Skip to Content

Colaboracións dos departamentos

CINE DE ORIENTACIÓN

 

                                                                    1 FRANCO 14 PESETAS (2006)                         PONIENTE (2002)Películas visionadas e traballadas nas titorías do noso centro         Imos ver dúas películas coa mesma temática, a inmigración e a emigración, pero en situacións temporais e espaciais distintas. Un Franco 14 pesetas trata sobre a situación social e laboral que vivía España nos anos 60 e Poniente que trata sobre a situación laboral e social que vive España actualmente, pero tendo en conta ós inmigrantes que hoxe chegan ó noso país.         Podemos apreciar doadamente nas películas unha comparación entre a situación de España nos anos 60; cando a nosa poboación buscou noutros países mellorar a súa calidade de vida a través dunhas condicións de traballo dignas, e a situación de hoxe en día, en que España se converteu nun país receptor de inmigrantes que buscan unhas condicións de traballo dignas para poder sobrevivir.         A elección destas películas ten por obxectivo reflexionar sobre a situación actual dos inmigrantes e como ás veces no noso país sofren inxustizas das cales todos somos responsables. Tentaremos poñernos na súa pel e desenvolver a empatía ante aqueles que viven unha situación de inxustiza social. A isto, axudaranos ver que nós tamén nun tempo fomos inmigrantes (todos temos algún parente ou coñecido que nos anos 60-70 emigrou) e recoñecer os sentimentos de desarraigo, de soidade, de morriña, etc. que supón abandoar o lugar onde se vive.          Estas películas tamén nos servirán para traballar o concepto de paz positiva. Segundo a concepción tradicional, dominante no mundo occidental, a paz é a ausencia de conflitos bélicos entre Estados. É unha concepción negativa da paz, que pon a énfase na ausencia de violencia directa, mediante un aparato militar que garanta a orde, disuada ó inimigo e garanta a perpetuación do lugar que se ocupe. O concepto de paz positiva concíbese non só como ausencia de guerra, senón de todo tipo de violencia. Ademais da violencia directa e visible (física ou agresión) hai dúas formas de violencia invisible: a violencia estrutural, como a pobreza, a represión e a alineación que impiden aos seres humanos desenvolver a súas potencialidades; e a violencia cultural, que xustifica o uso da violencia directa ou a limitación, perpetuada no tempo, do exercicio dos seus dereitos básicos a unha parte da poboación.         Nas películas que imos ver danse situacións de violencia estrutural e cultural e formas de resolver o conflito de xeito negativo e positivo                                                                                   UN FRANCO 14 PESETAS (2006)

FICHA TÉCNICA

 Dirección: Carlos Iglesias.                             Duración: 100 min.
País:
España.                                                   Género: Drama, comedia.
Interpretación: Carlos Iglesias (Martín), Javier Gutiérrez (Marcos), Nieve de Medina (Pilar), Isabel Blanco (Hanna), Iván Martín (Pablito), Tim Frederik (Pablo), Eloísa Vargas (Luisa), Aldo Sebastianelli (Tonino), Ángela del Salto (Carmen).
Guión: Carlos Iglesias; en colaboración con Central de Guiones.
Producción: José Manuel Lorenzo, Eduardo Campoy e Susana Maceiras.
Música: Mario de Benito.
Fotografía:
Tote Trenas.
 

SINOPSE

España 1960. Dous amigos, Martín e Marcos, deciden marchar a Suíza en busca de traballo. Deixan ás súas familias en España e emprenden unha viaxe cara a unha nova vida na Europa do progreso e as liberdades. Alí descubrirán unha mentalidade moi diferente, á que deberán adaptarse traballando como mecánicos nunha fábrica e vivindo nunha pequena vila industrial. Coa chegada de Pilar, a muller de Martín, co seu fillo Pablo, e de Mª Carmen, a noiva de Marcos, termínaselles a vida de homes solteiros que levaban nun país con tanta liberdade. O traballo segue sendo o día a día de Martín e Pilar, mentres o pequeno Pablo comeza a ir ao colexio e a integrarse. Coa morte do pai de Martín, chegan á conclusión de que o que foran buscar xa o conseguiron e é hora de regresar. Para a súa sorpresa, será máis difícil a volta que a ida.
  PONIENTE (2002)

FICHA TÉCNICA

Dirección: Chus Gutiérrez.                     Duración: 96 min.
País:
España.                                         Género: Drama.
Interpretación: Cuca Escribano (Lucía), José Coronado (Curro), Antonio Dechent (Miguel), Mariola Fuentes (Perla), Antonio de la Torre (Paquito), Farid Fatmi (Adbembi), Idilio Cardoso (Pepe), Alfonsa Rosso (María), Marouane Mribti (Saïd).
Guión: Chus Gutiérrez e Icíar Bollaín.
Producción: Ana Huete e Iñaki Núñez.
Música: Tao Gutiérrez.
Fotografía:
Carles Gusi.
 

SINOPSE

Lucía, unha mestra nova que vive en Madrid, regresa a súa terra coa súa filla Clara tras a morte do seu pai. Alí reencóntrase co pobo da súa infancia. “La isla” . Ó carón do seu mundo limitado polo mar e o constante soprar do vento, Lucía descobre outro universo. Un universo de plástico. Entre esta mestura de universos vive un mundo pluriétnico froito de sucesivas migracións, uns que acaban de chegar e outro que xa levan varios anos e algúns deles que volveron á súa terra de orixe e parece que perderon a memoria do seu tempo de exilio. No aire respírase o medo, o medo ó outro, o medo a diferenza. Lucía decide quedarse no pobo para continuar co negocio do seu pai, pretexto que ela aproveita para dar un novo xiro á súa vida. Nesta nova vida atópase con Curro, un home sen raíces, que se criou en Suíza nos anos da emigración económica española e que tamén busca un sitio ó que pertencer. Os dous séntense sós e desarraigados polo que o seu encontro esperta neles una atracción que lles levará a vivir unha apaixonada historia de amor.
     

 

OBRADOIRO DE COMIDA RÁPIDA

 

“OBRADOIRO DE COMIDA RÁPIDA SAUDABLE”             O xoves 12 de febreiro durante a segunda e terceira hora os alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO asistimos a unha actividade proposta polo Plan Valora na que tivemos a oportunidade de contar coa presenza e colaboración dunha boa cociñeira,Julia, e o seu axudante, Ángel, que viñeron dispostos a nos ensinar o seu traballo. En concreto consistiu en preparar tres pratos de xeito moi sinxelo á par que rápidos e saudables.             A actividade comezou facendo Julia o primeiro prato, rolos de polo con ensalada variada con froitos secos e unha salsa especial, para despois facelo nós en cada mesa co material que eles trouxeron (os rolos xa viñan preparados) para o cal contamos coa súa axuda ou a dalgún profesor ou profesora . O segundo prato que preparamos foron as espetos de queixo de tetilla con amorodos e aceite de alfábega e por último fixemos unha sobremesa, que estaba deliciosa, que consistiu nunha crema de iogur batendo nata e mesturándoa con iogur de sabores. Unha vez rematados os pratos fómolos saboreando.             A actividade resultounos: divertida, deliciosa, nova xa que probamos cousas que nunca probaramos, aprendemos ou intentamos cociñar uns pratos distintos aos habituais, os pratos foron orixinais e sinxelos, xenial, gustoume todo menos o primeiro prato, as salsas non me gustaron nada, no meu grupo houbo moitos que non quixeron probar o primeiro prato, gustaríame repetila proximamente............ ..............................             Resumo feito a partir da opinión dada por Lucía Álvarede 4º A coa achega dos alumnos de 3º C , de Beatriz Besada de 3º B e Ali e Leti de 4º B. Grazas  a todos  A opinión que temos, dende o PV, os organizadores da actividade podémola resumir a continuación :             Sabemos da dificultade que presenta a modificación dos hábitos na alimentación que non son nada ou pouco saudables e a “pelexa” que levamos, dende o Plan Valora, hai xa para tres anos. Tamén sabemos do traballo que queda aínda por facer e dos pasiños e non pasos que imos dando e que non tódolos rapaces avanzan por igual. Unha proba deste lento avance constitúe a resposta positiva á proposta levada adiante o xoves pasado(12/2/09) no IES de facer un novo “obradoiro de comida rápida saudable”(o primeiro fíxose cos alumnos de 2 º de ESO). Neste novo obradoiro quixémoslles presentar ós rapaces tres posibles pratos rápidos e saudables incluíndo alimentos que teñen moita aceptación entre eles (amorodos, queixo, polo, nata líquida…) con outros que non a teñen tanto (ensaladas mixtas, froitos secos, iogures……).No primeiro prato presentouse unha combinación de carne e ensalada mixta. A carne consistiu en peituga do polo enrolada en froitos secos e queixo feito ao vapor e acompañada cunha ensalada mixta e froitos secos bañada cunha vinagreta especial (de laranxa ou de compota de tomate). Neste prato houbo unha resposta e actitude, por parte dalgúns dos rapaces, pouco positiva.No segundo e terceiro prato houbo unha aceptación unánime e están ben descritos polos rapaces.              Organizadores do “Obradoiro”

 

CIENCIAS NATURAIS: A selva esmeralda.

CINE: A SELVA ESMERALDA

 

Esta película foi vista polos alumnos de 4º ESO de Bioloxía, despois de traballar e reflexionar sobre o tema da ecoloxía.

 

Sinopse

  

Bill Marhkam é un enxeñeiro americano a cargo da maior construción do Amazonas. No transcurso da construción, grandes áreas desta selva ecuatorial, son destruídas. Un día, Markham é testemuña de como o seu fillo de sete anos, Tommy, é secuestrado por un grupo de indíxenas. Durante os catro anos seguintes, buscará ó seu fillo sen resultados.

Mentres tanto Tommy foi adoptado polos indíxenas “os seres invisibles” e é inminente que se converta nun guerreiro.

 

Despois de dez anos de busca, finalmente Markham atopa ó seu fillo pero, con el, dous mundos moi diferentes. Agora, Tommy xa non é un neno, pero si un guerreiro consolidado, É feliz vivindo entre a natureza e a súa tribo e non quere saber nada da volta á civilización co seu pai.

 

A selva esmeralda está baseada na historia real dun neno de sete anos, fillo dun enxeñeiro peruano, que foi secuestrado en Brasil en 1972. Anos despois, o seu pai descobre que o seu neno é o xefe dunha tribo no Amazonas.

 De seguido tedes algunhas opinións dos vosos compañeiros: 

“Gústame o xeito no que contrapoñen dúas formas de vida totalmente diferentes. Mediante o pai, observamos un mundo desenvolvido, o cal lle dá pouca importancia á natureza.

Sen embargo, o fillo amósanos o importante que é manter a natureza, xa que sen ela non estariamos vivos.

Ó final tamén me parece o adecuado porque a tribo de Tommy estaba a se quedar sen parte do seu territorio e, grazas a que seu pai a rompeu, puideron volver a ter a auga que precisaban.

Recomendaríaa porque me parece entretida e gústame a mensaxe que transmite.”

 

Noelia Fontán Durán

 

“A min esta película gustoume moito.

Reflicte a vida de moitas persoas, persoas que non son distintas a nós, excepto pola lingua e costumes.

Coido que é unha película que lle podería recomendar a algún amigo ou amiga, para concienciarnos sobre o dano que lle estamos facendo ao planeta.

Outra razón pola que me gustou foi que nela entrecrúzanse moitos sentimentos e emocións. Tom (o protagonista) está dividido entre dous mundos: a súa infancia vívea na civilización, pero case toda a vida na selva. Ten dous pais, aos que quere moito, pero tamén está a súa muller Kachiri, que coido que é un elemento moi importante no desenvolvemento da película.

O que máis me gustou foi o que fixo o pai de Tom ó final da película; destruír a presa para defender ao seu fillo.

 

Alicia Novas Castro

 

Tras mirar esta película, dáste conta que non todo é como pensamos. Porque non quere dicir que as tribos non sufran o progreso: quizais a eles aféctanlles moito máis os cambios, posto que mentres nós construímos fogares, a eles derrubámosllelos sen necesidade de pedirlles permiso.

 

Andrea Nicole Tilve Dovalo

 

“A película serve de reflexión para que non só nos preocupemos das cousas que nos suceden a nós senón tamén do que sucede noutros lugares que tamén pode ser moi importante”

 

Manuel Méndez Barreiro

 

Normalmente non vemos películas deste tipo que traten unha realidade da que ninguén prefire falar.

Gustoume ver como viven as tribos, a forma de alimentarse, os ritos.

Esta película recomendaríaa porque incluso as persoas que non están moi relacionadas co tema da ecoloxía poden ver o que se está facendo con algunhas tribos.

Tamén se reflicten as relacións de familia, o sufrimento dos pais cando un fillo se perde, como se lle quita o territorio ós indíxenas,...

En definitiva, pareceume unha película moi boa para tratar tódolos temas que estamos dando, desde outro punto de vista (tribos) e tamén como o ve a civilización (nós).

 

Leticia Pérez Maýán

  

Cine do departamento de Orientación

OS INVISIBLESUN ALEGATO CONTRA O ESQUECEMENTO E A MARXINACIÓN             Os invisibles, unha película documental producida por Javier Bardem que pon o acento, a través de cinco historias, sobre outras tantas crises esquecidas: tres conflitos armados e dúas enfermidades que tratan de espertar conciencias. Cada unha das realidades narradas en Os invisibles pasou pola peneira dun director. Os españois Isabel Coixet, Mariano Barroso, Fernando León de Aranoa, o peruano Javier Corcuera e o alemán Win Wenders traen á luz aos seus protagonistas e poñen negro sobre branco a súa crítica situación. Bardem ofreceu á organización non gobernamental, Médicos sen Fronteiras (que non aportou fondos) a posibilidade de abordar este proxecto coa intención de concienciar á sociedade e de informar. O actor considera que unha das razóns polas que estes conflitos permanecen esquecidos é pola falta de veracidade da información e a falta de interese que poida xerar a situación dos más débiles. As cinco historias dos cinco cineastas queren dar voz a esas persoas que foron esquecidas por Gobernos, institucións e cidadáns. A intención de Os Invisibles é "invitar á reflexión" e retratar persoas e situacións necesitadas de atención por parte dos medios de comunicación e que, sen embargo, seguen "fóra do foco ano tras ano e día tras día".            Isabel Coixet fala desde Barcelona cun torrente de voz imparable. Recorda o proxecto de Os Invisibles, e a súa achega. En Cartas a Nora, Coixet é a encargada de mirar a enfermidade esquecida dos pobres: o Chagas, unha infección de orixe parasitaria que afecta a 18 millóns de persoas en América Latina. A Nora, a súa protagonista, coñeceuna no metro. "Ben, en realidade unha amiga súa achegouse porque lle gustaban as miñas películas e contoume que coñecía a alguén que podía axudarme". "Facer este documental foi unha lección de humildade", sinala Coixet, " cambioume moitas cousas. Aprendín o que é a enfermidade e, sobre todo, o que Médicos sen Fronteiras están facendo".            O soño de Bianca, de Mariano Barroso, é outra das historias que conta Os invisibles. Nela, Barroso conta o problema que supón a falta de inversión das farmacéuticas en investigación de medicamentos contra as enfermidades como a do sono (que provoca a picadura da mosca tse-tse).             O peruano Javier Corcuera, viaxou con algúns dos miles de desprazados colombianos que se viron obrigados a deixar os seus fogares pola violencia da guerrilla para rodar A voz das pedras.             Mentres, Fernando León de Aranoa leva a súa cámara ata Uganda para denunciar a situación dos nienos soldado que son secuestrados ás súas familias para obrigalos a matar ou morrer.            Wim Wenders é o quinto autor desta obra coral. O alemán deixa que sexan os propios protagonistas os que falen ao espectador do enfrontamento armado que aínda dura na República Democrática do Congo onde despois de firmarse a paz entre guerrillas e milicias en 2002, e de formarse un goberno de transición, miles de mulleres son violadas. Invisibles brinda a oportunidade de falar de situacións e realidades que doutra maneira permanecerían no anonimato. "Contáronse cinco historias, pero existen outras 50.000 no mundo", lembra. 

Saída ao teatro . Departamento de Castelán

BREVE RESUMO DAS SAÍDAS Ó TEATRO CO SEMINARIO DE LINGUA CASTELÁ Alumnos de 2º ESO – 2 de febreiro de 2009  Hai uns días no noso instituto realizamos unha excursión ó Colexio Salesianos de Vigo para ver unha obra de teatro chamada “A pantasma de Canterville” feita por Oscar Wilde. Esta obra está ambientada no século XVIII. O protagonista é Hiram B. Otis, un embaixador americano que se traslada coa súa familia a un castelo encantado en Inglaterra. Lord Canterville, dono do anterior castelo, avísalle que a pantasma de Sier Simon de Canterville  deambula polo castelo dende que este asasinou á súa dona Lady Eleonore Canterville. Pero o Sr. Otis non escoita as advertencias. Así a familia americana do señor Hiram habita a mansión sen inmutarse pola pantasma. Ninguén da familia Otis lle facía caso. Washington, o fillo maior, estaba empeñado en borrar a mancha de sangue do chan. A Lucrecia, a muller de Hiram, o único que lle importa é que o castelo non está ó seu gusto e quere remodelalo.Os fillos menores o único que queren é intentar capturar a pantasma e facerlle todo tipo de trasnadas. Pero Virxinia, a filla do medio, é a única que se preocupa pola pantasma e lle axuda a morrer e descansar en paz. Seguramente que Oscar Wilde quería criticar con esta obra o materialismo propio das clases acomodadas da súa época que en ningún momento se senten intimidadas pola pantasma, que quizais represente as cousas que pasan ó seu redor en non son quen de ver polo seu egoísmo. A min esta obra gustoume moito e pareceume amena e entretida, a pesar de que no fondo é unha historia verdadeiramente triste. Creo que cómpre destacar da compañía de teatro o ben que souberon representar aquela época, tanto no vestiario coma no comportamento dos personaxes. Manuel Castro Paz- 2º C   Todas as colaboracións que recibimos inciden en que a obra foi moi entretida e subliñan que catro actores interpretasen a dez personaxes. Ó finalizar a obra os propios actores dedicaron vinte minutos para resolver as dúbidas sobre a representación. Unha alumna, Rocío Rodríguez di que “excursións culturais  como estas son as que debemos buscar e apreciar”

Día da Paz- Homenaxe a Jesús Xares (Depart. de Orientación)

Despois da película que vindes de ver, imos facer unha serie de xogos cooperativos na memoria de Xesús R Jares, xa que neste ano 2009, o IES de Meaño dedica o Día da Paz a un mestre e pedagogo galego, que finou no pasado mes de setembro.

Se lembrades, o curso pasado traballamos este día cos Premios Nobel da Paz de diferentes anos, persoas moi coñecidas e de grande prestixio internacional, cun labor importante. Pois ben, este ano quixemos ofrecervos a visión dun persoeiro máis próximo ao noso medio social, para vermos como, no día a día e nas cousas pequenas,se fai un labor tan importante e como imprescindible. O traballo de formiga de Suso, comezou na escoliña rural de Montederramo, onde iniciou hai 30 anos a súa andaina a cal continuou ata os anos oitenta en Vigo onde fundou o colectivo “Educadores pola Paz”.

Que o “Día da Paz” non é só para soltar pombas brancas, é dicir, que non nos gustan as guerras; este día é, realmente, para axitar as nosas conciencias e sermos “conscientes” de que cada un de nós no día a días con actitudes positivas, tolerantes, con tenrura e diálogo, como Suso facía, construímos a convivencia e os tempos compartidos, que ao fin e ao cabo é do que se trata.

Ímosvos facer entrega, asemade, dun díptico no que veredes algo do traballo concreto que facía Suso na súa angueira por tentar que todos e todas aprenderamos a resolver de maneira positiva e enriquecedora os conflitos que atopamos ao longo das nosas vidas.

Se vos interesa saber algo máis sobre este “educador pola paz”, podedes achegarvos ao taboleiro da entrada onde hai unha pequena exposición sobre o seu labor.

Mais nada. Imos rematar o día impregnando de forza e alegría, tal e como facía Suso, co rixo emanando da súa alma.

Ciencia e xénero. Departamento de Física e Química

sex chat live sex live girls sex date maxocum chat with girls pussy finger vigaplus livesex duramale wild girls cam4 chaturbate cam 4 livejasmin password caliplus live fuck cheap viagra

 

 

O artigo que se presenta a continuación recóllese da revista da asociación de ensinantes das ciencias de Galicia (ENCIGA) e pareceunos interesante dárvolo a coñecer neste mes de marzo, que llo dedicamos  á muller na ciencia e que está apoiado pola exposición de “A contribución da muller á ciencia”

 

CIENCIA E XÉNERO  

AS MULLERES NA CIENCIA: UNHA HISTORIA DE INVISIBILIDADE, ATRANCOS E DESCONSIDERACIÓN

LIRES, Mari A. Dpto. Enxeñería Quimica-Universidade de Vigo
COMESAÑA, Marta I.E.S. Meixoeiro - Vigo


INTRODUCIÓN
           
Con obxecto de favorecer a introducción das cuestións relativas ás interaccións Ciencia-Xénero, ofrecémosvos un pequeno resumo da historia das mulleres na ciencia que pode servir para propiciar o debate co alumnado, facilitando así o coñecemento e recoñecemento desa metade silenciada da humanidade. A realización de actividades deste tipo contribuirá a fornecer ás alumnas de modelos de mulleres que ata hai ben pouco estiveron ausentes das historias da ciencia e da tecnoloxía. Os alumnos, pola súa banda, apreciarán mellor a igualdade entre homes e mulleres no ámbito científico-tecnolóxico.

A HISTORIA DUNHA INVISIBILIDADE

O proceso de exclusión das mulleres da ciencia occidental determinou que a obra científica feminina fose moito máis escasa que a masculina, e tamén que a existente non se transmitise, de tal maneira que resulta ben difícil rastrexar a súa participación na historia da ciencia. Se as mulleres foron excluídas da ciencia oficial, das institucións científicas e da tradición escrita, ¿como reconstruír a súa historia?

Para investigar as aportacións femininas á ciencia e á técnica é preciso recuperar, comprender e aprender das experiencias, dos pensamentos e do saber das mulleres. Se durante séculos, milenios, elas se ocuparon, e aínda se ocupan, da alimentación, do coidado das enfermidades, da infancia, da xente anciá, da confección de tecidos e roupa, entre outros labores, por non falar da agricultura ou da fabricación de instrumentos de cerámica, ¿será axeitado afirmar que non contribuíron ós saberes científicos e técnicos?

No período anterior á historia escrita, entre os anos 8000 e 3000 antes da nosa era, no próximo oriente, as mulleres adquiriron coñecementos empíricos sobre a transformación dos materiais. Foron elas as que propiciaron os primeiros cambios químicos na fabricación de instrumentos de cerámica, precisos para cociñar: quecendo arxila, elimiínanse a auga do silicato de aluminio hidratado, obténdose terra cocida. A nova substancia posúe propiedades moi diferentes ás da arxila, pois xa non é moldeable nin desintegrable pola auga. Para fabricar instrumentos cerámicos, as mulleres estiveron en primeira liña na invención da roda.

Elas converteron, mediante o fuso e a roca, as fibras naturais, como a la, o liño, o algodón ou a seda, en fíos, proceso que implica o reordenamento de moléculas. O coñecemento das plantas, o seu cultivo e recolección; a súa utilización como remedios para as enfermidades, como alimentos, a conservación destes, as ferramentas para os cultivos, a fabricación do pan (proceso bioquímico), a preparación de licores fermentados e outros saberes, corresponden ós que posuían as mulleres nesta época. A transmisión desta sabedoría práctica está na orixe do que hoxe chamamos ciencia e tecnoloxía.

Pero cando eses coñecementos se institucionalizaron ou se comercializaron a grande escala, a autoría das mulleres foi silenciada.  Quen sabe que moitos séculos antes de que a casa Bayer patentase a aspirina, as sandadoras xa utilizaban salicilatos naturais procedentes das cortizas dalgunhas plantas, tales como: os chopos, os salgueiros, a Spires ulmaria, a Gaultheria procumbens e o Té de Canadá ou Wintergreen, para aliviar as enfermidades reumáticas e a febre?, onde buscar o nome das primeiras mulleres que fabricaron alimentos en conserva, que salgaron e secaron o peixe e a carne? Non daremos con eses nomes, quedaron no anonimato, e o que é peor, eses logros nin sequera se recoñecen como contribucións colectivas das mulleres á conservación da vida e ó fomento do benestar dos seres humanos.


UNHA HISTORIA DE ATRANCOS E DE DESCONSIDERACIÓN

A investigadora Sandra Harding indica que as mulleres foron excluidas da ciencia con máis forza ca de ningún campo, se se exceptúan os campos de batalla. A ciencia oficial negou sempre a igualdade das mulleres na intelixencia e na racionalidade. Na actualidade, aínda quedan restos abondosos de tal concepción na investigación supostamente científica e no pensamento social e individual de moitas xentes. Non se lles permitiu estudiar ata hai ben pouco. En España non puideron matricularse nas facultades universitarias ata 1910 e o acceso ás escolas de enxeñería data dos anos 60.

As mulleres tiveron que soportar, en moitos casos, as burlas das xentes coetáneas; negándoselles a autoría das súas obras; non puideron formar parte das Academias e Sociedades Científicas, e se algunha acadou notoriedade no seu tempo, esta foi silenciada pola historia posterior, chegando mesmo a poñerse en dúbida a súa existencia real.

Con todo, outra das posibles liñas de investigación da participación feminina na ciencia é recuperar as obras e os nomes daquelas, case sempre de clase alta, que tiveron acceso ó coñecemento naqueles tempos en que as mulleres non tiñan dereito á educación. Pero de novo acharemos que as súas obras eran anónimas e, polo tanto, altamente difíciles de identificar, ou, no mellor dos casos, estaban escritas baixo pseudónimo. Sen embargo,malia todas as dificultades, os estudios sobre Ciencia e Xénero das últimas décadas, conseguiron facer visibles moitas máis mulleres das que se pensa, e universidades tan prestixiosas como a de Cambridge xa as incorporaron ó seu dicionario.

Para entender o pensamento e as obras das científicas antigas, debemos subliñar que ata o século XIX, a ciencia ou as ciencias estaban intimamente relacionadas coa filosofía e coa xeoloxía, de tal maneira que non podemos estudalas á luz dos coñecementos e das ideas que sobre ciencia temos nos comezos do século XXI. Tamén interesa salientar que non existiu unha única ciencia, aínda que cando falamos de ciencia, nos refíiamos á ciencia occidental. As ciencias orientais foron importantísimas e precursoras desta, pero iso sería obxecto de varios tratados especializados.

 
CIENTÍFICAS NA ANTIGÜIDADE

Nas táboas mesopotámicas do ano 1200 antes da nosa era recóllense algúns nomes das primeiras químicas, como Tapputi e Belatekallin, que se dedicaban á fabricación de perfumes e foron as autoras dun antigo texto sobre alquimia. Esta foi a ciencia precursora da química actual que recollía un conxunto de saberes variados: a elaboración de medicamentos, cosméticos, tintes, xabóns e colas; as artes da fermentación, o traballo do vidro e a metalurxia, ademais da filosofía. Sempre estivo relacionada co intento de fabricar ouro a partir de metais como o cobre ou o chumbo, mediante a pedra filosofal.

 Pero a alquimia é moito máis, xa que perseguía a perfección do mundo físico, representada polo ouro -metal moi estable-, e tamén a perfección espiritual. As mulleres estiveron presentes en todas estas prácticas e na construción do coñecemento teórico, consecuentemente foi moi numerosa a súa presencia entre as alquimistas e nas escolas filosóficas.

Entre as mulleres notables da antigüidade destacaremos:

Hipatia de Alexandría (3804l5), matemática, filósofa e astrónoma, herdeira da escola neoplatónica, considerada a terceira líder da escola filosófica neoplatónica, despois de Platón e Plotino, a quen respectaban, admiraban e consultaban poderosos personaxes do seu tempo. Morreu asasinada, durante as loitas que tiveron lugar na cidade entre o poder civil e o poder eclesiástico da cidade, por unha multitude cristiá fanática.

María a Xudía, a quen se considera fundadora da alquimia occidental (precursora da química), que inventou diversos aparellos como alambiques utilizados na destilación ata os nosos días, e fornos para realizar operacións metalúrxicas. Entre eles os chamados «tribikos» e “kerotakis”. Escribiu diversos tratados teóricos dos que só se conservan fragmentos. Tamén foi a inventora do baño María, utilizado no laboratorio e na cociña, recoñecido en tódolos idiomas: bain Marie ou Marienbad, por poñer algúns exemplos.

 

 MULLERES NA IDADE MEDIA.

Os conventos: boticarias e pensadoras.

Durante a Idade Media, a Igrexa tivo o monopolio da educación. As mulleres, fillas de nobres ou de señores feudais, educábanse nos conventos e, moitas delas, fixéronse monxas como única posibilidade de estudar e librarse dunhas obrigas familiares que non lles ían permitir acceder ó coñecemento. Aprendían a ler, a escribir, música, bordado, pintura e outras artes, dispoñendo nas bibliotecas de libros de matemáticas e astronomía. Moitas foron boticarias con amplos coñecementos farmacolóxicos. Algunhas acadaron un gran poder, como as abadesas, das que unha das máis famosas foi Hildegarda de Bingen (1098-1179), abadesa de Disibodenbeg —Alemaña-, astrónoma e médica, a quen consultaban reis e papas e da que se conservan interesantes tratados médicos, astronómicos e místicos.

 
A tradición médica: menciñeiras-sandadoras e bruxas

As mulleres foron sempre sandadoras. Foron as primeiras médicas, parteiras, anatomistas e farmacólogas da historia occidental. Durante moitos séculos foron médicas sen título, dedicadas ó cultivo de herbas medicinais e ó coidado da saúde das persoas. Excluídas dos libros e da ciencia oficial, transmitían os seus saberes dunhas a outras. A xente do pobo chamáballe “mulleres sabias”, e durante moito tempo constituíron a única atención médica á que podían aspirar os pobres e a maioría das mulleres. Durante o século XIII creáronse nas Universidades as escolas de Medicina e prohibiuse o exercicio desta a calquera persoa que non posuíra o título correspondente. As mulleres que, coa excepción do norte de Italia, non podían acceder ás Universidades, quedaron na ilegalidade. Os médicos, como denunciarán no século XVIII os benedictinos Feijoo e Sarmiento, non facían práctica experimental, non estudiaban cadáveres, aprendendo case en exclusiva cuestións filosóficas e aplicando remedios “curatodo”, No século XIII comezou un longo episodio de varios séculos, coñecido como a caza de bruxas que, en moitos casos, perseguía afastar ás mulleres da práctica da medicina e dos seus poderes sobre a saúde, disfrazando este feito de herexía ou de pactos co demo. Trótula foi unha médica famosa, do século XI, da Escola de médicas de Salerno, que escribiu diversos tratados de medicina, utilizados como clásicos ata o século XVI.

Científicas no Renacemento  

O movemento do século XVI, chamado “humanismo científico”, no que participaron Erasmo de Rotterdam e Juan Luís Vives, entre outros, tentou recuperar o saber da Antigüidade a través dos textos científicos. Estes foron reeditados e discutidos.

Algunhas mulleres de familias cultas e privilexiadas puideron acceder á condición de “eruditas”, realizando actividades nas artes e na literatura, -adquirindo gran poder nas Cortes da
época, pero non nos campos das ciencias da natureza. En moi poucos países, sobre todo en Italia, achamos muñeres científicas como Laura Ceretta, que escribiu sobre astronomía e matemáticas asistía ás reunións da Academia Científica Mondella e constituíu un grupo de mulleres humanistas no mosteiro de Santa Clara. Tamén son dignas de citar a holandesa Anna María Von Sehurman  erudita, amiga e correspondente de Descartes, e Lucrecia Marmella, que escribiron tratados en defensa da educación das mulleres.

 

OS SÉCULOS XVII E XVIII: O NACEMENTO DA CIENCIA MODERNA

A astronomía

            A partir da Idade Media, a observación astronómica cobrou unha gran- de importancia, xa que unha das súas aplicacións máis importantes foi a da navegación, da que dependían os intereses económicos das sociedades europeas, despois da descuberta do Novo Mundo. A finais do século XVII, a astronomía experimentou un enorme avance gracias ó telescopio, chegándose a observar as montañas da Lúa, as manchas do Sol, as lúas de Xúpiter e os aneis de Saturno. As mulleres estiveron na vangarda da astronomía, pero os seus nomes foron silenciados ou eclipsados (nunca mellor dito) polos dos seus irmáns ou maridos. Entre elas citaremos a Sophia Brahe (irmá do famoso Tycho Brahe), María Cunitz, Elisabeth Hevellus (muller do astrónomo Hevelius), María Winkelman (a quen se lle negou o acceso á Academia de  Ciencias de Berlín porque “non era un exemplo para outras mulleres”), Caroline flersehel e Nicole Lepaute. Todas elas eran irmás, mulleres ou filias de astrónomos.

Como o traballo se realizaba nas casas e á intemperie, as máis das veces, tal circunstancia propiciou o seu acceso ó coñecemento da astronomía. Todas elas realizaron importantes contribucións científicas pero, coa excepción de Winkelman, foron atribuídas ata tempos ben recentes ós membros masculinos da súa familia.

 
O nacemento da ciencia moderna

No século XVII, a actividade científica pasou de ser un fenómeno marxinal a converterse nun feito central para a vida económica, política e intelectual. Nos comezos do século, as Matemáticas tomaron a forma que teñen na actualidade, no referente á expresión simbólica, ós principios de cálculo diferencial, ás series matemáticas e á xeometría introducida en Francia por Descartes (1596-1650).

En Inglaterra, Francis Bacon (1561-1626) estableceu o estatuto ideal da “nova ciencia”, dando o paso da percepción (cualitativa) á cuantificación. Para exemplificar as ideas misóxinas de Bacon, baixo as que se estableceu a nova ciencia, reproducimos unha das súas frases máis famosas:
“A ciencia anterior representaba só un descendente feminino, pasivo, débil e expectante, pero agora acaba de nascer un fillo masculino, activo, viril, xenerativo”.
A nova ciencia desconsiderou a tradición artesá e empírica, así como os coñecementos da vida cotian, nos que sempre estiveron presentes as mulleres. Non é difícil de adiviñar cal era o futuro que a ciencia lles ía deparar.

En física, durante os séculos XVII e XWII, tivo lugar unha forte polémica entre persoas e colectivos partidarios de Descartes e de Newton, así como entre as ideas de Newton e Leibniz no terreno das matemáticas.

A existencia de institucións científicas, como as Academias, entre as que cabe citar as de Londres, París, Berlín, Roma, Suecia e San Petesburgo, comeza nestes séculos, pero aínda se mantén a actividade amateur. Resulta de inestimabel utilidade a divulgación de coñecementos científicos, a través de traduccións comentadas, e dos Salóns, actividades nas que as mulleres de clase alta, instruídas, tiveron un enorme papel, pero os seus nomes, unha vez máis, foron silenciados, Por exemplo, a Enciclopedia Francesa, compendio de coí’iecementos científicos, saíu dos Salóns gracias á colaboración das salonières, pero os seus nomes non figuran nin entre os agradecementos.

Con todo, foron moitas as mulleres que accederon ó coñecemento científico. Dentre elas, citaremos algunhas:

¿Quen sabe que Anne Marie Lavoisier foi unha notable química que publicou a obra do seu famoso marido, dez anos despois da súa morte, baseándose nas notas dos cadernos de laboratorio? ¿quen sabe que probablemente foron confeccionados por ela mesma, xa que as ausencias de Lavoisier, dedicado a recadar impostos, impedíanlle facer un seguimento do traballo de investigación? ¿quen coñece a Emilie de Bretenil, marquesa du Chátelet, compañeira de Voltaire durante moitos anos, muller de incrible erudición, coautora de moitas obras do famoso pensador francés, introductora da ciencia newtoniana no continente europeo, e da obra de Leibniz en Francia, a quen non podían entender, por falta de coñecementos, a meirande parte dos membros da Academia de Ciencias de París?

Ó longo do século XVIII, a Historia Natural, disciplina que comprendía nioitos aspectos do que hoxe chamamos Química, Bioloxía, Xeoloxía e Medicina, cobrou unha extraordinaria importancia como consecuencia das expedicións científicas e da nova ciencia, que propugnaba a observación da natureza. As mulleres puideron dedicarse a determinados aspectos da Historia Natural, que se consideraban propios do seu sexo, tales como a recolleita de plantas ou de insectos, xurdindo famosas entomólogas, como a holandesa María Merian que viaxou ás colonias do seu
país, realizando importantes estudios e investigacións sobre a metamorfose dos insectos e a utilización de plantas como remedios.

A historia das matemáticas reviste especial interese no período chamado da María Merian

                Segunda Ilustración (1740-1800), xa que se desenvolven, entre outros coñecementos, a álxebra, a xeometría analítica e o cálculo diferencial e integral. Destaca pola súa brillantez a figura de Sophie Germain (1776-1831), que estudiou ata os 19 anos e ó non poder asistir á Universidade, por ser muller, conseguiu os apuntes de Lagrange, Fourcroy e da Escola Politécnica de París. Mantivo correspondencia con Gauss, baixo seudónimo, e o seu traballo, de revisión da ecuación de Fermat, foi recoñecido e premiado pola Academia de Ciencias, entre outros por Poisson, Laplace e Legendre, pero nunca admitiron unha discusión en público con ela pola súa condición feminina e as súas aportacións foron esquecidas e silenciadas.

O SÉCULO XIX

Durante este século, o ámbito de influencia feminina quedou restrinxido á esfera da casa, de acordo co ideal imposto ás mulleres de “anxos do fogar”. Doutra banda, a actividade científica pasa a desenvolverse completamente nas Universidades e noutras institucións públicas, converténdose nunha actividade remunerada.

Naqdeles países nos que as mulleres participaran no traballo científico, estes factores
provocaron o seu afastamento del e a perda do lugar que ocuparan. As Universidades europeas permaneceron pechadas para elas ata a metade do século XIX, e en España, non é ata a promulgación da Constitución de 1978 cando as mulleres poderán acceder a todas as carreiras científico-técnicas.

A ciencia e a historia natural utilizáronse para xustificar unha pretendida inferioridade das mulleres, nunha interminable polémica que se estende ata hoxe, coas correntes do determinismo biolóxico e da sociobioloxía, mantidas por prestixiosos científicos estadounidenses. Sen embargo, á beira destes factores negativos, tamén se produce nalgáns países a posibilidade de acceso á educación primaria para as mulleres, propiciado polos gobernos. Malia todas as dificultades, houbo algunhas mulleres que participaron na actividade científica, entre as que sobresaen:

Mary Anning (1799-1874), unha das máis famosas xeólogas do seu tempo, qúe traballou en anatomía comparada, en paleontoloxía e localizou o primeiro esquelete de ictiosaurio.

Caroline Fo (1819-1871), que asistiu ás clases de Faraday na Real Sociedade Londinense e compartía intereses científicos coa súa irmá. Foi ornitóloga, taxidermista e artista. Loitou para que a Sociedade Británica abrise as súas portas ás mulleres.

Mary Sommerville (1780-1872), que tivo unha enorme reputación científica, circunstancia que lle valeu a desaprobación do seu pai e do seu primeiro marido. Escribiu tratados sobre ciencia molecular e microscópica, pero os resultados dos seus experimentos tiñan que ser trasladados á Real Sociedade por medio do seu segundo marido. Traduciu e comentou a Mecánica Celeste de Laplace  obra que non entendían a meirande parte dos científicos contemporáneos dela, e foi unha firme defensora dos dereitos das mulleres,

Augusta Ada Byron (1815-1852). Filla dunha erudita muller e de Lord Byron, asistiu a clases na Real Sociedade de Londres e no Instituto de Mecánica, recibindo unha esmerada educación científica. Realizou un traballo importantísimo no deseño de máquinas analíticas e dos primeiros ordenadores, xunto a Babbadge (a quen se lle atribúen, en exclusiva, estes traballos). Un programa do Pentágono, nos EEUU, leva o forne de ADA, que non é un acrónimo senón unha homenaxe a esta muller.

Sonia Kovaleskaia (1850-1891). Matemática notable. Estudiou na universidade de San Petersburgo, que abriu as súas portas ás mulleres en 1861. Posteriormente traballou con Weierstrass, pai da análise matemática, presentando a súa tese de doutoramento sobre A teoría das ecuacións diferenciais parciais en 1875, obra na que aparecía o famoso teorema coñececido como de Cauchy actualmente, pero do que nin Sonia nin o seu mestre tiñan coñecemento. Realizou numerosos traballos sobre os aneis de Saturno, sobre reducción de integrais abelianas a elípticas e outros. Pertenceu á Sociedade Matemática de París e explicou matemáticas na universidade de Estocolmo. Obtivo o Premio Bordin da Academia Francesa e foi tamén membro correspondente da Academia Imperial de Ciencias de Rusia. Malia a súa brillantez, a súa vida non foi fácil e o recoñecemento dos seus méritos estivo cheo de obstáculos e desconsideracións.

O SÉCULOXX

As mulleres tardaron moito en acadar o estatuto de cidadáns de pleno dereito. Como exemplo, ofrecemos datas de consecución do dereito ó voto nalgúns países, logo de importantes loitas:

Nova Zelanda
Australia
Finlandia
Noruega
Dinamarca
Islandia
Holanda
Rusia
Inglaterra
Alemaña
Suecia
Estados Unidos
Irlanda

 

1893
1901
1906
1913
1915
1915
1917
1917
1918
1918
1919
1920
1922

 

Austria
Checoslovaquia
Polonia
España
Francia
Italia
China
Canadá
India
Xapón
México
Exipto
Suiza

 

1923
1923
1923
1931
1945
1945
1947
1948
1949
1950
1953
1956
1971

 

           

            Esta situación está moi relacionada coa posición das mulleres na actividade científico-técnica. Aínda que existiron excepcións, non podemos pensar que tivesen a posibilidade de acadarun estatuto de pleno dereito naquela actividade, se seguían sendo consideradas”cidadáns” de segunda categoría ás que se lle negaban os dereitos máis elementais.

            Da mesma maneira que se lle negaba o dereito ó voto, impedíaselles o acceso ás Academias Científicas: A Real Sociedade de Londres non aceptou socias femininas ata 1945, coa incorporación de Katheleen  Lonsdsdale e Marjory Sthefenson; a Academia de Ciencias de Madrid permitiu o ingreso da primeira muller, Margarita Salas, en 1988 e a Academia de Ciencias de Barcelona, a Mercé Durfort, en 1989, que non ingresou de facto ata 1993. Na Academia de Ciencias de Galicia non hai ningunha  muller, e non por que non haxa moitas que desenvolven  un importante labor nese campo.

             Non nos deteremos demasiado en María Skolodowska Curie, ínica persoa que conqueriu dous Premios Nobel, en Física e Química, de quen aínda se segue a escribir  que colaborou co seu marido nas investigacións, cando foi Pierre Curie quen abandonou as que estaba levando a cabo sobre piezoelectricidade para incorporarse ás que realizaba a súa extraordinaria muller.
¿Quen coñecía os nomes das mulleres Premios Nobel ata que Ula Fölsing publicou o libro do mesmo título en 1990?

Só once premios Nobel de Ciencias foron outorgados a mulleres entre 1901 e 2001. 0 premio, instituído por Alfred Nobel, no seu testamento de 1895, establece que debe darse a aqueles investigadores que no ano anterior prestasen un meirande servicio á humanidade, cunha descuberta ou mellora importante no terreo da Física, Química, Fisioloxía e Medicina.

Anualmente, a Academia Sueca consulta a unhas 3000 persoas especialistas nestas materias, para que propoñían as persoas candidatas ó Nobel. Moitos son os problemas detectados na concesión destes premios, pero non é aquí o lugar de pasar lista a eles, aínda que subliñaremos que as mulleres seguen afastadas dos centros de decisión da investigación científica e, xa que logo, é ben difícil que sexan propostas para o Nobel. E preciso salientar, tamén que, á beira dos científicos galardoados, quedaron inxustamente sen recoñecemento algúns investigadores e, de maneira destacada, un grupo de mulleres, claramente discriminadas. Entre elas citaremos a:

Lise Meitner, traballaba con Otto Hahn e xogou un papel importantísimo na explicación da fisión nuclear. Sen embargo, non obtivo o galardón, que foi concedido a Hahn no ano 1945. Cando se cita nos libros, aparece como “o químico” Meitner, circunstancia que imposibilita o coñecemento do seu sexo.

Chien-Shiung Wu, científica china, que en 1957 demostrou experimentalmente as especulacións dos seus colegas masculinos, Tsung Dao Lee e Cheng Ning Yang, sobre reflexión especular no espacio de procesos subatómicos. Estes foron premiados, ela non.

Rosallnd Franklin, bioquímica británica que obtivo en 1951, mediante análises estructurais de Raios X, xuntamente con Francis Crick, os datos que manexaron Watson, Wilkins e Crick para construír un modelo da estructura espacial das moléculas de ADN. Estes obtiveron o Premio Nobel de Medicina. Rosalind Franklin acababa de morrer, pero a Academia non se ocupa de homenaxes póstumas.

Jocelyn Beil Burner descubriu en 1974 un total de 7 púlsáres, un novo tipo de corpos celestes, descuberta pola que foi galardoado co Nobel o seu director de investigación, Anthony Hewish.

Mileva Maric, compañeira de investigación de Albert Einstein, a súa primeira muller, da que se pensa actualmente que influíu decisivamente e contribuíu cos seus cálculos matemáticos ós traballos de Einslein en Física Teórica, que lle valeron o Nobel de Física en 1921.

As galardoadas foron:
- María Sklodowska Curie, Premio Nobel de Físicc, 1903,  xunto ó seu marido Pierre Curie.
- María Sklodowska Curie, Premio Nobel de Química, 1911.
- Irene Curie (filla da anterior), Premio Nobel de Química, ¡935.
- Gerly Theresa Cori, Premio Nobel de Medicina, 194Z
- María Giippert Mayer, Premio No6el de Física, 1963.
- Dorothy ¡Jodgkin-Crowfoot, Premio Nobel de Química, 1964.
- Rosalyn Yalow, Premio Nobel de Medicina, 1977.
- Barbara MacClintock, Premio Nobel de Medicina, 1983.
- Rita Levi-Montalcini, Premio Nobel de Medicina, 1986.
- Gerirude Elion, Premio Nobel de Medicina, 1988.
- Christiane Nüsslein-Volhard, Premio Nobel de Medicina, 1995.

Dos anteriores premios, tres son completos, e o resto compartidos entre dúas persoas (tres premios) ou catró persoas (catro premios). No decurso dos anos transcorridos desde o establecemento do Premio Nobel, foron nominados case catrocentos homes en Física, Química e Medicina. Poderíase argumentar que o número de mulleres que se dedican á actividade científico-técnica é moito menor que o número de varóns, pero noutros campos, nos que as mulleres son un número apreciable, como o da Literatura, a escaseza é tamén escandalosa.

 

Científlcas Premios Nobel en Física e Química.

 

Época

descubrimento

Campo e Ano do
Nobel

Persoas premiadas

(Mulleres en cursiva)
(datas de nacemento e
defunción)

Descubrimento

(1897-1903)

Física
1903

Marie,Sklodowska Curie
(1867-1934)
Pierre Curie (1859-1906) Antoine Henri Becquerel
(1852- 1908)

A Radioactividade.

(1903-1910)

Química
1911

Marie Sklodowska Curie
(1867-1934)

Descubrimento do polonio e do radio e illamento do radio.

(1931-1933

Química
1935

Irne Joliot-Curie
(1897-1956)
Frúdéric Joliot-Curie
(1900-195 8)

Radioactividade artificial.
Síntese de novoselementos radioactivos.

(1948-1950)

Física 1963

María Güppert-Mayer (1906-1972)
 Hans D. Jenaen
(1907-197 3)
Eugene Paul Wigner
(1902-1995)

Estructura do núcleo atómico (modelo de capas).
Polas súas contribucións a teoría do núcleo atómico e das partículas elementais

(1949-1956)

Química
1964

Dorothy (Crowfoot) Hodgkin (19 10-1994)

Determinación por difracción de raios X da estructura de importantes
substancias bioquímicas: colesterol, penicilina, vitamina B12 e insulina.

 

 

Premios Nobel en Fisioloxía e Medicina

 

Época descubrimento 

Campo e ano da concesión do Nobel  

Persoas premiadas
(Mulleres en cursiva)
 

Descubrimento

(1936-1943)

Fisioloxía e Medicina

1947

Gerty Theresa Cori (Radnitz)
(1896-1957)
Carl Ferdinand Cori
(1896-1984)
Bernardo A, Houssay
(1887-1971)

Reacción catalítica do
glicóxeno: mecanismo de interconversión da glicosa e o glicóxeno. Síntese e illamento da fosforilasa, encima que orixina a catálise do glicóxeno.
Importancia hormonal
lóbulos anteriores da hipófise no metabolismo do azucre.

(1959)

Fisioloxía e Medicina

1977

Rosalyn Yalow (Sussman)
(1921- )
Roger Guillemin (1924- )
Andrew Schatly (1926- 1

Ensaios radioinmnnolóxicos das hormonas peptídicas.
Descubrimeatos relacionados coa producción de hormonas
peptídicas no cerebro.

1951

Fisioloxía e
Medicina
1983

 

Barbara Mc.Clinlock
(1902-1992)

 

Transposición xenética:
existen elementos xenéticos móbiles, que dentro do cromosoma saltan activando ou desactivando xenes.

(1950-1 959)

 

Fisioloxía e
Medicina
1986

Rita Levi-Montalcini (1909- )
Stanley Cohen(1922-

Factor de Crecemeoto
Nervoso (NGF)

(1950 -1960)

Fisioloxía e
Medicina
1988

 

Gerlrude B, Elion (1918-1999) George 14. Hitchings (1905-1998)
Sir James Black (1924-

Principios que contribuíron ó desenvolvemento de novos fármacos para tratamentos médicos de enfermidades: leucemia, gota, infeccións víricas, herpes, malaria, rexeite en transplantes de órganos.
Desenvolvemento dos medicamentos beta bloqueantes

1980

1948

Fisialoxia e Medicina 1995

Christiane Nüsslein-Volhard (1942- )

Erie Wieschaus (1947- ) Edward Lewis (1918- )

Control xenético do
desenvolvemento embrionario temperán (organismos enteiros, desde levaduras a moscas ou ratos e persoas,  están construídos cunha lóxica xenética invariante)

 

 

Científicas que merecendo o Premio Nobel en Fisioloxía e Medicina non o recibiron, e científicos galardoados.

 

Campo e
ano do
Nobel

Científicas

Descubrimento e época de
investigación

Científicos premiados


Fisioloxía e
Medicina
1934

Frieda Robscheit-
Robbins
(1893-1973)

.
Investigacións sobre o valor terapéutico do fígado no tratamento da anemia pemiciosa.
(1915-1926)

George H. Whipple
(1878-1976)
George R. Minot
(1885-1950)
William P. Murphy
(1892-1987)

Fisioloxía e Medicina
1935

Hilde ProeschoIdt
MangoId
(1898-1924)

Natureza e localización do organizador que dirixe o desenvolvemento embrionario de distintos tecidos e órganos. (1924)

Hans Spemann
(1869-1941)

Fisioloxía e
Medicina
1962

Rosalind Franklin
(1920-1958)

Estructura da molécula de ADN: a dobre hélice.
(1951-1953)

James Watson
(1928- )
Francs Crick
(1916-  )
Maurice Wilkins
(1916-  )

 

¿Que se pode facer? Grupos científicos e redes de mulleres estudian as estratexias que se poden desenvolver para rematar cunha situación secular pero, ¿como avanzar se na nosa sociedade, salvo excepcións, aínda se valoran mái as opinións dos homes que as das mulleres? ¿como avanzar se a responsabilidade no benestar familiar aínda recae case en exclusiva nas mulleres? ¿como superar os obstáculos de todo tipo que se opofien á participación social en igualdade de condicións das mulleres, e os modelos vixentes son estereotipadamente masculinos?

A xente nova, mulleres e homes do inmediato futuro, tendes nas vosas mans a posibilidade de mellorar unha situación a todas luces inxusta. O texto que acabades de ler quere contribufr a ese obxectivo.

.




 

CUESTIONARIO PARA ANÁLISE DE TEXTOS E DEBATE
1. ¿Cales son as uñas de investigación que se poden seguir para buscar a participación das mulleres na ciencia?
2. ¿Por que non aparecen mulleres de ciencia nos libros de texto e na meirande parte das Historias da Ciencia?
3. ¿Que características posufan as Ciencias ata o século XIX que as fan diferentes das actuais?
4. Cita algunhas das contribucións das mulleres á ciencia e á técnica na antigüidade ¿parécenche importantes? ¿por que?
5. ¿Sabes para que se usa o baño María na cociña e no laboratorio? ¿por que se chama así?
¿Sabes que é e para que se usa o alambique?
6. ¿Por que elixían vivir nos conventos algunhas mulleres da Idade Media? ¿calquera muller podía acceder á vida neles?
7. ¿Sabes algo da “caza de bruxas”? ¿cafltos séculos durou? ¿Sabes que era o Tribunal da Inquisición e que relación tiña coa ciencia?
8. ¿Poderías explicar por que as mulleres, malia estar afastadas dos centros de ciencia, cultivaron a astronomía nos séculos XVII e XVIII?
9. Le a frase de Bacon (1561-1626) e di se che parece que ten algo que ver co afastametno das mulleres da ciencia moderna.
10. A partir do século XVII (nacemento da ciencia moderna) a ciencia pasa a cultivarse nas institucións, como as Academias ¿que repercusión tivo este feito para as mulleres?
11. ¿Quen eran e que papel xogaron na actividade científica as saloni&es?
12. ¿Coñecías a existencia dalgunha muller científica das que se citan no texto, coa excepción de Marie Sklodowska Curie?
13. ¿Sabes algo da historia da informática? ¿pensabas que podería haber algunha muller implicada no seu desenvolvemento?
14. ¿Que opinas das datas de consecución do voto polas mulleres? ¿hai algunha que che sorprenda especialmente? ¿e as datas de admisión de mulleres nas Academias Científicas?
15. ¿Coñecfas o nome dalgunha muller Premio Nobel en Ciencias? ¿cales son os factores que inflúen, na túa opinión, para que haxa tan poucas?
16. ¿Cres que se pode facer algo para que a situación descrita mude? ¿quen o debe facer?

BIBLIOGRAFÍA
Boletín das Ciencias, nº 46, pp:51-69.

 

Visita dos nosos alumnos de 3º ao IGC

 

VISITA O INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

(IGC)

 

O martes 25 de novembro os alumnos de 3º de ESO fixemos unha saída  a Santiago ó IGC. Fomos facer unha serie de actividades, en concreto, tres obradoiros  relacionados co consumo. Para realizar estas actividades dividíronnos en tres grupos e como os obradoiros tamén eran tres fomos rotando e cada un deles foi impartido por unha monitora diferente. Os tres obradoiros foron:

 

1.      Etiquetado alimentario

2.      Alimentos funcionais

3.      Consumo responsable

 

 

No obradoiro de etiquetado alimentario  explicáronnos a información que debía ter unha etiqueta e así fomos a un mini supermercado onde tiñamos que mercar unha serie de alimentos cunhas características determinadas e que aparecían nunha tarxeta que nos deu a monitora como, por exemplo, alimentos modificados xeneticamente, bio, ecolóxicos, con vitaminas A,C+D,... e despois tiñamos que llelos ensinar ós nosos compañeiros. Deste xeito tan divertido aprendemos que para poder mercar ben debemos non só mirar a etiqueta senón ler, analizar e comprender a información que aparece nela e ter moito coidado coa publicidade enganosa (% sal, azucres......) dos envoltorios.

 

O segundo obradoiro de alimentos funcionais consistiu en emparellar os alimentos que  aparecían nunhas tarxetiñas. Nestas tarxetas viña a clasificación dos alimentos así como a súa definición e, ó mesmo tempo, tiñamos que buscar nos alimentos expostos un que tivese esas características. Aprendemos as funcións que teñen algúns alimentos para o organismo, que son alimentos  con engadidos, sen, probióticos, prebióticos… aprendemos moitas cousas dun xeito divertido e moi visual.

 

O terceiro obradoiro foi o de consumo responsable, faláronnos dos aspectos nos que nos tiñamos que  fixar nas etiquetas de diversos produtos (data de caducidade, idade recomendada, ingredientes,...). Fixemos, en grupo, un decálogo  escrito con tódalas ideas relacionadas con iso. Outra das prácticas que fixemos foi  tratar de distribuír, por escrito, a porcentaxe que lle corresponde a cada paso-intermediario no caso concreto da fabricación dun pantalón: traballadores, transportistas, empresarios, publicistas, tenda... e todos quedamos sorprendidos pola elevada porcentaxe que se lle destina á publicidade(25%) mentres se destinan porcentaxes menores na parte correspondente  aos salarios (arredor do 1%) xa que os traballadores son man de obra barata e as condicións de traballo soen ser infrahumanas

 

Gustáronnos moito os obradoiros e todo o que fixemos, xa que foi unha excursión  moi entretida, divertida e aprendemos moito.

 

 

Soamente hai que dicir  por parte dos profesores acompañantes que estamos de acordo co aquí expresado e que esperamos que non se quede nunha “excursión” divertida e que dende xa poñan e poñamos en práctica todo o aprendido.

 

 

 

Resumo feito seguindo o guión do escrito por Álex, Ana, Sonia, Alba, Ángela P., Pablo  e resto dos alumnos de 3ºC. Grazas a todos

 

 

 

 

 

                                                                                     María J.  Fdez.

 

                                                                                     Coordinadora do P.V.

 

Parque eólico de Sotavento visto polos alumnos de 2º da ESO

 

9:00- SAÍDA DE DENA

 

11.30-12.00- VISITA AO UN INTERIOR DUN AEROXENERADOR

 

12:00-14.30- VISITA Á AULA DIDÁCTICA (CENTRO DE INTERPRETACIÓN). OS ALUMNOS FORON DIVIDOS EN TRES GRUPOS QUE ROTABAN FACENDO AS SEGUINTES ACTIVIDADES:

 

*      SALA DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA

*      ACTIVIDADE DO HIDRÓXENO: VISITA DO FUNCIONAMIENTO DUN COCHE DE HIDRÓXENO DE XOGUETE, PILA DE HIDRÓXENO,…

*      VISITA Á GÓNDOLA DUN AEROXENERADOR

 

15:30-17:00: XOGO CON PREGUNTAS E PROBAS SOBRE O EXPLICADO, E PARA BUSCAR INFORMACIÓN NOS PANEIS.

 

17:00-17:30: TOMARON CHOCOLATE QUENTADO NUN FORNO SOLAR. RESULTADOS DO XOGO, FOTO GRUPAL E DESPEDIDA.

 

 

De seguido, tedes un resumo das actividades feitas polos vosos compañeiros de 2º ESO.

 

 

Cando chegamos ó parque experimental Sotavento fomos en autobús cun dos monitores ver o aeroxenerador máis grande de todos, que medía 60 metros de alto e 30 metros as palas. Entramos e observamos o seu interior e o monitor explicounos que para construílo utilizaron 106 parafusos en cada planta para poder unir os módulos. Explicounos que se podía subir ata a última planta pero só as persoas maiores de dezaoito anos. Cando saímos do aeroxenerador fomos en autobús ata o edificio, pero había moita néboa.

 

 Nel había diferente información en paneis sobre as pedras de Galicia, plantas, etc.

 

Despois Miguel explicounos como é o consumo eléctrico, clases de lámpadas, halóxenos de baixo consumo,... Logo experimentamos o consumo de todos os aparellos que hai nunha casa: televisión, TDT, vídeo, DVD, ordenador,... e que, se non se desenchufan, seguen a consumir electricidade e polo tanto é un gasto totalmente innecesario. O que pretendía Miguel era concienciarnos de como nós, na nosa casa, podemos facer moitas cousas e moi sinxelas para aforrar enerxía.

 

 

Sobre ás 14:30 fomos comer, por certo, moi ben e descansamos aproximadamente unha hora.

Para rematar, fixemos un xogo tipo exame no que o IES de Meaño quedou entre o top five dos cinco mellores institutos, con máis de 700 puntos.

 

Sobre as 17:00 horas tomamos un chocolate exquisito quentado nunha cociña solar e regresamos a Meaño sobre as 19:00 horas.

 

 

 

 

 

 

 

 

Que cousas fundamentais aprendiches?

 

*      Como funciona un aeroxenerador e o perigoso que é, cal é o seu prezo e canto poden chegar a pesar.

*      Como funcionan os coches con hidróxeno.

*      Como se comprime o hidróxeno.

*      Como aforrar enerxía.

*      Os coches que funcionan con hidróxeno tardarán anos en chegar a nós.

*      Cales son as mellores lámpadas para aforrar enerxía.

 

Que foi o que máis che gustou e o que menos?

 

*      Os xogos porque nos divertimos moito e aprendemos.

*      A forma de explicar dos monitores.

*      A proba que fixemos.

*      O autobús.

*      O que menos, por unanimidade, o chocolate, porque era todo Cola-Cao.

 

Que dúbidas che quedaron por resolver?

 

*      Por unanimidade: as respostas da proba que fixemos.

 

 

Artigo de : J.David Varela Pérez, Sandra Sineiro Sueiro, Francisco García Vázquez, Laura Castro Barreiro, Fabricio Laínez Minaya.

Distribuir contido


by Dr. Radut