Resultado de imagen de logo fse en galego     

Banco de libros: Un beneficio para todas as familias

BANCO DE LIBROS DE TEXTO

Unha axuda, un sorriso

SOLIDARIEDADE, INTERCAMBIO, REDUCIR O CONSUMO INNECESARIO... Moitos son os argumentos a favor de contar no centro cun Banco de Libros de Texto. A ANPA, outras persoas (nais, pais) e a propia dirección queriamos por en marcha esta iniciativa. É a primeira vez que a organizamos, seguro que haberá que aprender moito para os próximos anos. Algo no que si estabamos de acordo na ANPA era na necesidade que o proceso fose transparente, esperamos que o consigamos, esperemos que haxa moitos libros a repartir e que cheguen a quen máis o necesita. Pero, tamén queremos aclaralo, a ANPA non é quen para investigar a ninguén e por iso non introducimos ningún criterio que puidese afectar á privacidade das familias.

UNHA ACLARACIÓN: No folleto que se entregou no centro ao alumnado figura que os libros se recollerán o 1 e 2 de xullo pola tarde pero iso non é posible xa que o centro pecha pola tarde en xullo. Así o horario de entrega e recepción de libros será pola mañá. En setembro xa o poñeremos no centro.

Coa vosa axuda conseguiremos que esta iniciativa sexa un éxito.

Saúdos

Directiva ANPA Zalaeta


AdxuntoTamaño
Información programa Banco de libros_Zalaeta_xuño 2013_10.pdf283.36 KB

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer