Programacións curso 2017-18

Abalar Móbil para familias

A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ofrece  a aplicación abalarMóbil. 

É unha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida. Está dispoñible para os pais, nais e titores legais do alumnado matriculado nos centros educativos de Galicia.

 

Pode instalarse no teléfono móbil ou nunha tablet. A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android). 

 

PASOS A SEGUIR PARA A INSTALACIÓN:

  1. PRIMEIRO BUSCAMOS EN PLAY STORE OU APPLE STORE "ABALARMOBIL" E A INSTALAMOS.
  2. PEDIRANNOS UN NÚMERO DE MÓBIL PARA REXISTRARNOS (o mesmo que se facilitou na Secretaría do centro no momento da matrícula do alumnado).
  3. A ESE MESMO NÚMERO NOS ENVIARÁN UN CÓDIGO DE 9 DÍXITOS.
  4. CON ESE CÓDIGO XA PODEMOS FINALIZAR A INSTALACIÓN.

 

REQUISITOS CONTRASINAL:

  • Conter mínimo 8 caracteres.
  • Conter polo menos unha maiúscula, unha minúscula e un número.
  • Non coincidir coas últimas 5 contrasinais anteriores (debe ser distinta en 3 caracteres como mínimo)
  • Non pode estar composto polo DNI nin o nome ou apelidos do propio usuario.

CALQUERA PREGUNTA QUE TEÑAN NON DUBIDEN EN CHAMAR AO CENTRO

 Guía para as familias abalarMóbil 

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/guia_familias_-_novo_espazoabalar_castellanov2.2.pdf

 

As familias que descarguen abalarMóbil van a poder dispoñer das seguintesfuncionalidades

Acceder aos datos persoais

Consultar as cualificacións

Consultar e xustificar as faltas de asistencia

Solicitar unha cita de titoría

Consultar os datos do centro educativo

Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.

 

Todas as familias que o desexen xa poden descargar a apliación, se teñen dúbidas o martes día 14 ás 18:15 horas teremos reunións nas diferentes titorias para informalos ó respecto.

 to.

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer