Día da Muller Traballadora no IES MELIDE 8 Marzo 2016

Exposición nos corredores de traballos realizados por diferentes Departamentos.

Teatro Teiroa polas aulas "Contos ao revés

Velaiqui o vídeo resumen:

SÁBADO 12 MARZO : MELIDE ÉNCHESE DE MAXIA TEATRAL E MUSICAL.

Máis de douscentos actores e actrices de cinco Aulas de Teatro de diferentes puntos xeográficos de Galicia (Melide Laxe, Palas de Rei, Touro e A Estrada) con idades comprendidas entre os 3 e os 60 anos participarán nesta xornada teatral, poética e musical.

3 alumnas do IES Melide FINALISTAS NA OLIMPÍADA FILOSÓFICA

Tres alumnas do IES de Melide participan na final da Olimpiada filosófica, na modalidade de curtas de vídeo, celebrada o pasado 3 de marzo na facultade de filosofía.

Aida Couso Prieto, Paula Vázquez Sufuentes e Alba Vázquez Neira defenderon con paixón o seu traballo audiovisual coa temática de Perdedores na II OLIMPIADA FILOSOFICA DE GALICIA na modalidade Curtas de vídeo.

  

 Os obxectivos da Olimpíada 

A Olimpíada é unha iniciativa que se propón o fomento e a defensa da filosofía nestes tempos en que tan minguada se está vendo, tempos nos que as novas leis educativas tenden cara a vías dominadas por unha estreita razón instrumental sen deixar apenas lugar para o pensamento crítico.

- Achegar a filosofía á realidade do alumnado, e aumentar así a súa presenza dentro do ámbito escolar,  amosando a súa necesidade e función dentro da nosa sociedade.

- Potenciar a reflexión e o pensamento crítico, traballando as competencias básicas, fundamentalmente o tratamento da información e competencia dixital, a competencia  en comunicación lingüística, a social e cidadá, a cultural e artística, así como a capacidade de aprender a aprender, e a potenciación da autonomía e a iniciativa persoal.

- Servir de ponte de información para a difusión dos estudos de filosofía na Universidade.                                                                                          

Parlamento de Galicia

Como ven sendo habitual desde hai varios anos o Departamento de Filosofía organizou unha visita ao Parlamento de Galicia; este ano foron os alumnos de Ética de 4º ESO e Antropoloxía de 1º BAC os que tiveron a oportunidade de presenciar unha das sesións parlamentarias máis interesantes de todo o curso político xa que neste día tratabánse as preguntas ao presidente.

Tamén en liña con esta actividade, un grupo de estes alumnos participou os días 26 e 27 de febreiro nunha nova edición do Parlamento Xove, un certame que trata de incentivar o debate como ferramenta importante en todo discurso.

O alumnado participante Elvira Mazás, Cristina Simón, David Sesar e Ivan Oro, acompañados pola profesora Dolores Vázquez, cunha experiencia dilatada nestas lides, defenderom apaixoadamente os seus argumentos enfrontándose dialécticamente aos centros que lles foron asignados por sorteo.

ROSALÍA SEMPRE VIVA.

 
María FociñosCarlos Pampín e Ana Prieto arrecenden como estrelas na II Edición de Recitado de Poesía "ROSALÍA SEMPRE VIVA" o pasado sábado día 27, a pesares dos adversos meteorolóxicos.

PROXIMA XUNTANZA ESCOLA DE NAIS E PAIS

LUNS 22 DE FEBREIRO

LUGAR: BIBLIOTECA DO IES de MELIDE 

HORA: 18:10

CHARLA A CARGO DE CARME LOUREIRO

"A INTELIXENCIA EMOCIONAL"

PRESENTACIÓN DE VARIEDADES NA FUNDACIÓN CEO

O venres, 12 de febreiro, ás 12:00 horas, presentáronse ante os medios de comunicación as actuacións que a Aula de Teatro de Melide, Teiroa Teatro, realizará o xoves, 18 de febreiro en colaboración co Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei e A Aula de Teatro do IES da Estrada Antón Losada Diéguez, Avelaíñas Teatro. Haberá dúas funcións: a primeira ás 12:00 horas para público escolar e a segunda ás 20:30 horas para público xeral. AGARDÁMOVOS!!!

Preme aquí para ver o CARTEL do evento

Observación de estrelas, planetas, satélites, .... NOVO HORARIO: 20:30 H !!!!!!

Os departamentos de Grego, Física e Matemáticas e do IES de Melide están a organizar unha sesión de observación de estrelas grazas á colaboración do Observatorio Astronómico Ramón Mª Aller Ulloa da USC, dentro do seu programa TODOCOSMOS.
Esta actividade ofértase a toda a veciñanza que desexe asistir e terá lugar o próximo luns 15 de febreiro ás 20.30. Comezará cunha breve exposición na biblioteca do IES de Melide, para pasar logo a observación do ceo nas inmediacións do instituto. Contaremos coa axuda de astrónomos profesionais e os seus potentes telescopios. O Concello de Melide colaborará facendo un apagón da iluminación pública da zona, para permitir un mellor visionado. No caso de mal tempo, desconvocarase a actividade, quedando reemprazada até novo aviso. Animádevos a participar!!!
Moitas grazas

SUPEROITO NO IES MELIDE

HOXE TIVEMOS O HONOR DE RECIBIR A SUPEROITO NO IES MELIDE. CHAVI, GLENN E IVÁN SON 3 RAPACES DE 24 ANOS DA VILA DE ORDES. TEÑEN UN LEMA MOI CLARO:
" TOCAMOS RÁPIDO, BAILAMOS BEN E FACÉMOLO EN GALEGO". O SEU ROCANROL É FESTA ALÍ ONDE SOA E NINGUÉN PODE MARCHAR SEN SUDAR A CAMISETA. CUN REPERTORIO DE 31 CANCIÓNS TODAS E CADA UNHA DELAS DE COMPOSICIÓN PROPIA E EN GALEGO. AS SUAS LETRAS FALAN DE TODO CANTO NOS RODEA, PRETENDEN QUE TODOS NOS SINTAMOS IDENTIFICADOS EN ELAS, E VAIA SE O CONSEGUEN !!!!!!!

imaxe1 Imaxe2

 

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido