Resultado de imagen de logo fse en galego     

TÍRALLE DA LINGUA

O 28 de novembro celebrarse en Santiago a fase final do Concurso de Relato Oral "Tíralle de Lingua". Unha vez realizada a preselección para as dúas categorías, temos o pracer de anunciar aos candidatos e candidatas que representarán ao IES Ramón Menéndez Pidal. Parabéns e noraboa a todos e todas as que participastes!

MAGOSTO

O mércores 20 de novembro celebraremos o Magosto no instituto. Haberá castañas, xogos populares e doces preparados por alumnado de 4º da ESO. Máis información no documento adxunto.

APRENDEMOS A MONTAR EN BICI

Desde hai unhas semanas o Departamento de Educación Física participa no programa  "Rodando pola nosa historia" en colaboración coa sección de Educación Vial da Policía Local da Coruña, xunto co colectivo Mobi-Liza e grazas á colaboración de BiciCoruña. Realizáronse obradoiros de ergonomía, mecánica básica da bici e de educación vial e mobilidadae sostible. Xa coas instrucións e a teoría aprendidas, só queda...subirse á bici!

Máis información dispoñible no blog "Movendo o cu!"

 

 

 

OSHWDem 2019

Participación na OSHWDem do Club de Ciencia e Tecnoloxía co proxecto inclusivo da Asociación Cultural Zalaeta Deseño e Son subvencionado pola Fundación Emalcsa.

Alumnado de 3º e 4º de ESO participou cos docentes Carlos L., Ramón P., Tono F., Xosefa C., Jay W. e Paz F.
Compartimos a xornada cos nosos socios no proxecto do CEE Lourdes (Aspronaga) coordinados por Felo C.
Unha xornada positiva e enriquecedora para tod@s.
 
Mais información e fotos en Twitter (do proxecto @DesenoE, do Club de Ciencia @TecnoZala) en Instagram (@Zalatecno) e na web.
 

VISITA A INDITEX

Como cada curso, visitamos a sede da multinacional téxtil INDITEX. Os alumnos e alumnas de 2º curso do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais percorreron as súas instalacións, departamentos e áreas loxísticas e de distribución. Sen dúbida, unha visita do máis interesante!

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer