Punto Laranxa contra o acoso escolar

PROXECTO ACORE V

PROXECTO ACORE V : MOVILIDADES PRÁCTICAS TITULADOS SUPERIORES CC.FF. DO CONCELLO DA CORUÑA

O Concello da Coruña abrirá do 7 ao 30 de novembro de 2016 o prazo de inscrición para solicitar unha das 10 prazas incluidas no programa Bolsas Europa FP-ProxectoAcoreuropa V destinado a titulados en ciclos superiores de Formación Profesional. As bolsas permitirán realizar prácticas formativas durante tres meses en empresas de Reino Unido, Irlanda, Italia e Portugal.

A inscriciónpoderáfacerse a través da web educativa www.edu.coruna.es, na ficha específica do programa Acoreuropa V. As persoas solicitantes teñen que ter titulado en ciclos superiores de FP en xuñooudecembro de 2016 en algún dos centros educativos adscritos ao programa, que son os seguintes: CIFP Anxel Casal, CIFP Paseo das Pontes, CIFP Someso, IES Eusebio da Guarda, IES Escola de Imaxe e Son, IES Fernando Wirtz, IES Ramón Menéndez Pidal, IES Urbano Lugrís e IES A Sardiñeira.

O programa Bolsas Europa FP-ProxectoAcoreuropa V está desenvolto polo Concello da Coruña, a través do Servizo Municipal de Educación, en colaboración coa Deputación da Coruña e de nove centros educativos da cidade, e forma parte da convocatoria Erasmus+ realizada polo Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE).

O período das prácticas para os participantes será desde mediados de marzo ata mediados de xuño de 2017. As bolsas cubren os seguintes aspectos:

-         

Viaxe de ida e volta desde A Coruña ata a poboación de destino (Florencia, Lisboa, Cork, Belfast)

-         

Aloxamento durante o período da estadía

-         

Axuda económica para financiar a manutención durante a estadía

-         

Seguro de asistencia sanitaria e responsabilidade civil

-         

Contrato de formación non laboral por unha empresa do país de destino durante un período de 90 días

-         

Titorización da estadía e das prácticas formativas por persoal especializado da empresa e dunha organización intermediaria do país de destino

-         

Preparación lingüística, con acceso a un curso on line nos idiomas dos países de destino

Para poder optar a unha das bolsas hai que ter rematados os estudos de ciclo superior de FP nos centros adscritos ao programa e ter superada a FCT en xuñoou en decembro de 2016.

A selección das persoas participantes farase de acordo a criterios académicos, baremando para elo as notas do expediente académico. Tamén se terá en conta a valoración dos respectivos centros sobre cada solicitante e o posible coñecemento de idiomas extranxeiros.

 

Na ficha específica disposta na web www.edu.coruna.esestarán tamén as instruccións e documentación necesaria para poder facer efectiva a inscrición. En todo caso, para aclarar posibles dúbidas e consultas, as persoas interesadas poden informarse nos seus centros educativos, na web edu.coruna.es ou no Servizo Municipal de Educación, no correo educacion@coruna.esou no teléfono 981 184200, extensións 12114 e 12038.

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer