Punto Laranxa contra o acoso escolar

Charla debate sobre a Lei de Mellora da Calidade Educativa: Mércores 10 de abril ás 7 da tarde

A ANPA organiza unha charla-debate sobre a Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa o próximo mércores 10 de abril ás 19 horas. No salón de actos do instituto.

Participan dúas persoas con ampla experiencia educativa e bo coñecemento do proxecto de lei: Jurjo Torres, catedrático de didáctica e organización escolar da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de A Coruña e María Xosé Bravo, a orientadora de Zalaeta. Convidamos tamén á Consellaría pero non está confirmada a súa presenza.

Esta lei vai condicionar o futuro educativo das nosas fillas e fillos. A pesar das múltiples novas que aparecen na prensa sobre a mesma pensamos que hai bastante descoñecemento da norma e de como pode afectar a toda a comunidade educativa.

Esperamos a vosa participación e rogamos a difusión deste evento o máximo posible.

Moitas grazas
Recibe un saúdo
Directiva ANPA Zalaeta Campo da Leña

AdxuntoTamaño
Cartaz Charla LOMCE_ANPA Zalaeta_10 de abril.jpg95.36 KB
Cartaz Charla LOMCE_ANPA Zalaeta_10 de abril.pdf273.45 KB

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer