Curso 15/16

Votación popular ás mellores ESOPHÍA e FOTOGRAFÍA

Nos seguintes vídeos pódense visualizar todas as fotografías e esophías que participan nos concursos que se desenvolveron durante o mes pasado co motivo da Semana das Matemáticas. 

Igual que o curso pasado, outorgaráselles un premio ás esophía e fotografía máis populares elexidas por toda a comunidade educativa do noso centro. Entrade nos seguintes enlaces e votade ás que máis vos gusten. O último día para votar é o 20 de maio.

No instituto poden tamén visitar distintas exposicións sobre o número aureo, ademais das de esophías e fotografía.

 

VOTACIÓN

Clica nos seguintes enlaces e vota  

 

Votación ESOPHÍAS

 

Votación FOTOGRAFÍAS

 

 

Semana das Matemáticas

 

Un ano máis, e xa van oito, o Departamento de Matemáticas está a organizar a "Semana das Matemáticas". Do 9 ao 13 de maio as Matemáticas e todo o que as rodea serán as protagonistas no ML. Entre as actividades que estamos preparando teremos un concurso de fotografía matemática e outro de esophías, e este curso como novidade imos facelos extensivos a todos os centros de Educación Primaria do concello.

Teremos tamén durante toda a semana concursos de lóxica, exposicións, xogos matemáticos, cine, talleres, ...

Se queredes estar informados e descubrir o divertidas que poden ser as Matemáticas non dubidedes en clicar na imaxe e adentrarvos na parte máis lúdica desta ciencia, a que moitos de vós seguro que tildades de aburrida e difícil.

Distribuir contido