You are herecontent / E, por fin, chegou o Entroido

E, por fin, chegou o Entroido


E por fin chegou o Entroido.

Este ano decidimos agrupar todas as actuacións baixo o nome de ARTMELIDE. Propuxémoslles ós alumnos elixir unha obra de arte e posar antes da actuación diante dun enorme marco feito polos nosos compañeiros do Ciclo de Madeira.

Xurdiron así ideas fantásticas e complicadas que tiñan unha elaboración previa que incentivaba o traballo en equipo, a compenetración e a orixinalidade.

Queremos ter unha mención especial para os alumnos e profesoras da Aula Específica que nos deleitaron con unha recreación flamenca do Guernica.

Parabéns a todos os participantes e para todos os titores e profes que se involucraron na tarefa de conseguir no noso IES un ambiente de festa envolto, esta vez, de creatividade.

Os mestres da cerimonia foron Manuel Penín, Iria Varela e Belén Casal.  

 O xurado tivo a difícil tarefa de elexir ós 3 mellores dun conxunto de 13 e repartir os premios de 50, 40 e 30 euros.

O primeiro premio foi para os alumnos de 2º Bac A,  o segundo para os alumnos de 1º Bac A e o terceiro premio para os alumnos de 1º ESO C.

As tres últimas horas do Venres 13 de Febreiro do 2015 deixarónnos unhas imaxes tan divertidas e entrañables que queremos compartir , como sempre, con todos vós.

Etiquetas

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido