You are herecontent / ÁNGELES VÁZQUEZ ANIMA AOS MOZOS A APROVEITAR AS OPORTUNIDADES QUE OFRECE O RURAL PARA VIVIR E TRABALLAR

ÁNGELES VÁZQUEZ ANIMA AOS MOZOS A APROVEITAR AS OPORTUNIDADES QUE OFRECE O RURAL PARA VIVIR E TRABALLAR


A conselleira impartiu unha charla no IES de Melide e pediulles aos alumnos participantes que se impliquen a través da formación na tarefa de consolidar “o noso rural como referente de calidade e bo facer”

Destacou o potencial dos sectores gandeiro, agrícola e forestal e repasou outras actividades tamén en auxe no agro galego, caso da produción de castañas, planta ornamental, kiwis e outros froitos.

Galicia non se entende sen o rural porque, entre outras razóns, o 97,8% dos concellos da nosa comunidade defínense como rurais. Así o destacou a conselleira Ángeles Vázquez na charla que pronunciou esta mañá diante duns 85 alumnos de ESO do Instituto de Ensino Secundario (IES) de Melide. A titular de Medio Rural animou a estes mozos a aproveitar as oportunidades que lles ofrece o agro galego para vivir e traballar, sempre dende a base da formación. “Unha formación clave para a especialización e a profesionalización do noso agro”, sinalou a conselleira.Ángeles Vázquez fixo unha descrición da realidade do medio rural galego e as súas perspectivas de futuro. Así, comezou explicando a importancia de instrumentos coma o Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) 2014-2020 de Galicia, que está dotado cun orzamento de máis de 1.186 millóns de euros e no que participan a Unión Europea, a Administración do Estado e a propia Xunta. A conselleira debullou os principais obxectivos do PDR, que se centran en fomentar a competitividade da agricultura tanto a través da modernización das explotacións como incorporando agricultores mozos á actividade, promover a xestión sustentable dos recursos naturais e mellorar a calidade de vida da poboación rural.

Ángeles Vázquez salientou ademais o potencial dos nosos sectores gandeiro, agrícola e forestal. Así, en relación con este último, lembrou que Galicia conta con algo máis de dous millóns de hectáreas de superficie forestal, sendo a novena potencia europea neste eido e a primeira comunidade española en canto a cortas de madeira.

Enlace a FALAMELIDE (Entrevista)http://falamelide.weebly.com/curso-2017-2018.html


 

As nosas creacións

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido