You are hereFísica e Química

Física e Química


Alumnado de Química de 2º de BAC visita o CIQUS

Visita ao Ciquis

Na mañá do venres 22 de xaneiro de 2016 realizouse unha visita ao CiQUS da universidade de Santiago con 14 alumnos e alumnas de 2º de BAC de Física e de Química. Nesta visita o alumnado tivo a oportunidade de levar a cabo experimentos no laboratorio, como a síntese química de sinxelos compostos farmacolóxicos, e participar de forma activa en diversas demostracións científicas. Realizaron tamén un percorrido guiado polas instalacións e coñeceron as líñas de investigación máis destacadas do centro. Todo elo serviulles para tomar contacto de primeira man co día a día dun centro de investigación, ademais de coñecer algúns dos equipos e técnicas de análise dos que dispoñen os laboratorios de apoio instrumental cos que conta o CiQUS.


1905-2015 Cen anos de Relatividade

Tendo en conta que o 4 de novembro se celebra o día da ciencia e que en novembro de este ano tamén se cumplen 100 anos desde que Einstein publicou a teoria da Relatividade Xeral, o departamento de Física e Química decidiu facer un traballo sobre a obra de Einstein. Se fixeron tan só tres posters polo que foi preciso sintetizar moito a información dispoñible.Dividíronse en tres aspectos: A Física, A política e a sociedade e A vida procurando que fosen o máis didáctico e práctico posibles.

MASTERCLASS SOBRE FÍSICA DE PARTÍCULAS NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO

De novo un ano máis o departamento de Física de Partículas da Universidade de Santiago de Compostela en colaboración coa Sociedade Europea de Física e o CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear), organizou unha xornada ou "Masterclass" de actividades relacionadas coa Física de Partículas destinada a estudantes de Bacharelato. Nesta nova edición participaron as 4 alumnas que cursan a asignatura de física en 2º de BAC acompañadas do profesor de física. A actividade consistiu na asistencia a dúas conferencias pola mañá e a realización dunha práctica con ordenadores sobre a detección de partículas nos experimentos que se levan a cabo no CERN. Unha vez rematada a práctica tivo lugar unha posta en común mediante videoconferencia con outros dous centros de investigación procedentes de Alemania e Polonia e nos que participaba tamén alumnado de Bac realizando a mesma experiencia.

 

Alumnado de 2º de Bac asiste en Santiago a unha masterclass sobre física de partículas

O departamento de Física de Partículas da Universidade de Santiago de Compostela en colaboración coa Sociedade Europea de Física e o CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear), organizou un ano máis unha nova xornada ou "Masterclass" de actividades relacionadas coa Física de Partículas destinada a estudantes de bacharelato. Nesta nova edición participaron 6 alumnos e alumnas acompañados do profesor de física e consistiu na asistencia a dúas conferencias pola mañá e a realización dunha práctica con ordenadores sobre a detección de partículas nos experimentos que se levan a cabo no CERN. Unha vez rematada a práctica tivo lugar unha posta en común mediante videoconferencia con outros dous centros de investigación de Alemania nos que partipaba tamén alumnado de Bac realizando a mesma experiencia.

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido