You are herecontent / XIV Olimpíada de Bioloxía

XIV Olimpíada de Bioloxía


O pasado venres día 18 de xaneiro, as alumnas de 2º de bacharelato Sarai Martínez Segade e Marta Vázquez Vilariño, asistiron a XIV Olimpíada de Bioloxía que se celebrou na Facultade de Ciencias na Universidade da Coruña. Realizaron unha proba teórica e varias prácticas. 

As prácticas foron realizadas nos distintos laboratorios de zooloxía, ecoloxía, bioquímica e botánica, podendo, deste modo, coñecer desde dentro algunhas das ferramentas que se empregan actualmente nos laboratorios da Facultade de Ciencias. Tamén puideron compartir experiencias con compañeiros doutros institutos que reúnen a mesma paixón que elas pola aprendizaxe. 

Parabéns chicas pola vosa actitude e aptitude!

Etiquetas

Escola Oficial de Idiomas

AS NOSAS CREACIONS

CALENDARIO

Radio na Biblio

Distribuir

Distribuir contido