Skip to Content

Artigos

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA LIBROS DO CURSO 2019-20

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES FORMATIVAS STEM EN LINGUA INGLESA (STEMWeek 2019) E CAMPAMENTOS DE VERÁN

STEMweek 2019

O novo marco curricular do sistema educativo galego pon de manifesto a necesidade de que o alumnado adquira competencias que lle permitan habilidades de traballo en equipo, desenvolvemento do espírito crítico e habilidades comunicativas nunha lingua estranxeira. [...]

Outro elemento que se considera necesario é impulsar as coñecidas como «vocacións STEM» (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) e así espertar a motivación do alumnado cara a estudos posteriores nos campos de coñecemento do ámbito científico tecnolóxico, como así pon de manifesto o Estudo sobre os factores influentes na elección de estudos científicos, tecnolóxicos, enxeñarías e matemáticas en Galicia, no cal se destaca que o índice de titulados non cubrirá a demanda de profesionais nun futuro nestes sectores.

Consultar as axudas para a STEMweek 2019

Campamentos de verán

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta a programación de actividades da Campaña de Verán 2019.  As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es 

Campamentos e quendas:  http://xuventude.xunta.es/images/accion_de_veran/2019/anexos/gal_2019-ANEXO_IA.pdf

Ler convocatoria 

AXUDAS PARA A FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2019

AXUDAS PARA A FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2019

Para ver as prazas disponibles preme na imaxe.

No Diario Oficial de Galicia (DOG) saíu publicada a ORDE do 4 de febreiro de 2019 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal no prazo comprendido entre o 21 de febreiro e o 20 de marzo de 2019.

O contido desta orde e a información complementaria atoparase na páxina da internet http://www.edu.xunta.es/axudasle



by Dr. Radut