Recollida Edixgal

 

Estimadas familias:

Como vostedes saben, durante o presente curso 2020-21, o/a seu/súa fillo/a estivo matriculado/a nun centro que participa na iniciativa E-Dixgal do proxecto Abalar para o uso das novas tecnoloxías da información e da comunicación, polo que dispón para o seu uso persoal dun ordenador portátil, co seu correspondente maletín, cargador e punteiro.

A dirección do proxecto informa que se o alumnado continúa no mesmo centro cursando materia E- Dixgal no vindeiro curso 2021-22, poderá dispor do equipo durante o período estival, facéndose cargo de todos os elementos e incorporándose o vindeiro curso co material en perfectas condicións.

O alumnado que o vindeiro curso 2021-22 non continúe os seus estudos nun nivel E-Dixgal, no mesmo centro ou cambie de centro, deberá entregar obrigatoriamente o equipo no centro educativo que llo asignou de acordo co seguinte:

  • No caso de 5o e 6o de primaria, a data límite da devolución será o 25 de xuño.

  • No caso de ensino secundario obrigatorio, estableceranse dous prazos diferenciados de entrega

    en función da superación ou non de todas as materias E-Dixgal cursadas:

    • 25 de xuño para o alumnado que supera todas as materias E-Dixgal na convocatoria de xuño.

    • 7 de setembro para o alumnado con materias E-Dixgal pendentes para a convocatoria de

      setembro e que por tanto precisa do equipo durante o verán.

      Os equipos deberán ser entregados en perfectas condicións (limpo e co seu correspondente maletín, cargador e punteiro) nas datas indicadas.

      As familias deberán asinar un documento de entrega facilitado polo centro.

 

AdxuntoTamaño
familias carta.pdf71.08 KB