millón de vacas, ¿Que me queres, amor? Novelas: Os comedores de patacas, En salvaxe compaña (formadas por breves secuencias), O lapis do carpinteiro (historia de amor na guerra civil) e a represión na Guerra (Os libros arden mal) Outros autores: Rábade Paredes, Darío Xohán Cabana, Marilar Aleixandre, Tucho Calvo,... d) 3ª Promoción: nados nos 50-60 e publican dende os 90. Xosé Carlos Caneiro (Ébora), Antón Riveiro Coello (Os ollos de K), Manuel Forcadela, Ramón Caride, Gonzalo Navaza ou Xurxo Borrazás. e) Autores do novo milenio: os máis novos, coma Jaureguizar, Inma López Silva, Vázquez Pintor (A memoria do boi) ou Teresa Moure (Herba moura).

TEMA 12: “O teatro de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e 90. Dramaturgos, tendencias e compañías actuais..."

TEMA 12: “O teatro de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Dramaturgos, tendencias e compañías actuais máis relevantes”. A importante recuperación do teatro galego a partir dos 70 vai fortalecerse nas décadas seguintes. Consolidación de autores coma Manuel Lourenzo, Vidal Bolaño ou Euloxio Ruibal e aparición doutros autores novos. Diversidade de grupos que comezan nos anos 80 (Uvegá Teatro, Teatro de Ningures, Tranvía Teatro, Teatro do Morcego, Sarabela Teatro,...) No 1984 créase o Centro Dramático Galego que montará producións propias e adaptacións de grandes autores (Os vellos..., de Castelao; O enfermo imaxinario, de Molière; Bertol Brecht; Shakespeare;...). A xeración dos 80 Estes autores, logo dos cambios políticos, abandonan a temática social. A heteroxeneidade de fine estes autores nos que predomina o culturalismo e o contido simbólico. Tamén o emprego do humor e a ironía, parodia e anonimato dos personaxes. Destacan autores coma Xesús Pisón (O pauto, Tatuaxes) ou Miguel Anxo Fernán-Vello que escribe sobre temas da relación humana (soidade, amor,...). Autor de obras coma A tertulia das máscaras ou A casa dos afogados. Outros autores son Miguel Sande, Roberto Salgueiro, Lucía Villalta ou Alberto Avendaño. Xeración dos 90 No teatro dos anos 90 hai un menor simbolismo, uso da intertextualidade e gran coidado da estrutura da peza, tratando de facilitar a representación escénica. Destacar a Kukas, co seu Teatro de monicreques (O Mariscal); Cándido Pazó, autor e director do grupo A Farándula (O melro branco). Tamén Eduardo Alonso (As alegres casadas); Quico Cadaval (Códice clandestino) ou Gustavo Pernas (O galego, a mulata e o negro). Asemade, Raúl Dans, actor, autor e guionista que publica Matalobos e Miguel Anxo Murado con A gran noite de Fiz. O teatro do novo milenio Os autores e obras aumentaron considerablemente nos últimos anos. A principal característica segue a ser a heteroxeneidade de temas, con tendencia a un teatro máis lúdico con predominio da ironía e a parodia como forma de reflexionar sobre a actualidade. Tamén se fai teatro experimental con técnicas innovadoras. Preténdese darlle importancia á representación sobre a creación literaria coa intención de crear un teatro-espectáculo que atraia o interese do público. Foron moi importantes os premios Álvaro Cunqueiro e Rafael Dieste para a promoción dramática. Hoxe en día, dáse unha progresiva profesionalización do teatro e maior esixencia de calidade nas montaxes.

TEMA 1: “A poesía das Irmandades da Fala. Características, autores e obras representativas”. (2º Bach.)

1. CONTEXTO HISTÓRICO E CULTURAL:

 

1.1. A Restauración (1874-1931):

A Rexencia (1885-1902): morte de Afonso XII e goberno da raíña Mª Cristina. Alternancia liberais e conservadores. Caciquismo. Guerra colonial (Desastre do 98)

Crise monarquía(1902-1931):Afonso XIII. Ditadura de Primo de Rivera. II República.

O agrarismo (1907-1923): "Acción Gallega", Basilio Álvarez. Redención foros (1926).

O nacionalismo: "Irmandades da Fala" (Asemblea Nac.Lugo, 1918).Antón Villar Ponte.

A emigración: Cuba e Arxentina. Agrávase desde 1950. Problemas familiares,...

O movemento obreiro: núcleos en A Coruña, Ferrol e Vigo.

A cultura galega na época: RAG(1905). Revista "Nós"(1920).Grupo "Nós"(Risco, O.Pedrayo, Cuevillas). S.E.G. (1923):investigación galega, en galego (USC).

1.2. A II República (1931-1936):

Nacionalismo (PG: Estatuto de Autonomía): conservadores (Risco, O.Pedrayo), esquerda (Castelao, Bóveda) e arredistas (Álvaro de las Casas).

1.3.A Guerra Civil (1935-1939): feroz represión e ruptura da política e cultura galegas. 

 

2. A LITERATURA DO POSREXURDIMENTO: A POESÍA "ANTRE DOUS SÉCULOS".

 

ANTONIO NORIEGA VARELA (Mondoñedo, 1869-Viveiro, 1947)

Seminario de Mondoñedo. Maxisterio. Agrarismo. Coñece a O.Pedrayo e lit. portuguesa.

Obra: Influencia dos clásicos latinos e poetas portugueses (Teixeira de Pascoaes)

"Montañesas", "Do ermo": delicada sensibilidade coa paisaxe da montaña luguesa. Franciscanismo: temas humildes (espiña toxo, pinga orballo). Popularismo e costumismo. Autor de sonetos de grande perfección e beleza.

RAMÓN CABANILLAS (Cambados, 1876-1959).

Seminario Compostela. Emigra a Cuba e comezos literarios. De volta, traballo burocrático. Estancias no mosteiro de Samos. Participa en tódalas activid. políticas e culturais da época: Agrarismo. Irmandades. Revista "Nós". SEG. RAG e RAE.

Obra: Poesía social (Curros). Intimismo (Rosalía) e ton épico de Pondal. Modernista.

"No desterro","Vento mareiro"(A Habana).Poesía social e anticaciquil. Lirismo e modernismo.

"Da terra asoballada": ideoloxía nacionalista. Poesía social

"A man de Santiña": comedia de costumes

"O bendito San Amaro": Poema narrativo popular sobre a vida do santo.

"O Mariscal": traxedia histórica en verso (Pardo de Cela:símbolo resistencia galega contra o centralismo dos RR.CC.). Teatro das Irmandades.

"Na noite estrelecida":3 sagas sobre o tema artúrico ("A espada Escalibur"-"O cabaleiro do Sant Grial"-"O soño do rei Arturo"). A materia de Bretaña ambientada en Galicia.

A rosa de cen follas": poemario amoroso e intimista.

"Antífona da cantiga": antoloxia das cantigas populares. Primeiro libro de Galaxia.

"Samos": poema descritivo didáctico sobre a historia do mosteiro e a vida nel.

Lingua e estilo: modelo a lingua popular do Salnés, sen gheada nin seseo. Hiperenxebrismos. Logo, galego aristocrático, moi enxebre.

Etapas na súa obra:

Formación (1910-15): pregaleguista e agrarista. Modernismo.

Decisiva (1915-20): galeguista. Tema cívico e conciencia nacionalista.

Mítico-saudosista(1920-31): reconstrúe o pasado.

Segunda madurez (1935-59): intimismo e apártase do compromiso ideolóxico.

 



by Dr. Radut