Punto Laranxa contra o acoso escolar

Intercambio con Hamburgo

O pasado 2 de abril voltamos da nosa viaxe á Hamburgo. Na semana que estivemos alí realizamos varias visitas pola cidade (Museo da Speicherstadt, Elbphilharmonie, Elbtunnel, Sankt Michael, Sankt Nikolai etc.). O alumnado asistiu a varias clases e a eventos, coma o Concerto de primavera, que celebran cada ano no "Gymnasium Meiendorf", o Centro colaborador. Ademais de Hamburgo tivemos ocasión de visitar a preciosa cidade de Lübeck. Foi unha semana moi intensa, na que o noso grupiño de 4ºA conviviu co alumnado do instituto alemán e as familias.

A segunda parte do intercambio terá lugar entre o 4 e o 11 de maio, coa visita das alumnas alemás e a profesora acompañante.

 

 

Obradoiros STEAM da exposición Trazos Maestros.

Dentro das actividades programadas polo Club de Ciencia e Tecnoloxía estamos a participar nos obradoiros STEAM da exposición Trazos Maestros.

Participamos con grupos de alumnado de 2º, 3º, 4º de ESO e 1º de Bacharelato nos obradoiros STEAM (Science, Technology, Engineering, Arts and Maths) organizados pola Dra Paola Guimeráns, experta en Arte e Tecnoloxía (@paolaguimerans) na Fundación Barrié de A Coruña.

Aprendemos sobre técnicas de debuxo, importancia dos debuxos no pasado e a como agora podemos aplicar as novas tecnoloxías para ao noso arte.

Máis información na web de Zalatecno https://sites.google.com/view/cienciaetecnozalaeta/obradoiros/trazos-steam

Sesión de traballo corporal

Javier Martín, coreógrafo e artista contemporáneo da nosa cidade, invitóunos a compartir con él o pasado xoves 28 de marzo, unha sesión de traballo corporal na praza das cigarreiras...

información e fotos no blog http://www.movendocu.blogspot.com.es

Visita o Porto de Ferrol

Os alumnos de 1º CS Comercio Internacional visitaron as instalacións do Porto de Ferrol.

 

La imagen puede contener: una persona, de pie, cielo, océano y exterior

ERASMUS +

Movilidade Italia marzo 2019.

Os rapaces integraronse moi ben. Houbo moita complicidade entre todos os rapaces dos diferentes países. (Austria,Grecia,Italia,Portugal e República Checa) 

Se queres ver más fotos pincha aquí.

Galería Erasmus +

https://www.facebook.com/zalaeta/

 

I Premio Isabel Zendal

I Premio Isabel Zendal de promoción del pensamiento crítico en educación secundaria y bachillerato

 
Género: artículo, relato infantil y juvenil
Premio: 300€ y colección de libros
Abierto a: alumnado escolarizado en centros educativos españoles entre 1º de educación secundaria obligatoria y 2º de bachillerato
Entidad convocante: Universidade da Coruña y el Círculo Escéptico

O prazo de presentación das solicitudes acompañadas dos traballos comeza coa publicación destas bases na Sede Electrónica e remata o día 10 de maio de 2019 ás 14:00 h. Os nomes das persoas gañadoras e finalistas publicaranse na páxina web da UDC. 

Más información: Bases

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer