Resultado de imagen de logo fse en galego     

Visita do alumnado alemán

O luns, día 7 de maio, tivo lugar a Recepción no Concello do alumnado do intercambio que, dende hai tras anos, ven realizando o noso Instituto co “Gymnasium Meiendorf” de Hamburgo.

Ao longo da semana as alumnas alemás asistiron ás clases cos compañeiros/as e realizaron diversas actividades: o martes, unha interesante visita guiada no “Muncyt” e ao mediodía, unha exitosa e divertida práctica de surf no Orzán, organizada por Conchi García (E.Física). O mércores visitamos Santiago, acompañados por Ana López (Historia e Arte) e o xoves viaxamos a Ourense, acompañados por Ramón Pasandín (Tecnoloxía) e Fran Soto (E. Física), para participar en “Galiciencia”, xunto cos alumnos do Club de Ciencia e Tecnoloxía, e a súa profesora Paz Freire; antes de voltar á Coruña, aproveitamos para darnos un baño nas Termas de Outariz. O último día lectivo, antes da partida, as alumnas alemás prepararon as presentacións do proxecto “Mi ciudad es tu ciudad” e expuxéronas na aula.

Destacamos, coma nas anteriores edicións, a colaboración do Centro de Hamburgo, así coma a implicación do alumnado e do profesorado do noso Instituto, acollendo ao alumnado nas aulas ou acompañándoo nas actividades que tiveron lugar fóra do Instituto.

 

Para ver a galería pincha aquí: Album 127 e Album 131  

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer