You are hereActividades / Extraescolares

Extraescolares


REMATOU O VI CURSO DE FORMACIÓN SOBRE O PATRIMONIO LÚDICO, COORGANIZADO POLO IES DE MELIDE

O VI Curso de formación sobre o patrimonio lúdico, centrado na relación do xogo tradicional coa literatura oral e coa música, celebrouse a fin de semana do 13 e 14 de novembro en Santiago.

Nel participaron medio cento de educadores e educadoras procedentes de toda Galicia, que desenvolveron un total de cinco sesións prácticas de aprendizaxe de xogos e de análise de estratexias para integrar o patrimonio lúdico no currículo. No programa do Curso houbo tempo tamén para a reflexión teórica, suxerida polo investigador portugués João Amado, e polos galegos Antón Cortizas e César Camoira, filólogo melidao este último.

O Curso forma parte dos proxectos de colaboración permanentes existentes entre o IES de Melide e a Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, entidade promotora do mesmo. A Biblioteca do centro, por exemplo, conta no seu catálogo cos fondos documentais e bibliográficos da AGXPT.

BRILLANTE PARTICIPACIÓN DOS REPRESENTANTES DO IES DE MELIDE NO ENCONTRO DA FASE GALEGA DO MEP

A Asociación Galega para a promoción da Oratoria e Retórica no Ámbito Europeo organizou en Melide pasado sábado, 2 de maio, un encontro da fase galega do MEP (Modelo Parlamento Europeo), ), unha alternativa ás xa coñecidas ligas de debate que ten a súa continuidade a nivel estatal e internacional.

No encontro participou unha delegación do IES Melide formada por Uriela García, María Mato, María Lamela e Álex Sleiman, coa dirección da profesora Loli Vázquez. 

A participación dos representantes do IES Melide foi brillante no seu conxunto. Entre outros recoñecementos, Uriela García foi designada mellor oradora do encontro, e María Lamela ocupou o cuarto posto entre os/as elixidos/as.

A cita celebrouse por primeira vez en Galicia, promovida por Agorae e a Colaboración do Concello de Melide e  a Dirección Xeral de Xuventude. Participaron medio centenar de alumnos de 9 centros escolares galegos.

Parabéns ás nosas alumnas e a Loli Vázquez que as acompañou ó longo de toda a xornada.

Pode descargarse un pequeno arquivo fotográfico do evento aquí:

https://drive.google.com/open?id=0B4ospBhQwCj2flJWQ1ZjZ1JScVpsYkpqVzVEeTlFUTNSVmlQd2ZQaEhkQ2NJQTBTQ0h6MTQ&authuser=0

  

Programa:http://asociacionagorae.org/oratoria/index.php/especial-mep/itemlist/category/26-mep-galicia 

Celebración Edición O do Model European Parlament

A casa da Cultura de Melide acollera o vindeiro Sábado 2 Maio en horario de maña e tarde a celebración da Edición O do MEP ( Model European Parlament). 

Desexamos unha brillante intervención do noso alumnado que estará acompañado pola sua profesora Loli Vázquez. 

PRESENZA DO IES DE MELIDE NAS XORNADAS DO PLAN PROXECTA 2015

As nosas compañeiras Ádega Mariña e Amelia Andrés participaron como relatoras nas Xornadas Plan Proxecta 2015, un encontro organizado polo CAFI ao que asistiron máis de 300 docentes implicados no desenvolvemento dos diferentes programas.

O IES de MELIDEabre así a porta a toda a comunidade educativa galega para dar a coñecer o seu proxecto que leva por título 5 AO DÍA: “IES VIDA”, integrado no programa “ALIMENT-T BEN” do Plan Proxecta.

O proxecto do noso IES foi seleccionado, de entre preto de 100 propostas que se están a levar a cabo nos centros educativos de Galicia, como exemplo de “BOAS PRÁCTICAS”.

O obxectivo do plan é favorecer a integración no currículo escolar de temas transversais baixo unha metodoloxía de traballo por competencias, na que se favorece a colaboración do alumnado, o labor interdisciplinario dos docentes e a integración das novas tecnoloxías da información e a comunicación na práctica educativa.

O relatorio de Adega e Amelia tivo moi boa acollida entre o profesorado asistente as xornadas, sendo felicitadas pola súa amena e simpática exposición que se prolongou quince minutos da hora prevista por mor das moitas preguntas que lles fixeron.

Concurso de Recitado de poesía " Rosalía sempre viva"

O pasado sábado 21 de Febreiro 3 alumnas e 1 alumno do IES de Melide participaron no concurso de recitado de poesía "Rosalía sempre viva", organizado pola Fundación Manuel María de Estudos Galegos, e que tivo lugar na localidade lucence de Outeiro de Rei.

Aida López de 4º Eso recitou "Dende aquí vexo un camiño"; Sara Fociños tamén de 4º curso, "Amigos Vellos". Na categoría de 2º Bac, Diego Quintela , o poema "Tas-tis, tas-tis" e Uxía Loureiro, "A  xustiza pola man".

Uxía Loureiro quedou finalista con un dramático e conmovedor recitado do texto rosaliano e recibiu os aplausos emocionados do público presente neste certamen.

Parabéns a todos vos pola vosa espectacular interpretación do sentir de Rosalía.

POXA DE MOBLES 2014 - CICLO DE CARPINTERÍA

O 19 de novembro ás 18:15 pasa polo noso IES para levar un moble con deseño, de calidade e a bo prezo; feito polo alumnado do Ciclo de Carpintería. 

SORTEO DUN MOBLE ENTRE OS ASISTENTES.

Podes ver os mobles na web do ciclo clicando en:  http://madeiramelide.weebly.com

ACTO DE DESPEDIDA - 2º DE BAC E CICLO DE MADEIRA

O IES de Melide está ultimando os detalles da organización do ACTO de DESPEDIDA do alumnado que este ano previsiblemente remata os seus estudos no noso IES, falamos dos discentes de 2º de BAC e de 2º do Ciclo de Madeira.

Nesta xuntanza tratamos de facer memoria do acontecido nestes anos da súa estancia no noso IES para facer un recoñecemento ó seu esforzo persoal e como colectivo; agradecendo tamén , por suposto, ás súas familias o seu seguimento e respaldo nestes anos de estudo.

Escola Oficial de Idiomas

AS NOSAS CREACIONS

CALENDARIO

Radio na Biblio

Distribuir

Distribuir contido