Punto Laranxa contra o acoso escolar

blogue deZalaeta

Centro Municipal de Información Xuvenil

Semana do Libro

Esperamos que esteades ben.
Desexámosvos un Feliz día do libro.
Este ano desde a casa celebrámolo e como os xoves nos reuniamos no segundo recreo na aula A-B, neses "recreos creativos" hoxe imos desde a casa realizar ese recreo recreativo, que sirva para "respirar" e coller forzas.
 
A actividade de hoxe vai fiar coa anterior proposta, a que tiña que ver co roteiro de mulleres escritoras, especialmente.
 
ACTIVIDADE DO DÍA DO LIBRO
EDLG e Plan Proxecta de innovación en dinamización da lingua galega
 
Imos realizar un MINILIBRO en galego.
 
1) Prepara unha cartolina, da cor que queiras, a que máis che guste, e, se non tes cartolina, un folio, de cor, ou branco; se non fose posible, un cartón ou papel que poidas utilizar, mesmo que queiras e poidas reciclar, iso si, que non estea escrito.
 
2) Dobra o material (cartolina, folio, ...) á metade, despois volve dobrar á metade e así sucesivamente, ata catro dobras; en resumo, dóbrase á metade 4 veces.
 
3)  Suxeita o lateral que está pechado, como se for o lombo do libro, é dicir, que non se pode abrir, e recorta todas as partes que quedaron xuntas, que queden páxinas pequenas unidas só por un  lateral; como  un libro en pequeno.
 
4) Na primeira páxina, como nos libros, ponlle título ao teu libro.
 
5) Escribe unha palabra en cada páxina, fiando unhas coas outras, de xeito que ao ler todas as páxinas teñamos unha historia, a túa historia e completes o teu libro.
 
6) Cando remates, no roteiro da tarefa anterior, o ROTEIRO DA MULLER, sitúa no plano, nos Xardíns de Méndez Núñez, fronte ao Kiosco Alfonso, aproximadamente, un punto máis, o da escultura en homenaxe ao libro. Igual pasara desapercibida, mais está alí, nun lugar que recorda o recollemento que invita a ler.
 
7) Pecha os ollos, pensa que estás diante desta escultura e le o teu minilibro, o que acabas de realizar.
 
8) Agora, co teu roteiro á man, pensa no lugar onde che apetecería pararte a ler e imaxínate lendo neste lugar, prepara o teu libro favorito e le imaxinándote neste punto do roteiro. Se non está ese punto da cidade no roteiro anterior, o lugar onde queres parar, anótao no roteiro. Pouco a pouco este roteiro vaise ampliando en relación con dous temas que camiñan á par: o libro e a muller.
 
Pretendemos viaxar imaxinariamente desde a casa, neste tempo de confinamento, e saborear os nosos libros preferidos neses lugares emblemáticos para nós. Viaxar imaxinando, como facemos lendo, desde a casa.
 
A lectura, de feito, é unha viaxe imaxinaria.
 
Esperamos que vos fixese desfrutar a actividade. Cando rematedes podedes e, de feito, invitámosvos, a enviar o resultado a titoria4@gmail.com.
 
Graciñas
 
Ánimo e FELIZ DÍA DO LIBRO
 
EDLG ZALAETA

Navegar con seguridade na rede

Xornadas de portas abertas da UDC

Correos dos titores e titoras

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer