Resultado de imagen de logo fse en galego     

Vázquez Figueiras, Andrés

1ºESO Bioloxía e Xeoloxía, grupos B-C-D:

 

  • Traballo-resumo sobre o tema 10 (Reinos Fungi, Protista e Monera): Deben indicar as características principais de cada Reino, aspectos nos que resultan beneficiosos para o ser humano ou a biosfera e tamén algún aspecto prexudicial (como as enfermidades que provocan). Cómpre sinalar que para o grupo Protista han de dedicarlle un apartado independente a Algas e outro aos Protozoos. O formato é libre, pero a información principal ha de estar escrita a man, aínda que poidan engadir fotos, debuxos, títulos, etc. a ordenador.
  • Próximamente subirei á Aula Virtual (contrasinal como convidado: bioloxia), algún tipo de explicación sobre os seguintes temas. Deberán facer algún tipo de creación artística (debuxo, collage, representación con plastilina nunha caixa de zapatos...) de cada bioma ou ecosistema representativo (deserto, selva, bosque, arrecife de coral, zonas frías como a alta montaña ou os polos...). Ademais, deberán analizar os factores abióticos (condicións de temperatura, luz, precipitacións...) e bióticos (relación entre os distintos que seres vivos como depredación, competencia, simbiose, formación de manadas ou rebaños...) que se dan en cada un. Deberán facer un por cada semana que se prolongue o confinamento.

 

2ºESO Física y Química, grupos C-D:

  • Deben facer un traballo-resumo sobre o tema 7 do libro: A Enerxía, centrándose en tipos de enerxía e as distintas fontes de enerxía. O formato é libre, pero a información principal ha de estar escrita a man, aínda que poidan engadir fotos, debuxos, títulos, etc. a ordenador.
  • Deberán ir facendo todos os problemas do boletín de exercicios que lles dei hai tempo e enviarmos ao email (andresv@edu.xunta.gal). Eu subirei á Aula Virtual (contrasinal como convidado: fisicaequimica) os exercicios resoltos paso a paso. Tamén resolvo as dúbidas que lles vaian xurdindo ao faceren os exercicios vía email.

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer