Resultado de imagen de logo fse en galego

MATRÍCULAS CURSO 2018-19

DÍA 26 DE XUÑO

ENTREGA SOBRES DE MATRÍCULA DA ESO E BACHARELATO (Para alumnos que aprobaron todo ou lle quedan dúas para setembro)

MATRÍCULAS:

1º DE ESO: 2 e 3 de xullo

2º DE ESO: 4 de xullo

3º DE ESO: 5 de xullo

4º DE ESO: 6 de xullo

1º DE BACHARELATO: 9 de xullo

2º DE BACHARELATO: 10 de xullo

2º CURSO DE CICLOS FORMATIVOS: 26 DE XUÑO

ACORE EUROPA CICLO SUPERIOR 2018

 

Convocatoria de bolsas Acoreuropa VII para titulados en FP (3ª convocatoria)

FONTE: Información obtida da web do CMIX de A Coruña.

O Concello da Coruña convoca o programa BOLSAS EUROPA FP-PROXECTO ACOREUROPA VII (3ª Convocatoria).

Nesta terceira convocatoria adxudicaranse 10 bolsas a titulados/as de ciclos superiores de FP, para facer prácticas formativas de tres meses de duración en empresas de Irlanda, Italia e Portugal.

O programa está dirixido a titulados en ciclos superiores de FP que acadaron a súa titulación en decembro de 2017 ou xuño de 2018, incluida a FCT (Formación en centros de traballo), e que realizasen os seus estudos en algún dos centros docentes que participan como socios no programa:

CIFP Anxel Casal

CIFP Paseo das Pontes

CIFP Someso

IES A Sardiñeira

IES Fernando Wirtz

IES Ramón Menéndez Pidal

IES Urbano Lugrís

IES Escola de Imaxe e Son

IES Eusebio da Guarda

 

OUTROS REQUISITOS PARA PARTICIPAR:

Estar en situación de desemprego ou ter escasa experiencia profesional.

INSCRICIÓN: 

O prazo abrirase do 2 ao 27 de abril de 2018.

As persoas interesadas en participar no programa deberán inscribirse en liña na páxina web municipal www.edu.coruna.es a través da ficha específica Bolsas ACOREUROPA VII. 3ª CONVOCATORIA; indicando os destinos para os que solicita a súa participación ordenados por preferencia (Ver as bases do programa).

Posteriormente, a documentación do expediente e copia do xustificante da solicitude, asinada pola persoa solicitante (e, no caso de menores de idade, a persoa ou persoas que teñen a súa patria potestade ou tutela), deberá presentarse nos rexistros municipais ubicados no Pazo municipal de María Pita, Fórum Metropolitano, Mesoiro ou Ágora.

DOCUMENTACIÓN:

Xustificante da solicitude debidamente cumprimentada e asinada.

Fotocopia do DNI/NIE ou pasaporte

Fotografía recente tamaño carné (con nome no reverso).

Declaración responsable de estar ó corrente do cumprimento das súas obrigacións tributarias co Concello da Coruña.

Se é o caso, fotocopia do documento de demandante de emprego

Se é o caso, calqueira título oficial de idiomas.

CV Europeo (en inglés)

Carta de motivación (en inglés)

Application form (en inglés)

Os centros educativos presentarán, por cada solicitante que estudase no seu centro, a seguinte documentación: Certificado do expediente académico. Informe da titoría do ciclo formativo ou da dirección do centro docente.

PROCESO DE SELECCIÓN:

Para facer a selección, a Comisión de Valoración terá en conta as cualificacións obtidas nos seus estudos de FP, a súa competencia lingüística de idiomas extranxeiros, a valoración que faga o centro e o resultado dunha entrevista persoal pola Comisión.

As 10 bolsas distribúense da seguinte maneira:

Florencia (Italia): 4 bolsas

Lisboa (Portugal): 3 bolsas

Cork (Irlanda): 3 bolsas

As movilidades realizaranse de mediados de setembro a mediados de decembro de 2018.

O órgano competente poderá variar a súa distribución en función da competencia lingüística das persoas seleccionadas.

As bolsas inclúen todos os gastos:

As viaxes de ida e volta, o aloxamento, un seguro de accidentes e sanitario; e ademáis as persoas participantes recibirán unha cantidade económica para a súa manutención e estadía.

O Concello tamén se encarga da xestión do programa: organización das viaxes, a búsqueda de aloxamentos, a búsqueda das empresas de prácticas, así coma da tramitación da documentación ante o SEPIE.

 

MÁIS INFORMACIÓN:

Servizo Municipal de Educación (A Coruña)

Casas de Paredes. Avda. da Mariña, 18 – 2ª e 3ª prantas. 15001 A Coruña

Correo-e: educación@coruna.es

Teléfono: 981 184 200 (ext: 12114 e 12038)

ENLACES:

Ficha de inscrición

 

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer