As persoas interesadas presentarán unha única solicitude, utilizando o formulario normalizado do anexo I, que se entregará nun dos centros que figuran na Oferta clasificada por concello, preferentemente no centro onde se oferte o ciclo para o que solicita admisión. A solicitude irá dirixida á dirección do centro educativo.
Se a persoa solicitante presenta máis dunha solicitude ou solicita máis dun proxecto, non se terá en conta a súa petición. Lémbrase que non é de aplicación o límite superior de idade que figura no anexo I.
As persoas que participen no proceso de admisión para os proxectos de formación profesional dual tamén poderán, se así o desexan, realizar a solicitude de admisión a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior no réxime ordinario ou para persoas adultas, na modalidade presencial ou a distancia.
As persoas admitidas nun proxecto de FP dual quedarán excluídas, e non serán adxudicadas, no proceso de admisión a ciclos formativos no réxime ordinario ou no réxime para as persoas adultas. No caso de non seren admitidas en ningún proxecto de FP dual poderán continuar no proceso de admisión a ciclos formativos.
INFORMACIÓN SOBRE DOCUMENTACIÓN E PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ANEXO I DUAL.pdf | 277.95 KB |
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer