Resultado de imagen de logo fse en galego     

Axenda21EG

Concurso "Aula máis lucida" 2012-13


Convócase o concurso AULA MÁIS LUCIDA

Participan todas as aulas do centro.

Que é unha aula “lucida”?

É unha forma de considerar a aula como un espazo para:

  • Procurar un ambiente acolledor e propicio para o noso traballo diario.
  • Facer un uso racional dos recursos ao noso dispor.
  • Usar as enerxías con responsabilidade.
  • Fomentar a orde e a limpeza.
  • Cooperar co obxectivo do benestar colectivo.

Comeza: Xa!

Ramata: Mediados de maio.

BASES do concurso

O xurado valorará:

  • Limpeza de mesas e cadeiras.
  • Uso eficiente da luz eléctrica.
  • Evitar fugas de calor cando usamos a calefacción.
  • Uso das bandexas e colectores de papel.
  • Taboleiros de anuncios ordenados.
  • Uso adecuado do papel hixienico nos baños tanto de alumnas como de alumnos.
  • Outras iniciativas propias de cada grupo en busca da sostibilidade e de aulas máis acolledoras.

Periódicamente e sen previo aviso, o xurado revisará as aulas e publicará os resultados.

PREMIO

Excursión para toda a clase a un lugar de interese medioambiental no mes de Xuño.

NOTA: quedarán excluidos aqueles alumnos que boicoteen o desenvolvemento do concurso.




Trozicla 2012


O trozicla é un mercado para o intercambio de obxectos que é organizado cada ano no IES Ramón Menéndez Pidal  por estudantes de Comercio Ciclo Medio.
Consiste en que todos os alumnos e persoal  da escola teñan que aportar algún obxecto da súa casa que non lles sexa útil. No mercado, os estudantes cualifican os obxectos, asignando un valor que traen de adhesivos, A, B e C. Onde A é o valor máximo e mínimo C.
E aquí comeza o intercambio.
O obxectivo deste mercado é que a xente recicle obxectos que pensan que non teñen valor e intercambialos por outros que lles interesen máis. E finalmente, doar todos os obxectos para unha ONG, xa que os obxectos aos que non lle damos valor para outros si que o teñen.

Ver documento completo aquí.


O noso instituto estivo na CONFINT de Vitoria con Axenda 21


Aquí tedes a ligazón para ver o que fixeron durante estes días en Vitoria... Agora a esperar a ver se imos a Bruxelas.

http://www.cmati.xunta.es/axenda21/?s=confint


Trozicla-2011


Poster Trozicla-2011

Cartel

Presentación Trozicla-2011

Presentación

Creouse un mercadillo onde os rapaces/as intercambian entre eles produtos propios, dos cales se queren desfacer, pero dito intercambio non está monetarizado.

Fotos

Descrición da actividade


Actividades

 


Actividades do Departamento de Economía

1ª)  No curso 2011-2012 o Dptº de Economía colaborou no programa medioambiental Axenda 21.

Ademais do labor informativo sobre esta experiencia educativa nos grupos nos que o alumnado de materias da área económica (1ª e 2ª de Bacharelato), o profesor Manuel Roca Cendán participou na andaina que se fixo cos grupos de alumnado gañadores do concurso, que se realizou o día 27 de xuño pola zona do Seixo Branco (do Concello de Oleiros).

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer