Punto Laranxa contra o acoso escolar

Blogues

CURSO 2020-2021

O 1 de setembro iniciamos o curso 2020/2021. A especial situación que estamos a vivir precisa que todos e todas poñamos da nosa parte, cumprindo as recomendacións sanitarias en todo momento. Sabemos que este curso vaiser, cando menos, diferente e difícil. Pero todo o equipo de persoal docente e non docente faremos o que estea nas nosas mans para que o espírito zalaético siga medrando.

Prestade atención, xa que iremos publicando, tanto nas redes sociais como nesta web, toda a información de interese para dar comezo a este novo curso.

 

PREMIOS EXTRAORDINARIOS BACHARELATO 2019/2020

No documento proporciónase a información relativa a estes premios.

  • Nota media no Bacharelato igual ou superior a 8,75.
  • Prazo de presentación das solicitudes: 22 de agosto.

PREMIOS EXTRAORDINARIOS ESO CURSO 2019/2020

No documento proporciónase a información relativa a estes premios.

  • Nota media na ESO igual ou superior a 9.
  • Prazo de presentación de solicitudes para realizar a proba: 19 de agosto

ACTO DE GRADUACIÓN 2º BACHARELATO

O venres 10 de xullo puxemos punto e final ao curso 2019/2020. Nunha semana marcada polo protagonismo da ABAU, o alumnado de 2º de Bacharelato reuniuse para celebrar a finalización desta etapa. Parabéns a todos e a todas, desfrutade das vosas merecidas vacacións, e a mellor das sortes!

Vídeo

 

PROCESO DE SELECCIÓN FP DUAL

Unha vez publicada a listaxe de solicitudes de Formación Profesional Dual, convócase aos candidatos e candidatas ao proceso de selección que se realizará os días 15, 16 e 17 no IES Ramón Menéndez Pidal.

  • CS DE TRANSPORTE E LOXÍSTICA

Presentación: mércores 15 de xullo ás 11h no Salón de Actos do Instituto.

Entrevistas: xoves 16 e venres 17 de xullo. As instrucións serán facilitadas no acto de presentación.

 

  • CM DE COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS ALIMENTARIOS

Presentación: mércores 15 de xullo ás 12h no Salón de Actos do Instituto.

Entrevistas: xoves 16 e venres 17 de xullo. As instrucións serán facilitadas no acto de presentación.

 

Prégase a todos os asistentes o uso de máscara en todo momento e o respecto das indicacións en termos de distancias de seguridade.

GUÍA DE TRABALLO PARA SETEMBRO

Na seguinte LIGAZÓN pódense consultar as tarefas propostas polo profesorado a realizar para o mes de setembro.

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer