Punto Laranxa contra o acoso escolar

Educación Física

Chegou a primavera...Semana grande da ESGRIMA

En Zaleta ofertamos para toda a comunidade educativa unha actividade extraescolar enormemente interdisciplinaria ou integradora de todos os saberes e competencias: 

ESGRIMA DEPORTIVA, HISTÓRICA E ESCÉNICA en Zalaeta.

Queremos que veñades probar de que vai isto...


Aquí podedes ver un pequeno video do rico recreo con recreación histórica


 Cunha pincelada da charla de Ton Puey; o profesor de esgrima histórica en Zalaeta, cos seus axudantes Jorge e Manuel, que escenificaban as explicacións. Eles son membros activos da AGEA (Asociación Galega de Esgrima Antigua)

http://agea.110mb.com/?AGEA/Membros


Dime con quen BAILAS...?

Algúns que non gozaban bailando...foron quen de crear un baile en grupo e sentirse satisfeit@s; co sentimento gratificante de responsabilidade asumida e de reto superado.

"SOAMENTE CANDO APRENDAMOS A AMAR O QUE SOMOS APRECIAREMOS O QUE FACEMOS"

Aprender a bailar é algo físico, pero tamén ten un compoñente afectivo e social. Para bailar hai que ser bos compañeir@s, creativos, tedes que axudarvos, sendo amables, xenerosos, aceptando as suxestións dos demais, creando un clima de confianza, sorrirvos; un sorriso pode ser un reforzo positivo altamente estimulante. O baile é unha maneira de botar para fora complexos, de formarvos unha boa autoimaxe. A seguir bailando e superándovos!

Esoo 1º!

Esoo 1 y 2º!

                  Esoo 4º!                        

REALmente ir esquiar é unha experiencia total!

Estivemos no hotel Real en Jaca, e esquiamos en Astún, e un día en Candanchú. Ir a neve supón facer unha actividade deportiva; ESQUÍ ou SNOW dun xeito moi intenso, e pola outra banda, actividades culturais e de animación que serven para mellorar ou fortalecer as relacións do grupo. 

                                        IF YOU WANT TO REMEMBER SOME SPECIAL MOMENTS: 

                                

                                              WHO WOULD LIKE TO COME SKIING NEXT YEAR?

Haberá PRIMAVERA...!

 CUNQUEIRO está con nós...

 CUNQUEIRO deixounoso "Mirabilia" para entendernos tod@s en todas as linguas... e outro paraguas; o quitatrebas "Luceiro" que serve para épocas de treboadas e grandes temporais...  

"A nosa casa galega sufriu moitos temporais- algúns chámanlles frustracións-, pero sobreviviu a eles de milagre. Cando falo da casa galega falo da Galicia física, pero tamén da espiritual e intelectual; e da lingua, claro, que é a medida da mesma casa, a porta por onde se sae ao mundo a lle dicir a este como é, a dicirnos a nós como é el. Habitamos por humilde que sexa, casa propia e querémola respectada, non asoballada."


Volei e esgrima: Indo a máis!!

"NO SE FRACASA CUANDO SE PIERDE, SI NO CUANDO NO SE INTENTA"

Aquí podedes ver de que falamos:

 

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer