Punto Laranxa contra o acoso escolar

blogue demgarrido

VISITA DO ALUMNADO DE 2º DE COMERCIO INTERNACIONAL A EXPORT PYME

 

 

 

VISITA DO ALUMNADO DE C. INTERNACIONAL AO PORTO DE VIGO E ZONA FRANCA

 

O martes 16 de Febreiro fixemos unha visita ao Porto de Vigo e a Zona Franca co alumnado de 1º e 2º de Comercio Internacional. Facía un día soleado  e  moito frío pero ven abrigadiños soportamolo ben. Primeiro recorremos o Porto para ver as distintas mercancías que saen de Vigo (pesca, granito, contenedores, aceiro, compoñentes de enerxía eólica, cemento) e finalmente os coches que fabrica Citroen todos aparcadiños alí para embarcar no barco Ro-Ro cara ao seu destino. Tamén estaban esperando embarque moitos Mercedes que viñan de Inglaterra e ían cara Sudáfrica. Logo na Zona Franca recibíronos cun potente almorzo que nos reconfortou para seguir atentamente a charla na que Eugenia e Agustin nos explicaron cal é o cometido da Zona Franca

Visita a Galopín e a Porto Muiños


     Visita a Galopin e Porto Muiños

O día 2 de Febreiro os nosos alumnos de 1º de C. Internacional e de X. Comercial e Marketing, acompañados de Juan Carracedo e María Garrido, foron de visita a Cerceda para visitar duas empresas: GALOPIN (dedicada á distribución de parques infantís e parques para maiores deseñando eles os espacios e os tipos de xogos segundo as necesidades dos clientes), e PORTO MUIÑOS (dedicada á elaboración de produtos con algas, setas, ourizos,..., todo delicatesen. Ademáis teñen un aula de cociña onde experimentan os maridaxes de ingredientes)

En GALOPIN fixemos un percorrido polas instalacións ao mesmo tempo que nos ían contando o seu facer na empresa, a sua preocupación por preservar o medio ambiente, a promoción do medio rural e o desenrolo sostible, asi como a sua preocupación por atender nos seus produtos a os nenos discapacitados ou con limitacións.

En PORTO MUIÑOS tamén fixemos un percorrido polas instalacións da empresa e logo Rosa Mirás falounos de como foron os inicios da empresa, a sua internacionalización, e a súa constante búsqueda de produtos e maridaxes novos. Son ademáis uns divulgadores das cualidades das algas. Ultimamente están investigando para sacar unha línea de cosmética. Finalmente regalaronnos a cada un  un dos seus ricos produtos (arroz meloso con algas wakame !qué rico!)

Duas pequenas empresas, exitosas,  innovadoras, que investigan continuamente novos produtos, internacionalizadas e preocupadas polo medio ambiente. Unha visita moi interesante.


Visita ao Porto de Vigo e Zona Franca

Visita Porto Vigo


Os alumnos de 1º de Comercio Internacional e de X.Comercial e Marketing visitaron o pasado mes de Xaneiro as instalacións do Porto de Vigo e a Zona Franca. As duas visitas foron guiadas.

 

No porto visitaron as zonas de depósito, carga e descarga de contenedores e das diversas mercancías mercancías, o almacen de Citroen e a carga de vehículos en barcos ro-ro.

Na zona franca foron recibidos cun almorzo (xa era perto da unha e media da tarde e dende as 8:30 que salimos agradeceuse). Logo visitaron as instalacións de almacenaxe da zona franca e vimos unha aplicación para mostrar o funcionamento da actividade que se desenrola na zona.

Acompañaron aos alumnos os profesores Rosa Mesura e Juan Carracedo


Visita a Inditex do alumnado de Xestión Comercial e Marketing

Visita a Inditex    

O alumnado dos ciclos de Comercio Internacional e de X. Comercial e Marketing visitaron osdías 10 e 17 de Novembro, respectivamente, as instalacións de Inditex no polígono de Sabón en Arteixo. Visitarónse as seguintes áreas: sección de informática, área de deseños e patronaxe, tendas piloto, área de cosmética e almacén, onde se observou o movemento da roupa polos ares para ser embalada nas caixas e contedores para a distribución. A duración da visita foi de duas horas aproximadamente e os profesores acompañantes foron Amalia Casabella e Juan Carracedo respectivamente.

 

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer