Punto Laranxa contra o acoso escolar

blogue deZalaeta

Quero estudar Formación Profesional!

Esforzo e superación!

Maio Zalaético

Actividade do 8 ao 24 de maio
 
Esperamos que esteades ben.
Seguimos coa celebración dos maios esta semana e agora realizaremos un maio de flores desde a casa.
Co que haxa na casa: un bote de cristal, dous pauíños se madeira cruzados en forma de árbore ou mesmo, calquera figura que queirades.
1) Realízase a estrutura co material escollido: bote, botella, de plástico ou de cristal.
2) Dáselle a forma da figura que queredes construír.
3) Adornádeo con flores, de papel, porque é máis complexo que sexan naturais, neste momento.
Despois poñede outros adornos que se vos ocorran e que poidades utilizar.
 
Mesmo serve despois de decoración na casa, aí temos o noso maio zalaético. Cando rematedes podedes enviar unha foto do maio de flores. Se queredes gravar o maio que realizastes para cantar e acompañalo do maio floral, xenial, para traballo é completo para celebrar os maios. Despois podedes envialo ata o 14 de maio a titoria4@gmail.com.
 
Graciñas
EDLG

Máis información sobre a ABAU

RESTABLECEMENTO DO PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO

INFORMACIÓN DISPOÑIBLE NO DOG DO 6 DE MAIO DE 2020:

Prazo de presentación de solicitudes de admisión: ESO e Bacharelato.

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

HORARIO DE ATENCIÓN NA SECRETARÍA DO CENTRO: de 9 a 14h

POSIBILIDADE DE PRESENTACIÓN TELEMÁTICA A TRAVÉS DA SEDE ELECTRÓNICA

Listaxes provisionais do alumnado admitido e excluído deberán publicarse antes do 9 de xuño e as definitivas ata o 26 de xuño.

Publiacación de listaxes: no propio taboleiro do centro ou través da aplicación web admisionalumnado.

O VENRES 15 DE MAIO O CENTRO PERMANCERÁ PECHADO POR TRATARSE DUN DOS DÍAS DE LIBRE DISPOSICIÓN POR ACORDO DO CONSELLO ESCOLAR E APROBADO POLA XEFATURA TERRITORIAL.

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer