Resultado de imagen de logo fse en galego

MATRÍCULAS CURSO 2018-19

DÍA 26 DE XUÑO

ENTREGA SOBRES DE MATRÍCULA DA ESO E BACHARELATO (Para alumnos que aprobaron todo ou lle quedan dúas para setembro)

MATRÍCULAS:

1º DE ESO: 2 e 3 de xullo

2º DE ESO: 4 de xullo

3º DE ESO: 5 de xullo

4º DE ESO: 6 de xullo

1º DE BACHARELATO: 9 de xullo

2º DE BACHARELATO: 10 de xullo

2º CURSO DE CICLOS FORMATIVOS: 26 DE XUÑO

GUIA TI ELIXES 2017

Con motivo da realización das XXV Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional, a Concellaría de Xustiza Social e Coidados do Concello da Coruña publica a edición 2017 da Guía Ti Elixes!, que ten como finalidade servir de apoio ao obxectivo destas Xornadas, que non é outro, que informar e asesorar ao alumnado de educación secundaria sobre a oferta de estudos universitarios, formación profesional e outros estudos non regulados, así como das saídas profesionais ao seu remate.

A Guía Ti Elixes! 2017 consta de dous documentos: un directorio de fontes de información sobre emprego e educación cos recursos máis salientables nestes dous ámbitos, e unha selección das bolsas convocadas nestes dous últimos anos por entidades públicas e privadas.

A recopilación da información foi realizada polo Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña, que pon a disposición da xuventude unha asesoría educativo-profesional onde se pode obter información e asesoramento neste eido, e consultar as diferentes convocatorias de interese para a comunidade educativa, como poden ser bolsas, prácticas profesionais, etc.

Esperamos que sexa de utilidade.

Descarga a Guía Ti Elixes 2017  

Máis información: 

Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX)Fórum Metropolitano

  • R/ Río Monelos, s/n, 15006 A Coruña
  • Tel.: 981 184 294
  • Fax: 981 184 295
  • Email: cmix@coruna.es
  • Horario: De luns a venres, de 10 a 14 e de 17 a 20 h. Sábados, de 11 a 14 h.
  • Horario de verán: pechado os sábados.
  • Agosto: De luns a venres, de 09:30 a 14:30 h.
  • Servizo de orientación legal: De luns a xoves, de 17 a 20 h.
AdxuntoTamaño
GUIA-Ti-Elixes-2017.pdf1.24 MB

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer