You are herecontent / O IES DE MELIDE RECIBE DOUS PREMIOS POLA SÚA PARTICIPACIÓN EN CLASES SEN FUME

O IES DE MELIDE RECIBE DOUS PREMIOS POLA SÚA PARTICIPACIÓN EN CLASES SEN FUME


O IES de MELIDE foi invitado a participar no acto de entrega de premios do concurso educativo para a prevención do tabaquismo Clases sen Fume, que organiza a Consellería de Sanidade, a través da súa dirección xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Nesta edición 2013-2014 participaron un total de 4.157 escolares, pertencentes a 182 aulas e 73 centros educativos. O principal obxectivo deste concurso educativo é evitar o inicio do consumo de tabaco nas mozas e mozos galegos, ou, cando menos, atrasar a idade dese inicio.

A clase de 2º ESO C recibiu o seu premio na categoría de actividade creativa e a profesora Amelia Andrés Casal foi premia por innovación educativa, sendo elixida para dar un discurso en representación do profesorado galego que participou no programa.

O acto de entrega de galardóns estivo presidido pola conselleira de Sanidade Rocío Mosquera e polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad.

Etiquetas

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido